De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2024 que se incorporan como anexo a esta resolución.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2025
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
|
Convenio |
Importe |
Data sinatura convenio |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
25.000 € |
2.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
30.000 € |
16.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o IGCC e a Fegamp para o reforzo da oficina de consumo coa que conta a Fegamp co obxecto de mellorar os servizos de información ás persoas consumidoras nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes ou que carecen de oficina municipal de información ao consumidor |
11.000 € |
3.10.2024 |
