DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO da información pública da modificación número 5 das normas subsidiarias municipais para a delimitación do núcleo rural do Verdugo (expediente 241/2024).

Mediante o acordo do Pleno do 29 de outubro de 2024 apróbase inicialmente a modificación número 5 das normas subsidiarias municipais para a delimitación do núcleo rural do Verdugo e sométese á información pública.

Dese xeito, o Concello procedeu á aprobación inicial da modificación número 5 das normas subsidiarias municipais para a delimitación do núcleo rural do Verdugo:

Tipo de instrumento:

delimitación de solo de núcleo rural.

Instrumento que desenvolve:

normas subsidiarias municipais do Concello da Lama (modificación nº 5).

Ámbito:

lugar do Verdugo.

Obxecto:

na actualidade, o instrumento de planeamento existente no Concello da Lama consiste nas normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente o 26 de marzo de 1997 e redactadas de conformidade coa Lasga, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia.

Con posterioridade aprobáronse catro modificacións puntuais, ningunha das cales afectou os núcleos rurais sen delimitar, como é o caso do Verdugo.

As normas subsidiarias non identifican o núcleo do Verdugo como núcleo rural e clasifícano como solo non urbanizable de protección agraria.

Cualificación do solo:

solo rústico (solo non urbanizable de protección agraria).

De conformidade co disposto no artigo 191 do regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese á información pública por un prazo de dous meses.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na páxina web do Concello da Lama no seguinte enlace:

https://concellodalama.com/modificacion-puntual-nn-ss-mm-o-verdugo/

A Lama, 16 de decembro de 2024

David Carrera Cal
Alcalde