De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser realizada no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola directora territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 20 de decembro de 2024
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0423/2024-BA.
DNI denunciado: 79327405Z.
Acto de notificación: acordo de inicio.
