DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción y declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2023/442-1).

Expediente: IN407A 2023/442-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT, RBT lugar A Igrexa.

Concello: Boiro.

Feitos:

1. O día 10 de outubro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade de subministración de enerxía eléctrica debido ás subtensións da liña de baixa tensión existente do CT Moimenta.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT lugar A Igrexa, asinado o día 25.8.2023, o anexo I, asinado o día 22.11.2023, e o anexo 2, asinado o día 6.11.2024, por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 5 de abril de 2024.

• BOP: 18 de marzo de 2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 25 de marzo de 2024, edición Barbanza-Muros-Noia.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 15 de maio de 2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. O 29 de xuño de 2024, o solicitante achegou declaración responsable en que fai constar que chegou a acordo coa persoa titular dos bens e dereitos afectados, polo que desiste da solicitude de declaración de utilidade pública.

5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Boiro, Deputación Provincial da Coruña, Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

6. O día 13 de decembro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

• As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Moimenta e Macenda, no concello de Boiro, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Centro de transformación tipo rural fin de liña, de 100 kVA/20 kV e relación de transformación 20.000/400 V.

• Adecuación de CT Moimenta (15CIN2), coa instalación de celas de media tensión tipo compactas 2L + 1P telecontroladas e así realizar nova saída de media tensión para alimentar o novo centro de transformación proxectado.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 675 m, coa orixe na cela MT do CT 15CIN2, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al e final na cela MT no CT proxectado.

• Debido á actuación no CT Moimenta (15CIN2) e na liña MT, proxéctase a retirada dos SXS do punto de manobra 15HQZ3 existente no apoio MT 9NJ8SAEF//48-4 e a substitución dos XS existentes no punto de manobra 15HU56 no apoio MT 9N8KM1K1//48 por SXS.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de decembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT, CT e RBT lugar da Igrexa (Boiro)

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT subterránea

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

(m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15011B501006540000GX

Agro de Abaixo

CT e acceso

22,54

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño