BDNS (Identif.): 807114.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:
|
Sector servizos-sección CNAE 2009 |
División |
|
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas |
45 a 47 |
|
Sección H: transporte e almacenamento |
49 a 53 |
|
Sección I: hostalaría |
55 a 56 |
|
Sección J: información e comunicacións |
58 a 63 |
|
Sección K: actividades financeiras e de seguros |
64 a 66 |
|
Sección L: actividades inmobiliarias |
68 |
|
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas |
69 a 75 |
|
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares |
77 a 82 |
|
Sección P: educación |
85 |
|
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais |
86 a 88 |
|
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento |
90 a 93 |
|
Sección S: outros servizos |
94 a 96 |
2. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Segundo. Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 31 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2025 (código de procedemento IN417Z).
Cuarto. Financiamento
As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2025 e imputaranse á aplicación orzamentaria 09.A3.733A.770.0. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.500.000,00 euros.
Quinto. Contía da axuda
1. A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000,00 euros por solicitude. A axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético non computará para os efectos deste límite, e virá limitada polos custos elixibles máximos establecidos no artigo 2.
3. O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 300.000,00 euros durante calquera período de tres anos previos.
4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Sexto. Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o sétimo (7º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas, e rematará o 25 de xuño de 2025, ás 23.59 horas.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Sétimo. Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 1 de outubro de 2025.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024
Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia
