Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e Magán (Cuntis), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22137).
Feitos:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de San Clemente de Cesar presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co número de entrada 2022/2382330, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e a CMVMC de Magán (Cuntis).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC do Pena, Calvo, Marco Carreiro e Montes Baixos (ID Monte: 2477) da CMVMC de San Clemente de Cesar.
– MVMC de Magán (ID Monte: 2646) da CMVMC de Magán.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do deslindamento o 20.3.2022.
• Acta de conciliación número 1/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cuntis o 16.9.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de San Clemente de Cesar coa conformidade do presidente do 4.4.2022 da aprobación en asemblea do 3.4.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Magán coa conformidade do presidente do 5.9.2022 da aprobación en asemblea do 4.9.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 28.9.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 26 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a súa modificación.
• Informe de validación gráfica catastral cos CSV: 8WN4731XDNEK02AM e NRES7PQHRD16D5KR realizados conxuntamente co expediente DC22136 (deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar e a CMVMC de Casal) e DC22138 (deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar e a CMVMC de Vilameán) (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 880 metros e está composta polos seguintes puntos:
|
Punto 1- |
x: 531.662,69 |
Y: 4.724.137,80 |
|
Punto 2- |
X: 531.600,61 |
Y: 4.723.940,12 |
|
Punto 3- |
X: 531.571,67 |
Y: 4.723.845,14 |
|
Punto 4- |
X: 531.541,26 |
Y: 4.723.685,62 |
|
Punto 5- |
X: 531.472,04 |
Y: 4.723.533,53 |
|
Punto 6- |
X: 531.504,19 |
Y: 4.723.427,34 |
|
Punto 9- |
X: 531.529,46 |
Y: 4.723.378,49 |
|
Punto 10- |
X: 531.560,39 |
Y: 47.233.10,89 |
|
Punto 11- |
X: 531.564,09 |
Y: 4.723.302,70 |
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (punto 7 e punto 8) para respectar o dominio público da estrada (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
|
Punto 7- |
X: 531.524,96 |
Y: 4.723.387,19 |
|
Punto 8- |
X: 531.527,16 |
Y: 4.723.382,94 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que ambas lindan, a excepción dun tramo entre o punto 1 e punto 2. Neste tramo os lindes quedan xustificados pola titularidade catastral das parcelas 36015A01700239 e 36005A02800039. Entre o punto 8 e o punto 11 non quedan xustificados os lindes polos esbozos de clasificación, pero xustifícase mediante a titularidade da parcela catastral 36015A01900885.
O deslindamento está formado por dous tramos:
Tramo 1: punto 1 -punto 7.
Tramo 2: punto 8 -punto 11.
O punto 1 sitúase no concello de Valga segundo a liña do Instituto Xeográfico Nacional, polo tanto a liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Caldas de Reis, Valga e Cuntis.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Ambas as CMVMC realizan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e Magán (Cuntis), respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 20 de decembro de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
