DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 1828

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 11 de novembro de 2024, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e facultou a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e convocalas para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

As axudas desta convocatoria son cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridad 1A: Transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Liña de actuación 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Ámbito de intervención 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto e se condiciona a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse cinco (5) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Cuarto. O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Liña

Ano 2025

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

Total

09.A1.741A.7700

Axudas aos proxectos de investimento empresarial xerais

100.000 €

2.400.000 €

2.000.000 €

500.000 €

5.000.000 €

Axudas aos proxectos de investimento en equipamento produtivo

100.000 €

3.000.000 €

1.800.000 €

100.000 €

5.000.000 €

No caso de esgotamento do crédito dunha das liñas, poderá incrementarse co remanente da outra, se o houber, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

Así mesmo, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres (3) meses desde a data de presentación de solicitude de axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo.

O prazo de execución dos proxectos finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 31 de marzo de 2028.

A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda dentro do prazo dun mes a partir da data de fin de execución do proxecto fixada na resolución de concesión.

– Imputaranse á anualidade 2025 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de novembro de 2025. Os gastos exectuados a partir do 1 de decembro de 2025 poderán impultarse con cargo á xustificación da anualidade 2026.

– Imputaranse á anualidade 2026 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de setembro de 2026. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2026 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2027.

– Imputaranse á anualidade 2027 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de setembro de 2027. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2027 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2028.

– Imputaranse á anualidade 2028 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento remate ata o 31 de marzo de 2028.

Sexto. Unha vez pechada a convocatoria, abrirase un rexistro de presolicitudes que permanecerá aberto ata a apertura da seguinte convocatoria. As solicitudes de inscrición neste rexistro deberán conter todos os datos relativos ao proxecto de investimento e non poderán ser modificadas, excepto actualización de importes.

Unha vez aberta a seguinte convocatoria, para as solicitudes que opten daquela á concesión das axudas, terase en conta a data de presentación da presolicitude no Rexistro en relación exclusivamente co efecto incentivador e sempre que se trate do mesmo proxecto. A inscrición no Rexistro de presolicitudes non dará lugar a ningunha outra preferencia nin vantaxe na valoración da posterior solicitude.

Sétimo. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que se debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Oitavo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

O Igape, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúen a conseguir os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade galega.

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma, así como a innovación, a través do desenvolvemento e da mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Esta liña de axudas, que ten como obxectivo estimular e apoiar o investimento empresarial privado, está aliñada co Plan estratéxico de Galicia 22-30; eixe 3: Competitividade e crecemento; prioridade de actuación 3.3: Impulsar o crecemento e a competitividade das pemes, a transición industrial e o emprendemento; obxectivo estratéxico 3.3.1: Impulsar a creación de novas empresas, a consolidación e o crecemento das existentes, a súa internacionalización e fomentar decididamente o espírito emprendedor. Garantir o cumprimento das condicións de seguridade das instalacións no que atinxe á seguridade industrial e de equipamentos industriais e a defensa das persoas consumidoras e usuarias, protexendo a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos.

Os apoios diríxense ás pequenas e medianas empresas pola súa función decisiva na creación de emprego e por constituír un factor de estabilidade social e de desenvolvemento económico, así como polas especiais dificultades para acceder ao capital e ao financiamento.

Con carácter xeral, estas bases ampáranse no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE.

Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións outorgaránselles a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados, o cal, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de investimento empresarial que, cumprindo os requisitos especificados nestas bases, se poidan levar adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables e, se é o caso, financiables, poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continua.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «Non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, economía circular, prevención e control da contaminación, e protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

En aplicación do disposto na Lei 18/2022, de creación e crecemento de empresas, que modifica o artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, nestas bases incorpórase o deber para as empresas de cumprir os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para poderen ser beneficiarias de subvencións de importe superior a 30.000 euros.

Artigo 1. Obxecto, modalidades e tipoloxías de proxectos obxecto de apoio

1. Constitúe o obxecto destas bases reguladoras a concesión de axudas a proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

2. Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das seguintes tipoloxías de proxecto subvencionables:

– Creación dun novo establecemento.

– Ampliación de capacidade de establecementos existentes.

Así mesmo, deberán cumprir os requisitos específicos establecidos no artigo 6 para cada modalidade de proxecto.

3. O importe do investimento subvencionable dos proxectos para os cales se solicita a axuda deberá ser igual ou superior a 50.000 € para a modalidade I.1 e a 25.000 € para a modalidade I.2, e non superar os 800.000 € en ningunha das dúas modalidades. No caso de que o investimento subvencionable dunha solicitude supere o límite, procederase a axustala a esa contía máxima.

4. As pemes interesadas só poderán presentar unha solicitude de axuda nesta convocatoria. De presentarse máis dunha, arquivaranse automaticamente as rexistradas despois da primeira, salvo desistencia expresa doutras por parte da persoa solicitante.

Unha vez presentadas e antes de seren resoltas, as solicitudes non se poderán modificar.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas previstas nestas bases incardínanse nos artigos 14 e 17 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño).

4. Esta convocatoria é cofinanciada no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1: Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3: O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Liña de actuación 1.3.01: Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Ámbito de intervención 021: Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto deberá comunicarse ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. Antes de conceder e pagar a axuda, deberá constar no expediente unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento considerado subvencionable ao abeiro do regulado nestas bases nalgún centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos destas bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso das agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir os deberes que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para un investimento ou actividade excluída segundo o disposto no artigo 5.2 destas bases.

b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipamentos para os cales solicitan a axuda.

c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

d) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

e) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran os deberes do artigo 11 da citada lei.

f) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

4. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias cumpren cos requisitos deste artigo e que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 5. Actividades subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos proxectados para o desenvolvemento de calquera actividade económica, agás as excluídas nas seguintes epígrafes.

2. De acordo coa norma que dá cobertura a estas bases, o Regulamento xeral de exención por categorías (Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión), artigos 1.3.a) e b) e 13.a), exclúense as seguintes actividades:

– A produción e comercialización agrícola primaria.

– A extracción, produción, transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura.

– A produción e distribución de enerxía e infraestruturas enerxéticas.

3. Tampouco se poderán conceder axudas ao abeiro destas bases para financiar os seguintes tipos de investimento, segundo o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Feder e ao Fondo de Cohesión, e no Acordo de Asociación para o OE 1.3:

– A produción, a transformación, o transporte, a distribución, o almacenamento ou a combustión de combustibles fósiles.

– A fabricación, a transformación e a comercialización de tabaco e produtos do tabaco.

– A construción de centros que presten servizos de formación.

– Infraestruturas residenciais para colectivos en risco de institucionalización.

– Clausura ou construción de centrais nucleares.

– Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

– Infraestruturas aeroportuarias.

– Investimentos en eliminación de refugallos en entulleiras.

– Investimentos en aumentar a capacidade das instalacións para o tratamento de refugallos residuais, coa excepción de investimentos en tecnoloxías para recuperar materiais de refugallos residuais con fins de economía circular.

4. En aplicación do artigo 66 do Regulamento (UE) 2021/1060, non serán subvencionables os gastos de apoio á relocalización.

Artigo 6. Investimento subvencionable

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan para cada modalidade no artigo 6.6 destas bases reguladoras.

2. Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente no artigo 6.6 destas bases reguladoras, ou para a adquisición dos activos pertencentes a un establecemento que pechou, ou que pecharía se non se adquirise, para continuar coa súa actividade.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria; admítese, como excepción e de maneira expresa, a obra civil en terreos ou inmobles sobre os cales exista un dereito de superficie, unha concesión administrativa ou un contrato de arrendamento. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da persoa beneficiaria antes do final do prazo de execución do proxecto, e neste momento deberán constar o vencemento e pagamentoo das cantidades aprazadas.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros.

Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

a) Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

b) Os custos de traslado de bens de equipamento que xa sexan propiedade da empresa.

c) Os custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.

d) A adquisición das instalacións en que a persoa solicitante viña desenvolvendo a súa actividade en réxime de alugueiro ou dereito de uso de calquera tipo.

e) Os custos de demolición de edificios ou estruturas xa existentes illados, que non estean incluídos dentro dun proxecto de reforma ou rehabilitación.

6. Investimentos subvencionables segundo a modalidade de proxecto:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais entre 50.000 € e 800.000 € nos seguintes conceptos.

1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:

a) Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da persoa solicitante, ou sobre os cales a persoa solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou arrendamento cunha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data de finalización do proxecto estimada polo solicitante (esta vixencia deberá ser ampliada no caso de que o prazo de execución concedido sexa superior ao solicitado).

b) Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado. O importe da construción que se poderá considerar subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición. No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ser obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

Nos casos de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o custo subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, coa condición de que as instalacións que se abandonen sexan propiedade da persoa solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente.

Se, dentro do prazo de execución do proxecto ou do de mantemento dos investimentos establecidos na resolución ou acordo de concesión, son alleadas as instalacións da antiga localización da persoa solicitante, e o importe neto da venda resulta superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos do cálculo da subvención, deberáselle notificar ao Igape tan pronto como se produza a transmisión, e procederase ao reaxuste do importe da subvención concedida.

A obra civil debe ser executada e facturada por terceiros. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola persoa solicitante.

Durante a execución das obras subvencionadas deberán cumprirse as condicións seguintes, o cal se deberá acreditar coa solicitude de cobramento:

– Que, polo menos, o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de residuos, establecida pola Decisión 2000/532EC), xerados na execución da obra se preparará para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

– Que para a execución da actuación non se utilizarán amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións e obras específicas para a maquinaria, utensilios (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

3. Outros investimentos en activos fixos: mobiliario, equipamentos para proceso de información e outros elementos que, polas súas características, se poidan considerar como inmobilizado.

4. Aplicacións informáticas directamente vinculadadas co proceso produtivo, que cumpran os seguintes requisitos:

– Utilización exclusiva no establecemento beneficiario da axuda.

– Ser amortizables.

– Adquisición en condicións de mercado a terceiros non vinculados co comprador.

– Deben formar parte do activo da empresa e permanecer vinculados ao proxecto subvencionado durante, polo menos, tres (3) anos.

5. Adquisición de activos dun establecemento.

A adquisición dos activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquiriu será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

– Que se continúe coa actividade desenvolvida no establecemento,

– Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador,

– Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e

– Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares; estas cuestión acreditaranse mediante informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada para os inmobles e informe técnico de persoa independente e experta na materia para os bens de equipamento e outros activos.

Cando un membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a se faga cargo dunha pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

Os proxectos non poderán consistir exclusivamente en obra civil e conceptos inmobiliarios; deben incluír obrigatoriamente investimento nalgún outro concepto subvencionable de entre os descritos nos puntos 2, 3 e 4 deste mesmo artigo.

Non se considerarán subvencionables os bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo entre 25.000 € e 800.000 € nos seguintes conceptos:

Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións e obras específicas para a maquinaria, utensilios (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

O número de bens de equipamento incluídos na solicitude de axuda non poderá ser superior a catro.

Non se considerarán como un único ben de equipamento as liñas de produción completas, agás que cada elemento da liña non teña funcionalidade propia de maneira independente, o que deberá acreditar a persoa solicitante presentando un informe técnico emitido por persoa experta independente.

En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

Artigo 7. Condicións dos proxectos

1. Os proxectos deberán ter un investimento mínimo subvencionable de 50.000 € para os proxectos da modalidade I.1 e de 25.000 € para a modalidade I.2, e máximo de 800.000 € en ambos os casos. Non se considerará en ningún caso o IVE como concepto subvencionable.

2. A persoa beneficiaria deberá realizar unha achega financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo exento de calquera tipo de apoio público.

Non se consideran exentos de apoio público, entre outros, os préstamos bonificados, os préstamos de valores ou capital públicos, as participacións públicas que non cumpran o principio de investidor nunha economía de mercado, as garantías estatais que conteñan elementos de axuda ou o apoio público outorgado dentro do ámbito da norma de minimis.

3. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento da empresa de modo que esta non emprendería o proxecto obxecto de solicitude sen a axuda, ou que só a emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación en que a empresa incorrería en calquera caso.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto a persoa solicitante deberá presentar a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendendo por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

4. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata a data de final do prazo establecido na resolución de concesión. Con carácter xeral, finalizará dentro dos 18 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión para os proxectos de investimento empresarial xeral, e dentro dos 9 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión para os proxectos de investimento en equipamento produtivo, sen que poida exceder a data establecida para o efecto na resolución de convocatoria. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

5. Malia o indicado nos puntos 3 e 4 anteriores, para as solicitudes que conten cunha presolicitude rexistrada para o mesmo proxecto, terase en conta a data de presentación da presolicitude exclusivamente para a consideración do efecto incentivador e sempre que o proxecto para o cal se presente a solicitude sexa o mesmo. A nova solicitude terá que cumprir cos requirimentos destas bases reguladoras e a presolicitude non dará lugar a ningunha outra preferencia nin vantaxe na valoración, e avaliarase cando lle corresponda segundo a data de presentación.

6. Cando o importe dos gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á prestación do servizo ou da adquisición do ben ou á contratación da execución da obra, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os presten ou subministren ou que as realicen. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares, e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, considerarase subvencionable o importe da oferta elixida, logo da sucinta motivación de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas, non será preciso anexar as tres ofertas e deberá xuntarse un informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada. Exceptúase tamén deste requisito a adquisición de activos dun establecemento, regulada no artigo 6.6.I.1.5 destas bases.

7. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

8. Todos os elementos do investimento proxectados deberán estar vinculados e responder á tipoloxía de proxecto para a cal se solicita a axuda. Non serán subvencionables os elementos non relacionados ou que non contribúan á dita tipoloxía.

9. Os proxectos deberán estar vinculados ás actividades subvencionables establecidas nestas bases reguladoras.

Se algún dos investimentos propostos está vinculado, total ou parcialmente, a actividades non subvencionables, será detraído na súa totalidade.

10. Os proxectos deberán estar vinculados a un único titular. Non serán subvencionables os investimentos que vaian ser utilizados por empresas distintas á solicitante.

11. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

12. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas modificacións posteriores.

Artigo 8. Intensidade da axuda

En virtude do artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014, a intensidade da axuda será do 35 % no caso das pequenas empresas e do 25 % no caso das medianas empresas, en aplicación do disposto para as zonas c) non predeterminadas no Mapa de axudas rexionais para España, aprobado pola Comisión Europea o 17 de marzo de 2022.

Nos sectores industriais do carbón, aceiro e ferroaliaxes e no sector do transporte e infraestruturas conexas, por aplicación do artigo 17 do mesmo regulamento, será do 20 % no caso das pequenas empresas e do 10 % no caso das medianas empresas.

Artigo 9. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Unha mesma entidade só poderá presentar unha solicitude en toda a convocatoria e deberá escoller, de ser o caso, entre a liña de axudas a investimentos xerais ou axudas ao investimento en equipamento produtivo.

2. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

No dito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á persoa solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade e a normativa ambiental exixible, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, e a Lei 21/2013, de avaliación ambiental e o Real decreto lexislativo 1/2016, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, en caso de que resulte de aplicación polas caracteríticas ou localización do proxecto.

d) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014.

e) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda e garantir a sustentabilidade financeira do proxecto. Con esta declaración xuntarase unha memoria financeira do proxecto e un plan de negocio a cinco (5) anos, que se cubrirán no formulario electrónico de solicitude.

f) Que achegará unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de axuda pública, de polo menos un 25 % dos custos, ben sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

O Igape realizará as comprobacións necesarias para verificar que as entidades beneficiarias dispoñen dos recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento dos investimentos e garantir a súa sustentabilidade financeira.

g) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

h) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

i) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

j) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

k) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de cinco (5) ou tres (3) anos, segundo o establecido no artigo 18.1.a) destas bases reguladoras.

l) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas, establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

m) Que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso, deberá ter en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2017 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión e o organismo intermedio dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.

n) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

o) Que cumpre o principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH), segundo o anexo IV a estas bases.

p) Que non se trasladou ao establecemento en que terá lugar o investimento inicial para o cal se solicita a axuda nos dous anos anteriores á solicitude de axuda e que se compromete a non facelo durante un período de dous anos desde que se completase o investimento inicial para o cal se solicita a axuda.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que se realizase a emenda.

4. Para poderen presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura sexa suficiente para acreditar a vontade da persoa solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @asina da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/pae/afirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá, necesariamente, anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento deberá estar asinado electronicamente por cada un dos autorizantes.

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación, o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da presentación na oficina virtual do Igape (https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual).

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude de axuda a seguinte documentación:

a) Documentación do expediente administrativo común a ambas as modalidades de proxecto:

1º. Documentación xurídica da personalidade da persoa solicitante:

Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades rexistradas no Rexistro Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

2º. Declaración do imposto de sociedades do último exercicio pechado.

3º. No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o cal se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de deber de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, anexará as contas anuais consolidadas. Xuntaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da persoa solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

4º. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas deberá achegar copia das resolucións de concesión.

5º. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba solicitar a persoa solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.6, salvo as excepcións previstas nestas bases reguladoras.

6º. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario electrónico de solicitude.

7º. Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen acadar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se acada o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o número anterior «Informe de procedementos acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan acadar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

b) Documentación específica relativa aos investimentos:

1º. Modalidade I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude.

Para os seguintes tipos de actuacións relacionadas con inmobles, deberán presentar:

– No caso de obra civil de construción en terreo ou inmobles con concesión administrativa, arrendamento ou dereito de superficie: documento acreditativo da concesión, do arrendamento ou do dereito de superficie, que deberá ter unha duración superior a cinco (5) anos contados desde a data de finalización do proxecto estimada pola persoa solicitante (esta vixencia deberá ser ampliada no caso de que o prazo de execución concedido sexa superior ao solicitado, o que se acreditará no momento da xustificación do proxecto). En caso de ser sobre propiedade da solicitante, documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou compromiso de que pasará a ser propiedade do solicitante antes do comezo das obras.

– No caso de adquisición de edificacións xa construídas novas: informe de taxación, subscrito por sociedade de taxación homologada, do valor de mercado dos bens que se adquiran.

– No caso de adquisición de edificacións xa construídas usadas:

Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

Informe de taxación, subscrito por sociedade de taxación homologada, do valor de mercado dos bens que se adquiran.

– No caso de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, con abandono de instalación propiedade da empresa solicitante ou dos seus socios maioritarios: informe de taxación, subscrito por sociedade de taxación homologada, do valor de mercado das instalacións que se abandonen. Se as instalacións que se abandonan non son propiedade da empresa solicitante ou dos seus socios maioritarios, declaración responsable respecto diso.

– No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á resolución da solicitude: contrato de compravenda.

– No caso de adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirise:

Declaración de que os activos son adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.

Declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

Informe de taxación, subscrito por sociedade de taxación homologada para os inmobles, e informe técnico de persoa independente e experta na materia para os bens de equipamento e outros activos, de que o prezo dos activos non é superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares.

2º. Modalidade I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

No caso de investimentos en liñas de produción completas: informe emitido por persoa independente e experta na materia, xustificativo de que cada elemento da liña non ten funcionalidade propia de maneira independente.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas (IAE).

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento á Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

k) Consulta da documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 10.1.a)1º das bases.

l) Consulta ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 13. Órganos competentes

A competencia para a instrución do procedemento de concesión da subvención das solicitudes presentadas correspóndelle a Área de Competitividade do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Competitividade é a competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes obxecto de tramitación, segundo estas bases e nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución, que pon fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 14. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes avaliaranse por orde de entrada de solicitudes completas ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva. Cando se produza o esgotamento do crédito, as solicitudes pendentes de avaliación resolveranse denegando a solicitude.

2. Os servizos do órgano instrutor do Igape emitirán informe sobre a solicitude de axuda en función dos datos relativos á persoa solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada. Logo do informe dos servizos técnicos, as solicitudes serán avaliadas por un comité de avaliación formado pola persoa titular da Dirección da Área de Competitividade, a persoa titular da Subdirección de Investimentos e Startups e a persoa técnica responsable do programa. Así mesmo, poderanse convocar o persoal dos servizos técnicos, representantes das consellerías sectoriais, así como persoas técnicas especializadas.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúne algunha da documentación ou información prevista nas bases, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai:

a) Se a documentación non achegada corresponde á exixida para o expediente administrativo, considerarase que desiste da súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

b) Se a documentación non achegada corresponde á relativa aos investimentos, detraerase ou axustarase, segundo corresponda, o importe dos investimentos afectados para os efectos da determinación do investimento subvencionable.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, na cal se indicarán as causas desta.

5. Cando no procedemento figuren e se teñan en conta feitos, alegacións ou probas non aducidas polo solicitante, inmediatamente antes de ditar proposta de resolución poñeráselles de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións pertinentes.

Artigo 15. Resolución e notificación

1. A Área de Competitividade do Igape ditará proposta de resolución con base neste procedemento e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, que resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención indicando as obrigas que corresponden á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que se deban obter con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

2. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

3. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei /2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, o Igape efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal poderá entenderse desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición:

– Ante a persoa titular da Dirección da Área de Competitividade no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento.

– Ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse un máximo de dúas solicitudes de modificación dentro dos límites xerais establecidos nestas bases e coa condición de que estes cambios non alteren ou desvirtúen o proxecto. Non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. A solicitude de modificación deberá ser presentada cun mes, como mínimo, de antelación á data de finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, agás que se trate de modificación da titularidade do proxecto, para a cal non operará o prazo anterior.

3. A persoa beneficiaria deberá comunicarlle ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución ditarao, por delegación do Consello de Dirección do Igape, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, tras a instrución do correspondente expediente, no cal se lles dará audiencia ás persoas interesadas. Con todo, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión, e manter os investimentos durante os seguintes prazos:

Manter os investimentos en Galicia, vinculados á actividade económica subvencionable, durante tres (3) anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto, salvo que se trate de bens inscritibles nun rexistro público, que se deberán manter durante cinco (5) anos. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, coa condición de que a actividade económica da persoa beneficiaria se manteña en Galicia durante o período mencionado, e esta substitución non poderá ser obxecto de subvención. No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os cales exista un dereito de uso, deberá manterse o arrendamento ou o uso ata transcorrido o período de cinco (5) anos desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa durante cinco (5) anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

A axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afectea natureza do investimento ou o cesamento da actividade. A axuda está condicionada ao cumprimento desas condicións durante o prazo de execución e, se é o caso, o prazo posterior de mantemento, e será obxecto dunha resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda, que poderá derivar en reintegro.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da axuda concedida, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, presentando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

e) Comunicarlle ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder, segundo o establecido no anexo III a estas bases reguladoras, durante o período de mantemento do investimento.

g) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «Non causar prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC. Para tal efecto, no caso de proxectos que requiran a realización de obra civil durante a execución do proxecto deberanse cumprir as seguintes condicións específicas:

1º. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532EC) xerados na execución da obra prepararanse para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

2º. Para a execución da actuación non se utilizarán amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

h) Acreditar a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión ou o organismo intermedio dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027. Nos proxectos en que resulte preceptiva, pode integrarse na avaliación de impacto ambiental.

i) Facilitar os datos do titular real dos perceptores do financiamento da Unión, no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non se poida dispoñer dela.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

k) No caso de non poder realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

l) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 19. Xustificación da actuación subvencionable

1. Para a xustificación da actuación subvencionable que fundamenta a concesión da subvención e para a solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presente en prazo ou se a xustificación for incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados, no prazo de dez (10) días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a beneficiaria das sancións que, conforme a lei, lle correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da dita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentos acreditativos dos investimentos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas co gasto xustificado.

b) Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións relacionados con inmobles, deberán presentar:

1º. No caso de obra de nova construción, rehabilitación ou reforma: licenza municipal de obra ou comunicación previa, segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, no caso de obras acollidas a este sistema de comunicación previa.

Nos casos en que sexa preceptivo, certificado de final de obra expedido polas persoas facultativas responsables da dirección da obra e da súa execución.

2º. No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade: escritura pública en que conste o importe da subvención concedida e que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención ata finalizado o prazo de obrigado mantemento deses bens, e estes requisitos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007. Este documento poderá presentarse ata seis (6) meses despois de finalizado o prazo de xustificación do proxecto.

3º. No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os cales exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de cinco (5) anos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

4º. No caso de adquisición de edificacións xa construídas, de non se achegar na fase de instrución: informe de taxación, subscrito por sociedade de taxación homologada, que certifique o valor de mercado dos bens adquiridos.

5º. No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á liquidación da axuda e sempre que non se achegase con anterioridade á resolución: contrato de compravenda.

6º. No caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, acreditación de que evitaron os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «Non causar prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH, no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC, mediante:

i) Certificados de xestión de residuos de construción e demolición con destino á reutilización, reciclaxe e recuperación, expedidos polos xestores de destino como xustificación da entrega, incluíndo os códigos da Listaxe europea de residuos (LER) e a porcentaxe de valorización acadada.

ii) Certificado expedido pola empresa contratista conforme para a execución da obra non se utilizaron amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

7º. Documentación de ter levado a cabo a análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión ou o organismo intermedio dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027. Nos proxectos en que resulte preceptiva, pode integrarse na avaliación de impacto ambiental.

8º. Xustificación acreditativa do cumprimento da normativa ambiental comunitaria, estatal e autonómica vixente, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, en caso de que resulte de aplicación polas características ou a localización do proxecto.

c) No caso de investimentos en aplicacións informáticas, deberán acreditarse as condicións establecidas no artigo 6.6.I.1.4 destas bases, mediante informe de auditor rexistrado como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que verifique o cumprimento das condicións incluídas no citado punto.

d) As tres ofertas que deba solicitar a persoa beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 7.6 das bases reguladoras, no caso de non achegalas xunto coa solicitude da axuda.

e) Nos casos de creación dun novo establecemento ou de inicio dunha nova actividade: acreditación de que a persoa beneficiaria dispón de todos os permisos e autorizacións necesarios para poder desenvolver a actividade, así como a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, e certificado de situación censual da AEAT que acredite a alta na actividade subvencionable, durante o prazo de execución do proxecto, do novo establecemento obxecto de subvención.

f) Memoria técnica, que se deberá cubrir no formulario electrónico de xustificación.

g) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a data de pagamento, o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. Non se admitirán en ningún caso os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que se deberá manifestar sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolución posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente, e do cumprimento dos prazos legais de pagamento segundo a Lei 3/2004. Este informe será obrigatorio para proxectos con máis de 50 xustificantes de pagamento.

No caso de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase anexar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco, ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

Para seren considerados subvencionables, os gastos deberán ser aboados dentro do prazo de execución do proxecto e nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lles sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

h) Calquera soporte dos establecidos no anexo III das bases onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada ou informes relativos á xustificación do proxecto que considere convenientes.

A persoa beneficiaria tamén deberá cubrir, na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación, os seguintes datos relativos á contabilidade, nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar o deber establecido no artigo 18.d): data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da persoa beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

6. A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica.

A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exisa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá xuntar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda que, se é o caso, poderá supoñer a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

9. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total do investimento aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que se tivesen en conta para resolver a concesión.

Artigo 20. Aboamento

O aboamento da axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 21. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de liquidación, total ou parcial da subvención, no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, de concorrencia das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, ao deber de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

e) Incumprir a obriga de xuntar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de axuda pública de, polo menos, un 25 % dos custos subvencionables, ben sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

f) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido para cada modalidade ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no punto 4 deste artigo.

g) A percepción doutras subvencións públicas, incompatibles coa totalidade da subvención prevista nestas bases, supoñerá a perda ou, se é o caso, o reintegro, do 100 % da subvención concedida.

h) Non lle comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

i) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no anexo III destas bases.

4. Perda parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que teña a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo o deber de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, deberán, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. En particular, unha execución por debaixo do 50 % da base subvencionable aprobada considerarase un incumprimento total.

b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder, supoñerá a perda ou, se é o caso, o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

c) Incumprimento das condicións específicas definidas no artigo 18.h) destas bases, no caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, supoñerá a perda ou, se é o caso, o reintegro dun 5 % da subvención concedida.

5. No período de mantemento dos investimentos, nos casos en que se aplique o previsto no artigo 18.a) destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indican a continuación:

a) Non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido supoñerá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido de forma proporcional ao período en que se incumpriu este requisito.

b) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 18.f) destas bases, durante o período de mantemento posterior á execución supoñerá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.

6. Devolución voluntaria da subvención.

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 22. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 23. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 24. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a súa concesión ou o seu desfrute.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e no artigo 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 25. Transparencia e bo goberno

1. Respecto das axudas concedidas, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias da subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1. da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 26. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño).

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño).

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

j) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

k) O resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

As axudas aos proxectos de investimento empresarial son subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto nos artigos 47, 50 e o anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos, a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de maneira visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos ou nas cales se instalen os equipamentos adquiridos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, colocará unha placa ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas cales se instalen os equipamentos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física, colocará unha placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan na letra c) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público, polo menos, un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información adecuada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Pode descargar o cartel neste enderezo:

https://www.igape.gal/images/05-mais-igape/05-04-quensomos-transparencia/logotipos/Cartel_Inviste.pdf

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento «Uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

missing image file
missing image file