DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2025 Páx. 1274

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de notificacións de resolución de requirimento a titulares descoñecidos relativa ao incumprimento das obrigas de xestión das faixas secundarias de xestión de biomasa, conforme a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Expediente núm.: 2342/2024.

Procedemento: orde de execución.

Anuncio de requirimento de xestión de biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (en diante, LPDIFG), notifícaselles por medio deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Vilaboa, ás persoas interesadas que resultan descoñecidas, as resolucións dos procedementos que se citan a seguir.

Para os efectos do cómputo de prazos nos correspondentes procedementos administrativos que se citan, consonte o artigo 22.3 da LPDIFG, computaranse desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións que se notifican, cos datos que figuran no anexo, teñen o seguinte texto íntegro:

Visto o informe-acta de inspección que consta no expediente relativo ao incumprimento das obrigas de xestión das faixas secundarias de xestión de biomasa, conforme a LPDIFG.

Lémbrase que segundo o previsto no artigo 2.14 da LPDIFG se define xestión de biomasa como a creación e mantemento da descontinuidade horizontal (entre copa e copa de árbores próximas) e vertical (entre chan e copas de árbores) da carga de combustible no terreo forestal e na súa zona de influencia. Asemade, segundo a Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal (DOG núm. 152, do 7 de agosto), con carácter xeral, establécese unha distancia mínima de 10 m entre copas das árbores e arbustos e edificacións, e nunca proxectarse sobre o tellado; así como unha distancia mínima de 7 m entre troncos de árbores próximas.

Consonte o previsto no artigo 21 e na disposición transitoria terceira da LPDIFG, en canto á faixa secundaria de xestión de biomasa, resulta obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros:

a) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, sen prexuízo do disposto na disposición transitoria quinta.

b) Arredor das edificacións destinadas ás persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.

c) Arredor das edificacións illadas destinadas ás persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

De conformidade co previsto no artigo 21.3 da LPDIFG, as distancias anteriores mediranse, segundo os casos:

• Desde o límite do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

• Desde os paramentos exteriores das edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, ou os límites das súas instalacións anexas.

• Desde o límite das instalacións no caso dos depósitos de lixo, gasolineiras e parques e instalacións industriais.

• Desde o peche perimetral no caso dos cámpings.

En todo caso, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira: piñeiro galego, piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, uz, carpaza, piorno, fento, silva ou toxo.

Visto que de conformidade co artigo 22.2 da LPDIFG, a Administración pública competente, de oficio ou por solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación en que se lle recordará a súa obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas e se lle concederá para facelo un prazo máximo de quince días naturais, ou de tres meses no caso das franxas laterais das vías de comunicación, contado desde a recepción da comunicación. Esta incluirá a advertencia de que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses mentres persista o incumprimento, cuxa contía será de 900,00 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, cun mínimo de 100,00 euros, ou ben proceder á execución subsidiaria dentro dos catro anos seguintes a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración.

En virtude do que antecede, acreditado que na acta de inspección se comprobou que se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, e de acordo co procedemento establecido no artigo 22 da LPDIFG, en relación co artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrar ao responsable a súa obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da antedita Lei 3/2007, en relación coa parcela descrita a seguir:

Referencia catastral:

(véxase anexo)

Localización:

(véxase anexo)

Superficie:

(véxase anexo)

Segundo. Advertir da imposibilidade de determinar a identidade da persoa responsable, ignorar o lugar de notificación ou resultar imposible practicar a presente notificación, debendo proceder segundo o previsto no artigo 22.3 da LPDIFG.

Terceiro. Fixar o prazo de quince días naturais, para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Cuarto. Advertir que, de conformidade coa lexislación vixente, a persoa responsable que reciba a comunicación e apercibimento terá a obriga de poñer en coñecemento do órgano requirente o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Quinto. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello procederá á imposición de multas coercitivas reiterables cada tres meses por importe de 900,00 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, cun mínimo de 100,00 euros. A imposición de multas coercitivas será independente da instrución do procedemento sancionador que se poida levar a cabo, sen prexuízo de que no caso de que a Administración opte pola imposición de multas coercitivas estas se substitúan no seu momento polas que se poidan acordar no procedemento sancionador.

Sexto. No caso de continuar no incumprimento transcorrido o prazo outorgado, o concello poderá proceder sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da precitada LPDIFG, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española. 

Sétimo. Advertir que, ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter.2 desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a da LPDIFG), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22 da LPDIFG.

ANEXO

Relación de predios descoñecidos

Expediente

Referencia catastral

Localización

Superficie (m2)

1621/2024

36058A044009360000LM

Polígono 44, parcela 936 Mato do Santo. 36141 Vilaboa (Pontevedra)

614

823/2024

36058A053002080000LY

Polígono 53, parcela 208 Cabada dos Tenderos. Vilaboa (Pontevedra)

414

2154/2024

36058A018001010000LI

Polígono 18, parcela 101 Mato de Outeiro. Vilaboa (Pontevedra)

484

2152/2024

36058A018000990000LX

Polígono 18, parcela 99 Mato de Outeiro. Vilaboa (Pontevedra)

125

2151/2024

36058A018000820000LA

Polígono 18, parcela 82 Matos dos Campos. Vilaboa (Pontevedra)

597

1806/2024

36058A068006670000LL

Polígono 68, parcela 667 Poza. Vilaboa (Pontevedra)

377

1805/2024

36058A068006650000LQ

Polígono 68 Parcela 665 Poza. Vilaboa (Pontevedra)

234

Vilaboa, 9 de decembro de 2024

César Poza González
Alcalde