DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cequeliños e Mourentán (Arbo), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22120).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cequeliños e Mourentán (Arbo), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22120).

Feitos:

Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Cequeliños, presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2408658 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Cequeliños (Arbo) e a CMVMC de Mourentán (Arbo).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Cequeliños (ID: 2445) da CMVMC de Cequeliños.

– MVMC de Mourentán (ID: 2446) da CMVMC de Mourentán.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento do 6.2.2022.

– Acta de conciliación núm. 6/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Arbo do 15.11.2022.

– Certificado do secretario da CMVMC de Cequeliños coa conformidade do presidente do 4.9.2022 da aprobación na asemblea do 3.9.2022.

– Certificado do secretario da CMVMC de Mourentán coa conformidade do presidente do 19.9.2022 da aprobación na asemblea do 18.9.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 22.9.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia que modifica a memoria inicialmente presentada e asinada o 20.9.2022.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: 9NZ8FEXXF896DJXS, 24FP4J0KAYE48F4K e 7HW3ZK6ATSZSMQRG (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 711 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P.1-

x: 559.703,58

y: 4.665.517,88

Punto P.2-

x: 559.616.76

y: 4.665.443.74

Punto P.3-

x: 559.512,76

y: 4.665.350,75

Punto P.4-

x: 559.536.32

y: 4..665.110.50

Punto P.5-

x: 559.419.38

y: 4.664.696.14

O servizo de montes de oficio xera en gabinete un punto de deslindamento secundario S2:

Punto P.S2-

x: 559.515,33

y: 4.665.534,56

Recúase a liña de deslindamento inicialmente solicitada ata o punto P.S2. Xa que non queda xustificada a colindancia entre ambas as comunidades no tramo S1-S2 e axústase ó expediente de revisión de esbozo da CMVMC de Mourentán (RE22064).

Na cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos, ben que existen terceiros titulares catastrais afectados no monte veciñal de Cequeliños, que entendemos é un titular dun negocio xurídico da dita comunidade propietaria.

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto P1, punto P2, punto P3 e punto S2.

Tramo 2: punto P4-punto P5.

A liña do deslindamento respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre o concello de Arbo e o concello de Crecente.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. A CMVMC de Mourentán presenta unha revisión de esbozo (RE22064) e a CMVMC de Cequeliños realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Cequeliños e a CMVMC de Mourentán, ambas no concello de Arbo, respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra