BDNS (Identif.): 808274.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
As empresas de calquera sector galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción, cando resulte de aplicación a cada Liña o Regulamento (UE) 2023/2831 (Regulamento de minimis), das actividades excluídas por este: a produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura e a produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
Asemade, non poderán ser consideradas como persoas beneficiarias todas aquelas empresas que se dediquen a sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado pertinente a efecto do EEE.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial, subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos clasificados en:
Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en Intelixencia artificial.
Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en Intelixencia Artificial.
Liña C: Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras IA360, axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408M).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.561.A.7700 por un importe de 10.279.167,00 €, e coa seguinte distribución plurianual:
Liña A: 4.950.000 € no ano 2025 e 550.000 € no ano 2026.
Liña B: 3.150.000 € no ano 2025 e 350.000 € no ano 2026.
Liña C: 1.151.250,30 € no ano 2025 e 127.916,70 € no ano 2026.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará ás 14.00 horas do 30 de abril de 2025 para a liña A e do 31 de outubro de 2025 para as liñas B e C, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
