DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 19 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Vilar de Ordelles, a favor dos veciños de Vilar de Ordelles, no concello de Esgos.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 27 de febreiro de 2023, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Vilar de Ordelles, a favor dos veciños de Vilar de Ordelles, no concello de Esgos, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 7 de febreiro de 2018 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Vilar de Ordelles, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Comunal de Vilar de Ordelles.

Segundo. Con data do 27 de xuño de 2022, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Durante o procedemento de clasificación presentaron escritos de alegacións Unión Fenosa, o concello de Esgos e os propios veciños. Os veciños defenden o carácter veciñal dos terreos, en particular respecto daqueles en que existen actualmente construcións. En concreto, do predio «R», no que hai un campo de fútbol construído entre 1981 e 1985. Entenden que o terreo non perdeu o seu carácter veciñal, que é imprescritible. Tamén respecto do predio «J», en que hai un albergue xuvenil que afirman que foi construído polos propios veciños nunha aira; e do «H», onde hai un local da asociación de veciños. Así mesmo, alegan que os lavadoiros e fontes son de uso dos veciños e que as zonas pegadas a camiños públicos (sobreanchos) non pertencen ao dominio público viario.

As alegacións do concello afectan unha gran parte dos terreos. En primeiro lugar, o concello solicita a exclusión daqueles terreos ocupados por instalacións da súa titularidade. En concreto, os predios «J» (albergue municipal), «M» (pista polideportiva e depósito de auga), e parcialmente os predios «E» (parte ocupada por un conxunto de aseos e retretes, lavadoiro e bebedoiros) e «R» (parte ocupada por campo de fútbol, pista polideportiva, depósito de auga, e camiño e explanada de servizo).

En relación con estas, o xurado considera que procede a súa estimación, xa que considera que non quedou acreditado no expediente (e en concreto nas alegacións dos propios veciños) o carácter veciñal dos terreos, polo que se exclúen da clasificación. Á mesma conclusión chega o xurado no caso dos camiños públicos. En concreto, dos predios «F», «G», «K», «N», «P», «S», «T», «V», «W» e «Y».

Si procede a clasificación como monte veciñal das parcelas sobrantes, respecto das cales non se considerara acreditada a titularidade sobre estas do concello. Así como dos predios «D», «E» (parte ocupada por dous canastros), «B», «H» e «Y», entendendo o xurado que o concello non pode actuar en representación doutros particulares.

E tamén se desestima a reclamación do concello respecto á parcela L, xa que, se ben é certo que non se pode determinar con seguridade se o predio proposto de acordo coa traza catastral da parcela 32032A01900193 chega a invadir ou non a cuneta da estrada con R.C. 32032A01809014, a posible afección, de se producir, sería en todo caso de orde submétrica ou decimétrico. En todo caso, o órgano competente ao que dirixirse para corrixir esas deficiencias sería o Catastro.

Pola súa parte, Unión Fenosa solicita que se exclúa da clasificación a parcela con referencia catastral 001600100PG08H0001YA. Non obstante, a propia alegante recoñece nas súas alegacións que non ten ningunha instalación na parcela referenciada. Debido a iso e á ausencia de medios probatorios que poidan acreditar a dita titularidade, o xurado acorda a súa desestimación.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Comunal de Vilar de Ordelles.

Superficie: 39,58 ha.

Pertenza: veciños de Vilar de Ordelles.

Parroquias: Vilar de Ordelles (Santa María), Rocas (San Pedro) e Esgos (Santa María), no T.M. de Esgos; Covas (San Cibrao), no T.M. do Pereiro de Aguiar.

Concellos: Esgos e O Pereiro de Aguiar.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1 (A):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01600328 (parte)

Norte

Polígono 16, parcela 9011

Sur

Polígono 16, parcela 328 (resto)

Leste

Polígono 16, parcela 9011

Oeste

Polígono 16, parcelas 279, 280, 282

Predio 2 (B):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01700033 (parte)

32032A01700034 (parte)

32032A01700035 (parte)

32032A01700036 32032A01700037 (parte) 32032A01700136 (parte) 32032A01709010 (parte)

Parte sen catastrar

Norte

Polígono 17, parcela 136 (resto), terreo sen catastrar

Sur

Polígono 17, parcelas 37 (resto), 35 (resto), 9010 (resto)

Leste

Terreo sen catastrar

Oeste

Polígono 17, parcelas 34 (resto), 33 (resto), 9000 (resto), terreo sen catastrar

Predio 3 (C):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01800129 (parte)

Norte

Polígono 18, parcelas 128, 9020

Sur

Polígono 18, parcelas 127, 113

Leste

Polígono 18, parcela 129 (resto)

Oeste

Polígono 18, parcela 113

Predio 4 (D):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01800377

Norte

Polígono 18, parcelas 379, 9000

Sur

Polígono 18, parcelas 9020, 9000

Leste

Polígono 18, parcela 9000

Oeste

Polígono 18, parcela 9000

Predio 5 (E):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01800337 (parte)

Norte

Polígono 18, parcelas 372, 587

Sur

Polígono 18, parcela 9020

Leste

Polígono 18, parcelas 337 (resto), 374, 375

Oeste

Polígono 18, parcela 342

Enclavados

001500500PG08E e bebedoiro sen catastrar

Predio 6 (H):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A017001780000JF (rústica)

32032A017001780001KG (urbana)

Norte

Polígono 17, parcela 9024

Sur

Polígono 17, parcela 144

Leste

Polígono 17, parcela 9024

Oeste

Polígono 17, parcelas 153, 177

Predio 7 (I):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01700441

Norte

Polígono 17, parcelas 437, 442

Sur

Polígono 17, parcela 9024

Leste

Polígono 17, parcela 9024

Oeste

Polígono 17, parcela 222

Predio 8 (K):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño sen catastrar.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01900062

32032A01909012 (parte)

32032A01900182

Norte

Polígono 19, parcelas 9012 (resto), 183, 188, 189

Sur

Polígono 18, parcela 9014

Leste

Polígono 19, parcela 188

Oeste

Polígono 19, parcelas 61, 63, 64, 66, 67

Predio 9 (L):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01900193

Norte

Polígono 19, parcelas 192, 230

Sur

Polígono 18, parcela 9014

Leste

Polígono 19, parcelas 231, 233

Oeste

Polígono 18, parcela 9014

Predio 10 (O):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01700552

Norte

Polígono 17, parcelas 555, 720, 721

Sur

Polígono 17, parcelas 547, 548, 549, 550, 551

Leste

Polígono 17, parcelas 713, 716, 719

Oeste

Polígono 17, parcelas 546, 548, 553, 554, 555

Predio 11 (P):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño sen catastrar.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01709009 (parte)

32032A01700724

32032A01700718

Norte

Polígono 17, parcelas 732, 9012

Sur

Polígono 17, parcelas 715, 9017

Leste

Polígono 17, parcelas 9012, 9017

Oeste

Polígono 17, parcelas 587, 715, 717, 719, 721, 722, 723, 726, 727, 730, 732, 9001, 9009 (resto)

Predio 12 (Q):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01900604

Norte

Polígono 17, parcela 9012

Sur

Polígono 19, parcelas 447

Leste

Polígono 19, parcela 9010

Oeste

Polígono 17, parcelas 9017

Predio 13 (R):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01709012 (parte)

32032A01900517

32032A01900446

001600100PG08H

Pequeno recinto sen catastrar

Norte

Polígono 22, parcelas 9018, 9015. Polígono 17, parcela 9028

Sur

Polígono 19, parcelas 308, 309, 310, 312, 313, 314, 3158, 319, 320, 321, 322, 443, 9010

Leste

Polígono 19, parcelas 424, 425, 449, 451, 452, 453, 454, 455, 457, 458, 459, 460, 461, 462, 463, 464, 465, 466, 467, 468, 469, 471, 472, 473, 474, 493, 494, 496, 497, 498, 516, 518, 519, 522, 523

Oeste

Polígono 17, parcela 9010 Polígono 19, parcelas 323, 324, 444, 445, 9012 (resto)

Predio 14 (S):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño sen catastrar.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01709028 (parte)

32032A01700670

32032A01709016 (parte)

32032A01700286

32032A01709013

32032A02200239

32032A01700688

Norte

Polígono 17, parcelas 686, 9016 (resto) Polígono 22, parcelas 237, 240, 241

Sur

Polígono 22, parcela 9015 Polígono 17, parcela 9028 (resto)

Leste

Polígono 22, parcelas 238, 266, 287, 288, 289, 291, 292, 294, 295, 296, 299, 300, 302, 303, 304, 307, 309

Leste

Polígono 17, parcelas 645, 648, 649, 650, 663, 664, 665, 666, 667, 668, 669, 671, 672, 673, 674, 675, 676, 682, 683, 674, 687, 690, 708, 709, 710, 711, 9011

Predio 15 (T):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño sen catastrar.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A02200308

32032A02109042 (parte)

32032A02101131

Norte

Polígono 21, parcelas 1130, 9042 (resto)

Sur

Polígono 21, parcelas 1124, 9042 (resto)

Leste

Polígono 21, parcelas 1124, 1125, 1126, 1128, 1129, 9041

Oeste

Polígono 21, parcela 9042 Polígono 22, parcelas 244, 245, 267, 268, 269, 271, 274, 275, 282

Predio 16 (U):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01700638

Norte

Polígono 17, parcelas 639, 701, 9008

Sur

Polígono 17, parcelas 630, 632, 635, 636, 637, 649, 650, 651, 654, 655 (Esgos) Polígono 24, parcelas 24, 25, 373, 374 (O Pereiro de Aguiar)

Leste

Polígono 17, parcelas 640, 646, 647

Oeste

Polígono 24, parcela 366 (O Pereiro de Aguiar)

Predio 17 (V):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01700693 (parte)

Norte

Polígono 17, parcela 687

Sur

Polígono 17, parcela 693 (resto)

Leste

Polígono 17, parcelas 687, 693 (resto)

Oeste

Polígono 17, parcela 9008 (Esgos) Polígono 24, parcelas 376, 377 (O Pereiro de Aguiar)

Predio 18 (W):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32059A02409002 (parte)

(Pereiro de Aguiar)

Norte

Polígono 24, parcela 9002 (resto) (O Pereiro de Aguiar)

Sur

Polígono 17, parcelas 686, 687

Leste

Polígono 17, parcelas 685, 9016

Oeste

Polígono 24, parcelas 78, 9002 (resto) (O Pereiro de Aguiar)

Predio 19 (X):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01700340

Norte

Polígono 17, parcelas 333, 341, 342

Sur

Polígono 17, parcela 9027

Leste

Polígono 17, parcela 9027

Oeste

Polígono 17, parcela 9027

Predio 20 (Y):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

32032A01800260 (parte)

32032A01800266 (parte)

Norte

Polígono 18, parcelas 596, 266 (resto)

Sur

Polígono 18, parcelas 222, 266 (resto)

Leste

Polígono 18, parcela 260 (resto)

Oeste

Polígono 18, parcelas 266 (resto), 222

De conformidade cos acordos adoitados polo Xurado, os predios 8 («K»), 11 («P»), 14 («S») e 15 («T») están atravesados por camiños non catastrados os cales quedan excluídos da superficie finalmente clasificada. No caso dos predios 17 («U») e 18 («V»), unha vez comprobado in situ que actualmente non existe traza viaria ningunha que os atravese, procede clasificalos integramente.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Vilar de Ordelles, a favor dos veciños de Vilar de Ordelles, no concello de Esgos, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 19 de decembro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense