DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1584

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2024.

Mediante Decreto da Alcaldía do 17 de decembro de 2024 resolveuse aprobar a oferta de emprego público deste concello para 2024, que comprende as prazas vacantes que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, e cumpre as taxas de reposición a que se refire o artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, prorrogada para o ano 2024, co seguinte detalle:

Praza

Tipo de vínculo xurídico (funcionario de carreira/persoal laboral fixo)

Código RPT

Número de prazas ofertadas

Delineante

Funcionario/a de carreira

04.151.01.06

1

Oficial da Policía local

Funcionario/a de carreira

09.132.00.04

1 (por promoción interna)

Auxiliar administrativo/a (Área de Servizos Xerais. Servizo de Contratación)

Funcionario/a de carreira

01.920.05.03

1

Xefatura de Planificación, Orzamentos e Fondos Europeos

Funcionario/a de carreira

02.931.01.02

1 (por promoción interna)

Peón GAEM/Protección Civil

Persoal laboral fixo

10.135.00.08

10.135.00.09

2

Operario/a xardíns

Persoal laboral fixo

07.172.00.07

1

Dinamizador Museo do Gravado

Persoal laboral fixo

13.333.00.02

1

Auxiliar administrativo/a responsable da unidade administrativa da Área de Servizos Sociais

Persoal laboral fixo

08.231.03.01

1 (por promoción interna)

Total

9

O que se publica, de conformidade co disposto no punto 2 do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

A execución desta oferta de emprego público deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

Ribeira, 17 de decembro de 2024

Luís Antonio Pérez Barral
Alcalde