DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 3941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e Vilameán (Cuntis), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22138).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e Vilameán (Cuntis), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22138).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de San Clemente de Cesar presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co número de entrada 2022/2382330, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e a CMVMC de Vilameán (Cuntis).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Pena, Calvo, Marco Carreiro e Montes Baixos (ID Monte: 2477) da CMVMC de San Clemente de Cesar.

– MVMC de Quinto e Vilameáns (ID Monte: 2649) da CMVMC de Vilameán (Cuntis).

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento o 5.2.2022.

• Acta de conciliación número 2/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cuntis o 16.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de San Clemente de Cesar coa conformidade do presidente do 4.4.2022 da aprobación en asemblea do 3.4.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Vilameán (Cuntis) coa conformidade do presidente do 27.5.2022 da aprobación en asemblea do 24.6.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 26 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a súa modificación.

• Informe de validación gráfica catastral cos CSV: 8WN4731XDNEK02AM e NRES7PQHRD16D5KR realizado conxuntamente co expediente DC22136 deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar e a CMCMC de Casal e o expediente DC22137 (deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar e a CMCMC de Casal) (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 518 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1-

X: 532.003,16

Y: 4.721.345,67

Punto 2-

X: 531.928,32

Y: 4.721.165,25

Punto 3-

X: 531.832,46

Y: 4.720.983,15

Punto 4-

X: 531.859,43

Y: 4.720.844,99

Punto 5-

X: 531.838,05

Y: 4.720.722,59

Punto 6-

X: 531.896,98

Y: 4.720.550,23

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que ambas lindan.

O deslindamento está formado por tres tramos:

Tramo 1: punto 1 -punto 2.

Tramo 2: punto 3 -punto 4.

Tramo 3: punto 5 -punto 6.

O punto 1 é coincidente co punto 15 do expediente DC22136 (deslindamento entre a CMVMC de San Clemente de Cesar e a CMVMC de Casal).

A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Cuntis e Caldas de Reis.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Ambas as CMVMC realizan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de San Clemente de Cesar (Caldas de Reis) e Vilameán (Cuntis), respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 20 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra