O título II da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, dedica o capítulo II a regular as retribucións de todo o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma.
Estas retribucións manteranse para o ano 2025 nas contías vixentes en 31 de decembro de 2024, sen prexuízo do establecido na disposición adicional oitava da Lei 4/2024, do 27 de decembro. A devandita disposición establece que as retribucións do persoal do sector público previstas para o ano 2025 se adecuarán ao previsto no capítulo II do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, e ademais, habilita a consellería competente en materia de facenda para levar a cabo as xestións necesarias para facer efectivo calquera outro aumento retributivo, no seu límite máximo, no momento en que así o habilite a normativa básica do Estado.
Coa finalidade de facilitar a confección das nóminas do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, esta consellería dita as seguintes instrucións, que se limitan a aplicar o previsto na Lei 4/2024, do 27 de decembro.
De conformidade co que antecede,
DISPOÑO:
Artigo único
Apróbanse as seguintes instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025, en aplicación da Lei 4/2024, do 27 de decembro.
Primeira. Contía das retribucións dos altos cargos e das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior
1. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, as retribucións dos altos cargos da Administración da Comunidade Autónoma, do Consello Consultivo de Galicia, dos membros do Consello de Contas de Galicia e do Consello da Cultura Galega, aprobadas no artigo 18 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, reflíctense no anexo I desta orde, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade e dunha contía equivalente á retribución adicional ao complemento de destino que lles poida corresponder de conformidade coa normativa vixente.
2. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, as retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior reflíctense no anexo I desta orde, de conformidade co establecido no artigo 20 da Lei 4/2024, do 27 de decembro. Estas retribucións imputaranse ao concepto orzamentario 100.00, dentro do programa correspondente.
Segunda. Contía das retribucións do persoal funcionario que desempeña postos de traballo para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia
1. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal funcionario que desempeñe postos de traballo para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, percibirá as retribucións básicas, as pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro, e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos II e III desta orde.
As pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro aboaranse nunha contía igual á suma da mensualidade de soldo e trienios fixada para a paga extraordinaria no anexo II máis o complemento de destino mensual, e devindicarase conforme o disposto no punto 4 da instrución sexta desta orde.
2. O complemento específico anual detállase no anexo IV, percibirase en catorce pagas iguais, das que doce serán de percepción mensual e dúas adicionais, do mesmo importe que unha mensual, nos meses de xuño e decembro, respectivamente.
A percepción do importe diferencial do complemento específico conseguido para certos colectivos mediante acordos sobre condicións de traballo do persoal, está condicionada á efectiva prestación do servizo, e deberá acreditarse con carácter mensual a realización das funcións ou tarefas concretas que motivaron tales acordos. Non estará condicionada á efectiva prestación dos servizos nos supostos de incapacidade temporal, permiso por parto, por adopción, por garda con fins de adopción ou por acollemento; así como os permisos previstos no artigo 124 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, por nacemento, acollemento, garda con fins de adopción ou adopción dun fillo ou filla.
3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal funcionario que teña recoñecida a retribución adicional ao complemento de destino prevista nos acordos do Consello da Xunta do 10 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro) e do 3 de novembro de 2022 (DOG núm. 226, do 28 de novembro), así como nos acordos do 25 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CCOO e UGT (DOG núm. 229, do 1 de decembro), e do 28 de decembro de 2023 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro), percibirá os importes detallados no anexo III bis, en doce pagas de percepción mensual.
O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 28 de decembro de 2023 producirase de maneira progresiva en tres anualidades, na forma prevista no artigo 8 do devandito acordo. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2025, o pagamento producirase aplicando unha porcentaxe do 66 %.
De conformidade coa cláusula oitava do Acordo do 3 de novembro de 2022, a retribución adicional recoñecida con base no Acordo do 10 de xaneiro de 2019 consolídase e deberá adaptarse á súa denominación no devandito acordo de 2022.
4. As retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006 e do 13 de setembro de 2018, así como polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, e polo Decreto 120/2002, do 22 de marzo, recóllense no anexo V desta orde. Neste anexo tamén se reflicte o Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicado no DOG do 17 de xaneiro de 2024. Ás pagas extraordinarias deste persoal seralles de aplicación o establecido na instrución sexta desta orde.
5. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2025, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerán, para estes efectos, os trienios, a retribución adicional ao complemento de destino, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios.
Terceira. Contía das retribucións do persoal ao servizo do Sistema público de saúde de Galicia
1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Sistema público de saúde de Galicia, dos dotados no seu orzamento de gastos para este ano, conforme o anexo de persoal correspondente, así como as do resto do persoal ao que lle resulte de aplicación o sistema retributivo da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos, de saúde e o Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo das unidades e servizos de atención primaria e normativa complementaria, serán as que se detallan no anexo VIII desta orde.
As retribucións do persoal residente en formación rexeranse polo establecido no Real decreto 1146/2006, do 6 de outubro, polo que se regula a relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en ciencias da saúde, e serán as que se detallan no anexo VIII e normas complementarias no ámbito do Servizo Galego de Saúde.
2. Complementos de carreira do persoal estatutario.
a) Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os complementos de carreira do persoal estatutario das categorías incluídas na clasificación de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde, recoñecidos en anos anteriores, en execución do Decreto 155/2005, do 9 de xuño, serán as vixentes a 31.12.2024.
b) Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os complementos de carreira do persoal estatutario das categorías incluídas na clasificación de diplomados sanitarios, recoñecidos en anos anteriores en execución da Resolución conxunta do 28 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde e da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, serán as vixentes a 31.12.2024, cos seguintes importes por grao:
Contía mensual por grao: 179,46 euros.
Contía mensual por grao de persoal de cota: 177,59 euros.
c) Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os complementos de carreira do persoal estatutario das categorías de xestión e de sanitario de formación profesional, recoñecidos en anos anteriores en execución da Resolución conxunta do 25 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde e da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, en aplicación do punto cuarto do artigo 13 da Lei 11/2011, serán as vixentes a 31.12.2024, cos importes mensuais indicados no anexo VIII bis.
3. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal, recollido na Orde do 28 de outubro de 2008, para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007, percibirá como complemento de carreira, recoñecido en anos anteriores, os seguintes importes:
a) O persoal licenciado sanitario percibirá, como complemento de carreira durante o ano 2025, os importes vixentes en 31 de decembro de 2024.
b) O persoal diplomado sanitario percibirá, como complemento de carreira durante o ano 2025, os importes vixentes en 31 de decembro do ano 2024, na cantidade de 172,28 euros mensuais por grao recoñecido.
c) O persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional percibirá, como complemento de carreira durante o ano 2025, as contías vixentes en 31 de decembro do ano 2024, cos importes recollidos no anexo VIII ter.
4. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os complementos de carreira previstos na Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao devandito organismo, percibiranse en doce mensualidades, cos importes previstos no anexo VIII quater.
5. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario a que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado mediante a Resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, así como a Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, na modalidade por quendas, conforme o réxime previsto nas devanditas disposicións e demais normas de desenvolvemento, nos importes que se recollen no anexo IX.
Así mesmo, con efectos do 1 de xaneiro de 2025, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario, correspondente ás categorías sinaladas no punto segundo 3) da Resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996, percibirase nas contías establecidas no anexo X.
6. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal estatutario das unidades e servizos de atención primaria a que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá, ademais das retribucións recollidas no anexo VIII, como complemento de produtividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos na alínea a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, modificado polo Decreto 156/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servizos de atención primaria, nas contías que figuran no anexo XI.
Así mesmo, para a cobertura das quendas de tarde e desprazables nas unidades do ámbito de atención primaria, o persoal que preste servizos nas devanditas condicións percibirá as contías mensuais que se recollen no anexo X.
Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os/as médicos/as de familia, pediatras, odontólogos/as, enfermeiros/as e fisioterapeutas das unidades e servizos do persoal que atendan a cota de pacientes adscritos a outros profesionais percibirán, como contía complementaria, os importes polos conceptos retributivos que se recollen no número 2 do artigo 4 do Acordo sobre determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal das unidades e servizos de atención primaria, publicado na Orde do 4 de xuño de 2008, pola que se publican determinados acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Acordo do 29 de xuño de 2022 sobre diversas medidas retributivas e melloras no seo do Plan de ordenación de recursos humanos de atención primaria que se recollen na Orde do 16 de setembro de 2022.
7. De conformidade co establecido na medida 3 do Acordo pactado na Mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, sobre medidas retributivas e de mellora no seo do Plan de ordenación de recursos humanos de atención primaria que se recolle na Orde do 16 de setembro de 2022 (DOG núm. 182, do 23 de setembro de 2022), e con efectos do 1 de xaneiro de 2025, cando por indispoñibilidade do persoal médico de familia non sexa posible a cobertura dunha praza vacante cun nomeamento interino, poderanse distribuír as cartillas asignadas a esa praza entre o persoal que acepte un incremento de cota. Para a atención dese incremento máximo de 300 cartillas, establécese unha prestación adicional de xornada de catro horas e media á semana e establécese unha retribución anual de 12.607,20 euros ou a parte proporcional.
8. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os/as médicos/as de urxencias hospitalarias percibirán como retribucións complementarias os importes que se recollen no anexo XII, en función dos factores concorrentes no desempeño do posto de traballo, segundo o disposto no artigo 3.2 da Resolución conxunta do 17 de abril de 2007, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e da División de Asistencia Sanitaria, pola que se regulan a xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias deste organismo, na Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se publica o Acordo 2008-2012 para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en aplicación do punto catro do artigo 13, da Lei 11/2011, así como na Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023.
9. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, as retribucións adicionais dos/das médicos/as dos puntos de atención continuada serán os importes que se recollen no anexo XIII, en aplicación do disposto no Acordo sobre ordenación e provisión de postos de traballo, xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico e diplomado en enfermaría dos puntos de atención continuada, publicado na Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se publican determinados acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se publica o Acordo 2008-2012 para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en aplicación do punto catro do artigo 13, da Lei 11/2011, e en aplicación do Acordo do 17 de xullo de 2019, conforme os factores específicos no desempeño de postos PAC, así como na Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023.
10. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, as retribucións adicionais do persoal de enfermaría dos puntos de atención continuada serán os importes que se recollen no anexo XIV, en aplicación do disposto na normativa recollida no punto anterior e en atención ás características dos postos de traballo dos PAC.
11. As retribucións adicionais do persoal estatutario médico asistencial e coordinador, así como do persoal de enfermaría da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 serán, con efectos do 1 de xaneiro de 2025, os importes que se recollen no anexo XVIII, conforme o disposto na súa normativa de aplicación e na Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023.
12. As retribucións mensuais do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota serán as vixentes en 31 de decembro do 2024, con efectos do 1 de xaneiro de 2025.
Os premios de antigüidade correspondentes ao persoal de cota e zona rexeranse pola súa normativa específica. Estes premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á data en que se complete o período de tres anos necesarios para o seu perfeccionamento.
13. As pagas extraordinarias do persoal do Servizo Galego de Saúde, así como as do resto do persoal ao que lle resulte de aplicación o sistema retributivo da Lei 55/2003, do 16 de decembro, o Decreto 226/1996, do 25 de abril e a súa normativa complementaria, terán un importe correspondente ao soldo e trienios especificados para cada unha das pagas no anexo II desta orde, ademais dunha mensualidade do complemento de destino, coas contías recollidas no anexo III.
14. Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, as retribucións correspondentes ao complemento de atención continuada do persoal do Servizo Galego de Saúde, así como as do resto do persoal ao que lle resulte de aplicación o sistema retributivo da Lei 55/2003, serán as que se recollen no anexo XV, cando resulte de aplicación o Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo das unidades e servizos de atención primaria e normativa complementaria, así como a Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023.
15. Ao persoal médico e residente en formación, tanto en atención primaria como en atención hospitalaria e ao persoal de enfermaría de atención primaria, que realice o seu traballo ordinario cunha presenza en sábado pola mañá, aboaráselle un módulo adicional. As retribucións por este concepto serán as recollidas no anexo XVII.
16. A retribución correspondente a cada módulo de actividade de catro horas en réxime de presenza física, efectivamente realizado polo persoal facultativo de atención hospitalaria exento de gardas, queda establecida na contía do anexo XV.
17. O persoal estatutario facultativo do sistema público de saúde de Galicia que desempeñe o seu posto en réxime de dedicación exclusiva ao sector público percibirá un complemento específico singular, equivalente na súa contía ao total do complemento específico previsto no artigo 43.2.b) da Lei 55/2003, do 16 de decembro.
O persoal estatutario facultativo do Sistema público de saúde de Galicia que teña recoñecida a compatibilidade para o exercicio de actividades privadas percibirá un complemento específico pola contía dun 30 por cento da súa retribución básica, excluídos os conceptos que teñan a súa orixe na antigüidade, e un complemento singular. Este complemento singular terá unha contía equivalente á diferenza entre o 80 por cento do complemento específico singular que percibiría de ter dedicación exclusiva ao sector público e o seu complemento específico.
18. O importe das pagas extraordinarias do persoal pertencente á clase de sanitarios locais (APD), do persoal que se retribúe polo sistema de cota e zona, do persoal residente en formación, así como do persoal laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde non suxeito ao V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia, incorporará unha retribución adicional, distribuída nos meses de xuño e decembro. Esta retribución será a que resulte de aplicar o 3,62 por cento ás súas retribucións anuais, fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, excluíndo para este cálculo os conceptos derivados de antigüidade e carreira profesional.
19. O importe da paga extraordinaria do persoal non recollido nos puntos anteriores incorporará unha retribución adicional no importe que resulte de aplicar o 3,62 por cento ás súas retribucións anuais, fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, excluídos os conceptos derivados de antigüidade e carreira profesional, distribuída nos meses de xuño e decembro.
No caso de que se perciban máis de dúas pagas extraordinarias, a contía adicional resultante, definida no parágrafo anterior, distribuirase entre as devanditas pagas, de modo que o importe, en termos anuais, sexa idéntico ao do resto de persoal.
20. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como o resto de persoal a que lle resulten de aplicación o sistema retributivo da Lei 55/2003, o Decreto 226/1996, do 25 de abril, e a súa normativa complementaria, percibirá adicionalmente, nos meses de xuño e decembro, os importes de complemento específico, produtividade fixa e PRD, que se recollen no anexo XVI.
O persoal a que fai referencia o primeiro parágrafo do punto 5 da instrución terceira desta orde percibirá, ademais dos importes recollidos no anexo XVI, no mes de xuño, a media mensual de produtividade fixa que perciba entre os meses de xaneiro e xuño, conforme os factores e criterios recollidos na alínea a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, modificado polo Decreto 156/2005, do 9 de xuño, e no mes de decembro, a media mensual que perciba entre os meses de xullo a decembro.
21. No ámbito público da docencia especializada, o exercicio das funcións correspondentes ás xefaturas de estudos de formación sanitaria especializada que dependan funcionalmente da xerencia ou órgano directivo equivalente da entidade titular do centro ou unidade docente terá a consideración de xefatura de servizo de carácter docente non asistencial, cun complemento retributivo vinculado ao ámbito, peculiaridades e desempeño das súas funcións docentes, conforme o establecido no artigo 27.3 do Decreto 48/2023, do 20 de abril, de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia
Cuarta. Contía das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia
1. Conforme o disposto no artigo 25 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións que se determinen na Lei de orzamentos xerais do Estado, así como na demais normativa que lle sexa aplicable.
2. No anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022 e do 8 de febreiro de 2024, percibirá os importes previstos no anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.
O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 8 de febreiro do 2024, producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2025, o pagamentoo producirase aplicando unha porcentaxe do 66 %.
4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XIX, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, coincidirán coas vixentes en 31 de decembro do 2024.
Quinta. Contía das retribucións do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único
1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único percibirá o salario base, complementos, antigüidade, pagas extraordinarias e contías adicionais, nos importes que se detallan no anexo VII.
O complemento de singularidade corresponderá aos postos que aparezan con este complemento nas relacións de postos de traballo aprobadas por acordo do Consello da Xunta de Galicia.
2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único percibirá a retribución adicional que teña recoñecida segundo o previsto nos acordos do Consello da Xunta do 10 de xaneiro de 2019, do 3 de novembro de 2022, do 25 de novembro de 2022 e do 28 de decembro de 2023. Esta retribución adicional detállase no anexo VII bis e aboarase en doce pagas de percepción mensual.
Cómpre indicar que o pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 28 de decembro de 2023 se producirá de maneira progresiva en tres anualidades, na forma prevista no artigo 8 do devandito acordo. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2025, o pagamentoo producirase aplicando unha porcentaxe do 66 %.
Este complemento percibirase en 12 mensualidades e imputarase ao subconcepto orzamentario 130.43.
3. O persoal laboral fixo a que se refiren as alíneas a) e g) do artigo 2 do Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, que deba cumprir o requisito de asinar o compromiso de participar no proceso de funcionarización que se convoque para o recoñecemento do complemento de desempeño, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, que non presente a solicitude de participación no correspondente proceso de funcionarización que se convoque, ou que non se presente, ou que non supere o dito proceso, decaerá no recoñecemento do devandito grao.
Exceptúase do devandito decaemento o suposto en que a persoa non poida adquirir a condición de persoal funcionario de carreira por non cumprir algún dos requisitos exixidos pola normativa aplicable.
Os efectos económicos do decaemento produciranse un mes despois da causa que implica a non superación do proceso de funcionarización, motivada pola non matriculación, non presentación, non superación do exame ou a non toma de posesión.
4. A retribución adicional recoñecida con base no Acordo do 10 de xaneiro de 2019 consolídase e deberá adaptarse á súa denominación no devandito acordo do ano 2022.
Sexta. Devindicación de retribucións
1. A diferenza, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo persoal funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente dedución de haberes. Nos termos previstos no artigo 12 da Orde conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda do 20 de decembro de 2013, as ausencias e faltas de puntualidade e de permanencia que non queden debidamente xustificadas ou as non compensadas darán lugar a unha dedución proporcional de haberes.
Para calcular o valor hora aplicable á dita dedución, dividiranse as retribucións mensuais íntegras que perciba a persoa funcionaria entre o número de días naturais do correspondente mes, e este resultado dividirase entre as horas diarias medias que a persoa funcionaria teña a obriga de cumprir.
Nos casos de toma de posesión no primeiro destino, cesamento no servizo activo, licenzas sen dereito a retribución ou outros supostos que requiran liquidar retribucións por días ou con redución proporcional de retribucións, aplicarase o cálculo indicado anteriormente.
2. Cando, con suxeición á normativa vixente, a persoa funcionaria realice unha xornada reducida, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista na normativa específica aplicable a cada caso.
Non obstante, o persoal funcionario que realice unha xornada de traballo reducida que implique redución de retribucións, conforme o artigo 106 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e o artigo 48. g) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, experimentará a redución correspondente sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, incluídos os trienios e a contía adicional ao complemento de destino. Para o cálculo desta redución aplicaranse as seguintes regras:
a) O valor hora da redución nas pagas ordinarias calcularase dividindo as retribucións íntegras mensuais da persoa funcionaria por xornada completa entre o número de días naturais do mes correspondente e este resultado dividirase entre o número de horas diarias medias obrigatorias da persoa funcionaria.
b) O importe total das pagas extraordinarias afectadas pola redución de xornada calcularase sumando os importes correspondentes aos períodos con e sen redución de xornada dentro dos seis meses computables para as devanditas pagas. O cálculo efectuarase segundo as seguintes regras:
a. Importes correspondentes aos períodos sen redución de xornada nos seis meses anteriores á súa devindicación:
i. Dividirase o importe total da paga extraordinaria correspondente a unha xornada completa, entre 182 días (183 en anos bisestos) ou 183 días, segundo corresponda á paga devindicada en xuño ou en decembro.
ii.O resultado multiplicarase polo número de días traballados sen redución de xornada.
b. Importes correspondentes aos períodos con redución de xornada nos seis meses anteriores á súa devindicación:
i. Dividirase o importe total da paga extraordinaria reducido proporcionalmente como consecuencia da redución de xornada, entre 182 días (183 en anos bisestos) ou 183 días, segundo corresponda á paga devindicada en xuño ou en decembro.
ii. O resultado multiplicarase polo número de días traballados con xornada reducida.
3. As retribucións básicas e complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual, aboaranse por mensualidades completas, tomando como referencia a situación e os dereitos da persoa funcionaria no primeiro día hábil do mes a que correspondan.
Exceptúanse os seguintes casos, en que se liquidarán por días:
a. No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ao servizo activo e no de incorporación por conclusión de licenzas sen dereito a retribución.
b. No mes de inicio de licenzas sen dereito a retribución.
c. No mes en que se cese no servizo activo na Comunidade Autónoma, incluído o derivado dun cambio de corpo ou escala de pertenza, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro do persoal funcionario suxeito ao réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devindiquen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ao do nacemento do dereito.
Dado que o complemento específico se percibe en 14 mensualidades, sen modificación da súa devindicación, que será en 12, as regras previstas neste punto son de aplicación a este complemento. Polo tanto, en caso de cambio ou cesamento no posto de traballo, liquidarase a parte que corresponda á paga adicional do mes de xuño ou decembro, segundo o semestre en que se produza o cambio, ben referida ao primeiro día hábil do mes, ben por días, segundo as devanditas regras.
De ser o caso, aplicarase idéntica regra para liquidar a cantidade correspondente respecto das citadas pagas adicionais no novo posto de traballo.
4. As pagas extraordinarias devindicaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro, tomando como referencia a situación e os dereitos da persoa funcionaria nesa data, salvo nos seguintes casos:
a. Se o tempo de servizos prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día da devindicación da paga extraordinaria non abarca a totalidade dos seis meses anteriores aos meses de xuño ou decembro, o seu importe reducirase proporcionalmente. Neste suposto, o importe da paga extraordinaria será o resultado de dividir o importe total da paga extraordinaria que na data de devindicación corresponda a seis meses entre 182 días (183 en anos bisestos) para a paga de xuño e entre 183 para a de decembro, e este resultado multiplicalo polos días efectivamente traballados.
b. O persoal funcionario en servizo activo que se atope gozando de licenzas sen dereito a retribución nas datas indicadas devindicará a correspondente paga extraordinaria, reducíndose o seu importe nos mesmos termos previstos na alínea anterior.
c. No caso de cesamento no servizo activo na Comunidade Autónoma, incluído o derivado dun cambio de corpo ou escala de pertenza, a última paga extraordinaria devindicarase o día de cesamento, e tomaranse como referencia a situación e os dereitos do persoal funcionario na devandita data, reducíndose o seu importe nos mesmos termos previstos na alínea a) anterior, agás que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro do persoal funcionario a que se refire o punto 3.c) desta instrución sexta; nestes últimos casos, os días do mes en que se produce o devandito cesamento computaranse como un mes completo.
Para os efectos previstos nesta instrución, o tempo de duración de licenzas sen dereito a retribución non terá a consideración de servizos efectivamente prestados.
Se o cesamento no servizo activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente aos días transcorridos do devandito mes farase de acordo coas contías das retribucións vixentes nese mes.
O persoal que preste servizos na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servizos efectivamente prestados nela; computaranse, para estes efectos, como se todos os servizos prestados pola persoa funcionaria na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro a que estivese adscrita e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.
Sétima. Descontos
1. No ano 2025, a porcentaxe de cotización á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado e do persoal da Administración de xustiza que se aplicará aos mutualistas será a recollida no anexo VI desta orde, no cal se mostran as cotas mensuais.
As devanditas contías mensuais aboaranse dobremente nos meses de xuño e decembro, agás nos supostos indicados na instrución sexta, punto 3, desta orde.
2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados do persoal deben reter en nómina cada mes reflíctense no anexo VI desta orde, de modo que para todo o persoal funcionario do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servizo das administracións públicas, a cota supón unha cantidade única e idéntica.
As devanditas contías mensuais aboaranse dobremente nos meses de xuño e decembro, agás nos supostos indicados na instrución sexta, punto 3, desta orde.
O persoal funcionario que estea suxeito ao réxime xeral da Seguridade Social continuará cotizando de acordo con este sistema.
3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais do persoal funcionario correspondentes ás pagas extraordinarias reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas, como consecuencia de se aboaren estas en contía proporcional ao tempo de servizos efectivamente prestados, calquera que sexa a data da súa devindicación.
As cotas as que se refire o parágrafo anterior, do mesmo xeito que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo en que se goce dunha licenza sen dereito a retribución, non experimentarán redución na súa contía.
4. O disposto nos números anteriores enténdese sen prexuízo das reducións que deba experimentar a cota de dereitos pasivos nos supostos en que así proceda por xornada reducida ou a tempo parcial.
Oitava. Outras instrucións
1. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións de carácter análogo rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
2. O persoal funcionario interino incluído no ámbito de aplicación do artigo 10 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, percibirá as retribucións básicas, incluídos trienios e pagas extraordinarias, e as retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo para o que sexa nomeado, excluídas as que, de ser o caso, estean vinculadas á condición de persoal funcionario de carreira.
As pagas extraordinarias do persoal funcionario interino, a que resulte de aplicación o réxime retributivo da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, terán un importe, cada unha delas, de soldo e trienios, recollido no anexo II e complemento de destino mensual que perciban, e seralles de aplicación o establecido no punto 4 da instrución terceira.
O complemento de produtividade poderá atribuírselle, de ser o caso, ao persoal funcionario interino a que se refire o parágrafo anterior, así como ao persoal eventual e ao persoal funcionario en prácticas, cando estas se realizan desempeñando un posto de traballo, e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ao persoal funcionario de carreira que desempeñe análogos postos de traballo, agás que ese complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.
3. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria oitava do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, serán as vixentes en 31 de decembro de 2024.
4. De conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, no ano 2025, as retribucións básicas e as complementarias, de carácter fixo e periódico, do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non incluído nos artigos anteriores serán as vixentes en 31 de decembro de 2024.
5. O persoal funcionario de carreira que cambie de posto de traballo na Comunidade Autónoma, excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988, terá dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións, tanto básicas como complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual.
Para a aplicación do disposto nesta orde, no caso de que a fin do devandito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o devandito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do persoal funcionario referidos ao primeiro día hábil do mes en que se produza o cesamento. Se, pola contra, este termo recaese nun mes distinto ao do cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada anteriormente e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ao posto de traballo a que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ao posto en que se tomou posesión, sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.
6. As persoas titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, co carácter de á conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ao posto suprimido, ata que se produza o nomeamento para desempeñar outro posto de traballo e durante un prazo máximo de tres meses, contados a partir da data en que a citada supresión produciu efectos económicos, sen que proceda ningún reintegro no caso de que as cantidades percibidas á conta fosen superiores.
7. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables ao persoal funcionario, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.
8. A persoa funcionaria que quede adscrita, durante o ano 2025, a un posto de traballo cun réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo de orixe percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación, que deberá autorizar a Consellería de Facenda e Administración Pública, porproposta da consellería interesada.
Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería de Facenda e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe da persoa funcionaria.
9. A provisión de postos de traballo que desempeñará o persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os devanditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado no orzamento ou, de non ser así, o autorice a Consellería de Facenda e Administración Pública.
En calquera caso, a provisión de postos de traballo do persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.
10. A alta en nómina do persoal laboral temporal e do persoal funcionario interino deberá contar coa autorización prevista, segundo o caso, nos artigos 12, 13, 15 e 16 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
A alta en nómina do persoal laboral indefinido estará condicionada á existencia de crédito no concepto 133 e no subconcepto 160.33 en proxección anual. Estas altas deberán comunicarse con carácter mensual á Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.
11. Os postos de traballo do persoal que se acolla ao previsto no Acordo que regula o paso á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, non estarán recollidos na relación de postos de traballo.
As retribucións da persoa traballadora serán as mesmas retribucións asignadas ao posto de traballo que tivese con carácter definitivo antes do paso á nova situación, sen que en ningún caso teña tal consideración a produtividade, nocturnidade ou calquera outro concepto retributivo ligado á efectiva prestación dos servizos que dan dereito á súa percepción.
Estas retribucións imputaranse ao subconcepto 130.10.
12. Durante o ano 2025, as persoas traballadoras en situación de licenza por enfermidade ou incapacidade temporal percibirán un complemento retributivo desde o primeiro día da devandita situación que, sumado á prestación do réxime da Seguridade Social ou do réxime de mutualismo administrativo, acade o 100 % das retribucións fixas do mes do inicio da incapacidade temporal.
As retribucións das persoas traballadoras que se atopen na situación de licenzas por enfermidade ou incapacidade temporal, pola contía correspondente ás prestacións económicas que compensar, deberán imputarse aos seguintes subconceptos, segundo corresponda a cada tipo de persoal: 100.16,110.16,121.16,130.16,131.16,132.16,133.16 e 134.16.
As retribucións das persoas traballadoras que se atopen na situación de licenzas por enfermidade ou incapacidade temporal, pola parte non imputable no subconcepto anterior, e as que se atopen en situación de permiso por parto, nacemento, acollemento ou adopción, deberán imputarse aos seguintes subconceptos, segundo corresponda para cada tipo de persoal: 100.17,110.17,121.17,130.17,131.17,132.17,133.17 e 134.17.
13. As referencias relativas ás retribucións contidas nesta orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no número 7 desta instrución oitava.
14. A contía das retribucións anuais do persoal laboral non incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único e do persoal non recollido nos puntos anteriores serán as vixentes en 31 de decembro de 2024.
15. Nas equiparacións retributivas, derivadas de acordos de adhesión ao V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, o persoal percibirá as retribucións establecidas no anexo VII desta orde e, de ser o caso, un complemento persoal transitorio que se denominará Complemento equiparación convenio Xunta.
Este complemento poderá ser positivo ou negativo, segundo resulte da diferenza entre as retribucións establecidas con anterioridade, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as establecidas no devandito convenio.
O complemento percibirase en 14 mensualidades, imputarase ao subconcepto 130.00 ou 131.00, segundo corresponda, e experimentará unha redución do 20 % cada ano ata a súa total extinción, segundo o establecido nos acordos de integración.
16. O persoal laboral fixo procedente das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia que se integra como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, mediante o procedemento establecido no Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime xurídico aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexa obxecto de creación, adaptación ou extinción, e que, en virtude do seu convenio colectivo de orixe, perciba en concepto de antigüidade unhas cantidades superiores ás establecidas polo mesmo concepto no Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terá dereito a un complemento adicional e independente do complemento persoal de integración establecido na disposición transitoria primeira do devandito Decreto 129/2012, do 31 de maio. Este complemento consistirá na diferenza positiva entre a cantidade percibida por antigüidade no momento anterior á referida integración e a cantidade resultante de aplicar o establecido no número 5 do artigo 12 do devandito decreto.
O complemento permanecerá coa mesma contía, independentemente das variacións nos restantes conceptos retributivos e manterase, mesmo no caso de funcionarización deste persoal laboral integrado.
Este complemento percibirase en 12 mensualidades e imputarase ao subconcepto 130.01 e, no caso de funcionarización, imputarase ao subconcepto 121.01.
17. O persoal laboral fixo que adquira a condición de persoal funcionario de carreira como consecuencia dun proceso de funcionarización acordado polo Consello da Xunta de Galicia, en virtude do procedemento establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e que continúe no mesmo posto de traballo obxecto de funcionarización, percibirá un complemento persoal de funcionarización, mentres permaneza nese destino ou pase mediante calquera procedemento de mobilidade a un posto de traballo da mesma tipoloxía cun mesmo réxime de prestación de servizos e con iguais complementos retributivos.
Este complemento dividirase en dúas epígrafes:
a. Funcionarización-persoal: comprende a diferenza de retribucións brutas anuais, fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, percibidas como persoal laboral fixo, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as percibidas como persoal funcionario. Este complemento non é compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. O complemento percibirase en 12 mensualidades e imputarase ao subconcepto 121.02.
b. Funcionarización-antigüidade: que recollerá a diferenza de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e o seu equivalente como trienios do persoal funcionario. Este complemento percibirase en 14 mensualidades e non será compensable nin absorbible.
A habilitación da correspondente consellería deberá incluír, no primeiro trienio que perfeccione este persoal como funcionario de carreira, a contía que resulte da diferenza entre o que percibiría como persoal laboral e o que lle corresponda como persoal funcionario de carreira, conforme o establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro.
O complemento persoal de funcionarización será de aplicación tras o seu recoñecemento polo órgano competente da Consellería de Facenda e Administración Pública.
18. O persoal laboral fixo que teña recoñecido o complemento persoal de integración, regulado nas disposicións transitorias primeira e segunda do Decreto 129/2012, do 31 de maio, e que, antes de que o devandito complemento fose absorbido, adquirise a condición de persoal funcionario de carreira como consecuencia de superar o proceso de funcionarización, manterá ese complemento ata o momento da súa absorción, nas mesmas condicións reguladas no citado Decreto 129/2012, integrándose como parte do complemento de funcionarización que, de ser o caso, podería corresponder conforme o disposto no Decreto 165/2019, do 26 de decembro.
19. Segundo o establecido no Acordo para a efectividade e acomodación da primeira relación de postos de traballo derivada da funcionarización de postos de persoal laboral e a equiparación de categorías laborais con postos funcionariais da Administración xeral, o persoal funcionarizado que realice quendas nocturnas seguirá percibindo o complemento de nocturnidade, na cantidade que lle correspondería conforme o estaba percibindo como persoal laboral do V Convenio colectivo único, aplicando para o cálculo as retribucións que estaba a percibir como persoal laboral e non as que percibe na súa condición de persoal funcionario.
Este complemento de nocturnidade imputarase ao subconcepto 150.00.
20. O persoal que estivese a percibir a cantidade establecida no artigo 35 do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia e que, como consecuencia dos procesos de funcionarización, tome posesión como persoal funciona-rio de carreira durante o ano 2025, seguirá percibindo a dita contía, en cómputo mensual, durante o ano 2025.
O persoal funcionarizado que durante o ano 2024 estivese a percibir a axuda do artigo 35 do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia terá dereito a seguir percibíndoa no ano 2025 con cargo ao dito artigo 35. A axuda será aboada pola consellería de destino.
No suposto derivado dalgún proceso de mobilidade, este persoal seguirá percibindo a dita cantidade por parte da nova consellería de destino.
Este concepto de axuda por persoa con discapacidade a cargo, regulado no devandito artigo 35, non se poderá percibir por duplicado, respecto ao mesmo exercicio económico, polo concepto de Fondo de Acción Social para persoal funcionario.
21. A contía das retribucións anuais do persoal eventual de gabinete será a vixente en 31 de decembro de 2024.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO I
Retribucións dos altos cargos
|
Altos cargos na Administración xeral da Xunta de Galicia |
Contía mensual soldo (euros) |
Contía adicional Disposición adic. décimo segunda da Lei 6/2002, do 27 de decembro |
Contía adicional artigos 12.dous, 15 e 21 da Lei 16/2007, do 26 de decembro |
|
Xuño/Decembro |
Xuño/Decembro |
||
|
Presidente/a |
7.110,40 |
- |
- |
|
Vicepresidente/a e conselleiros/as |
6.205,72 |
- |
- |
|
Secretarios/as xerais, directores/as xerais, delegados/as territoriais e asimilados |
5.095,79 |
1.360,31 |
1.001,68 |
|
Delegado/a da Xunta de Galicia en Bos Aires |
5.489,46 |
- |
- |
|
Delegado/a da Xunta de Galicia en Montevideo |
4.663,06 |
- |
- |
|
Altos cargos no Consello de Contas |
Contía mensual soldo (euros) |
|
Conselleiro/a maior |
6.604,03 |
|
conselleiros/as |
6.205,72 |
|
Altos cargos no Consello Consultivo |
Contía mensual soldo (euros) |
|
Presidente/a |
6.604,03 |
|
conselleiros/as |
6.205,72 |
|
Alto cargo no Consello da Cultura Galega |
Contía mensual soldo (euros) |
|
Presidente/a |
6.604,03 |
ANEXO II
Retribucións básicas
|
Retribucións básicas (euros) |
||||
|
Grupo/subgrupo de clasificación |
Contía mensual |
Paga extraordinaria meses de xuño e decembro |
||
|
Soldo |
Trienio |
Soldo |
Trienio |
|
|
A1 |
1.326,90 |
51,07 |
818,82 |
31,53 |
|
A2 |
1.147,35 |
41,65 |
836,78 |
30,37 |
|
B |
1.002,94 |
36,54 |
866,84 |
31,60 |
|
C1 |
861,46 |
31,53 |
744,56 |
27,21 |
|
C2 |
716,98 |
21,46 |
710,44 |
21,24 |
|
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais |
656,23 |
16,16 |
656,23 |
16,16 |
ANEXO III
Complemento de destino
|
Complemento de destino |
|
|
Nivel de complemento de destino |
Contía mensual (euros) |
|
30 |
1.159,06 |
|
29 |
1.039,61 |
|
28 |
995,93 |
|
27 |
952,17 |
|
26 |
835,38 |
|
25 |
741,15 |
|
24 |
697,43 |
|
23 |
653,76 |
|
22 |
610,00 |
|
21 |
566,36 |
|
20 |
526,09 |
|
19 |
499,24 |
|
18 |
472,37 |
|
17 |
445,50 |
|
16 |
418,69 |
|
15 |
391,78 |
|
14 |
364,97 |
|
13 |
338,07 |
|
12 |
311,19 |
|
11 |
284,31 |
|
10 |
257,49 |
|
Complemento de destino. Agrupacións profesionais (RDL 5/2015) |
|
|
Nivel de complemento de destino |
Contía mensual (euros) |
|
15 |
408,23 |
|
14 |
380,29 |
|
13 |
352,24 |
|
12 |
324,25 |
|
11 |
296,25 |
|
10 |
268,28 |
No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada neste anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel do complemento de destino asignado ao posto de traballo.
ANEXO III bis
Retribución adicional ao complemento de destino
|
Grupo/subgrupo (RDL 5/2015) |
Importe mensual (en euros) |
Importe anual (en euros) |
|
A1 |
231,12 |
2.773,44 |
|
A2 |
161,75 |
1.941,00 |
|
B |
115,26 |
1.383,12 |
|
C1 |
104,32 |
1.251,84 |
|
C2 |
88,55 |
1.062,60 |
|
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais |
71,54 |
858,48 |
ANEXO IV
Complemento específico
|
Complemento específico |
|
|
Nivel |
Contía mensual (euros) |
|
30 |
1.797,12 |
|
29 |
1.581,45 |
|
28(A) |
1.365,76 |
|
28(B) |
1.248,07 |
|
27 |
1.187,11 |
|
26 |
1.126,12 |
|
25 |
1.006,33 |
|
24 |
910,43 |
|
23 |
826,58 |
|
22 |
742,69 |
|
21 |
674,62 |
|
20 |
606,53 |
|
19 |
578,75 |
|
18 |
551,00 |
|
17 |
542,81 |
|
16 |
534,64 |
|
15 |
522,66 |
|
14 |
510,65 |
|
13 |
498,67 |
|
12 |
486,70 |
|
11 |
474,72 |
|
10 |
462,71 |
|
Complemento específico. Agrupacións profesionais (RDL 5/2015) |
|
|
Nivel |
Contía mensual (euros) |
|
14 |
526,59 |
|
12 |
501,91 |
|
10 |
477,18 |
O complemento específico percibirase en 14 mensualidades, das cales 12 serán de percepción mensual e dúas adicionais, do mesmo importe que unha mensual, nos meses de xuño e decembro.
Os complementos específicos que non teñan a súa contía relacionada neste anexo, aboaranse, con efectos do1 de xaneiro de 2025, nas contías vixentes a 31 de decembro de 2024.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de decembro do 2009, non será de aplicación aos niveis 14, 16 e 20 que teñan un complemento específico superior obtido mediante acordos anteriores; serán de aplicación os seguintes importes:
|
Complemento específico |
|
|
Nivel |
Contía mensual (euros) |
|
20 |
598,94 |
|
16 |
527,05 |
|
14 |
503,06 |
ANEXO V
Inspectores/as de educación, profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e idiomas
1º. Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico.
|
Denominación posto |
Grupo/subgrupo |
Nivel do complemento de destino |
Compoñente xeral do complemento específico (euros/mes) |
|
Inspectores/as de educación |
A1 |
26 |
871,94 |
|
Catedráticos/as de música e artes escénicas e catedráticos/as de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño |
A1 |
26 |
805,19 |
|
Profesores/as de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas |
A1 |
24 |
745,39 |
|
Profesores/as técnicos de formación profesional e mestres/as de taller de artes plásticas e deseño |
A2 |
24 |
745,39 |
|
Mestres/as |
A2 |
21 |
745,39 |
2º. Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:
Un. Desempeño de órganos de goberno unipersoais.
|
Cargos académicos |
Tipo de centros |
Centros de educación secundaria, formación profesional e asimilados (euros/mes) |
Centros de educación infantil, primaria, especial e asimilados (euros/mes) |
|
Director/a |
A |
799,57 |
662,51 |
|
B |
694,26 |
603,50 |
|
|
C |
632,26 |
447,82 |
|
|
D |
576,17 |
341,53 |
|
|
Vicedirector/a |
A |
374,15 |
|
|
B |
367,68 |
|
|
|
C |
276,19 |
|
|
|
D |
243,53 |
|
|
|
Xefe/a de estudos |
A |
374,15 |
256,61 |
|
B |
367,68 |
243,53 |
|
|
C |
276,19 |
237,00 |
|
|
D |
243,53 |
184,75 |
|
|
Secretario/a |
A |
374,15 |
256,61 |
|
B |
367,68 |
243,53 |
|
|
C |
276,19 |
237,00 |
|
|
D |
243,53 |
184,75 |
Dous. Desempeño de postos de traballo docentes singulares.
|
Posto |
Euros/mes |
|
Institutos de educación secundaria e centros públicos integrados: |
|
|
– Xefatura de departamento |
79,39 |
|
– Coordinador/a de formación en centros de traballo |
79,39 |
|
Centros integrados de formación profesional: |
|
|
– Xefatura de departamento |
79,39 |
|
– Coordinador/a de formación en centros de traballo |
79,39 |
|
– Coordinador/a de emprendemento |
79,39 |
|
– Coordinador/a de programas internacionais |
79,39 |
|
– Coordinador/a de tecnoloxías da información e comunicación |
79,39 |
|
– Coordinador/a de innovación e formación do profesorado |
79,39 |
|
– Coordinador/a de biblioteca de centro integrado |
79,39 |
|
– Coordinador/a de residencia |
79,39 |
|
Centros de educación infantil e primaria e centros de primaria: |
|
|
– Xefatura de departamento de orientación |
79,39 |
|
Escolas oficiais de idiomas, escolas de artes aplicadas e conservatorios de música e danza: |
|
|
– Xefatura de departamento |
79,39 |
|
Centros residenciais docentes: |
|
|
– Xefatura de residencias |
374,15 |
|
– Director/a de residencias |
79,39 |
|
Responsable de menos de tres (3) unidades en centros de educación infantil e primaria |
119,39 |
|
Membros/as dos equipos de orientación específicos |
374,15 |
|
CAFI e Cefores: |
|
|
– Dirección |
694,26 |
|
– Asesor/a |
374,15 |
|
Asesor/a técnico/a docente |
374,15 |
|
Profesor/a de colexios rurais agrupados: |
79,39 |
|
Profesorado que imparte docencia en centros específicos de ensinanzas de adultos |
79,39 |
|
Coordinador/a d equipo de dinamización da lingua galega |
79,39 |
Tres. Por función de inspección educativa.
|
Posto |
Euros/mes |
|
Inspector/a xefe/a provincial |
1.161,18 |
|
Inspector/a coordinador/a de sector |
915,06 |
|
Inspector/a de educación |
879,11 |
3º. O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos/das funcionarios/as de carreira docentes é o seguinte:
|
Período |
Euros/mes |
|
Primeiro |
85,02 |
|
Segundo |
109,31 |
|
Terceiro |
145,76 |
|
Cuarto |
206,46 |
|
Quinto |
60,71 |
4º. O importe mensual do compoñente do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes é o seguinte:
|
Concepto |
Euros/mes |
|
Titoría e outras funcións docentes |
62,63 |
5º. Consolidación parcial do complemento específico dos/das directores/as dos centros escolares públicos.
A porcentaxe de consolidación con referencia ao importe do compoñente singular por tarefas de dirección, segundo o período de tempo de permanencia no posto, será, de forma acumulativa, a seguinte:
– Primeiros catro anos de permanencia: 25 %.
– Segundos catro anos de permanencia: 15 %.
– Terceiros catro anos de permanencia: 20 %.
O total acumulado destas porcentaxes non poderá exceder o 60 %.
6º. Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes:
As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste anexo, recoñecidos expresamente pola normativa vixente, serán as mesmas que as vixentes en 31 de decembro de 2024.
ANEXO VI
Descontos
Cotas mensuais de cotización á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado e á Mutualidade Xeral Xudicial, correspondentes ao tipo do 1,69 %.
|
Grupo/subgrupo (ou asimilados) |
Cota mensual (*) (euros) |
|
A1 |
51,68 |
|
A2 |
40,68 |
|
B |
35,62 |
|
C1 |
31,24 |
|
C2 |
24,72 |
|
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais |
21,07 |
(*) Nos meses de xuño e decembro aboarase para todos/as os/as funcionarios/as cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro, número 3, desta orde.
Cotas mensuais de dereitos pasivos dos/das funcionarios/as civís do Estado e do persoal ao servizo da Administración de xustiza, correspondentes ao 3,86 % do haber regulador.
|
Grupo/subgrupo (ou asimilados) |
Cota mensual (*) (euros) |
|
A1 |
118,04 |
|
A2 |
92,90 |
|
B |
81,35 |
|
C1 |
71,35 |
|
C2 |
56,45 |
|
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais |
48,13 |
(*) Nos meses de xuño e decembro aboarase para todos/as os/as funcionarios/as cota dobre, agás nos casos previstos na instrución cuarta, punto 3, desta orde.
ANEXO VII
Retribucións do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único
|
Táboa salarial por grupos |
|||
|
Grupo |
Contía soldo mensual (euros) |
Contía adicional paga extraordinaria equivalente ao complemento de destino articulo 12. un da Lei 16/2008, do 23 de decembro |
Contía adicional equivalente ao complemento específico |
|
Xuño/Decembro |
Xuño/Decembro |
||
|
I. Titulado/as superiores |
2.136,60 |
526,09 |
586,89 |
|
II. Titulados/as de grao medio |
1.783,87 |
418,69 |
517,31 |
|
III. Especialistas e encargados/as (categorías 1 a 59) |
1.498,71 |
418,69 |
517,31 |
|
III. Especialistas e encargados/as (categorías 60 en diante) |
1.432,30 |
364,97 |
494,10 |
|
IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª |
1.213,68 |
311,19 |
470,94 |
|
V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servizos específicos non titulados |
1.087,84 |
257,49 |
447,72 |
|
Complementos salariais |
Euros/mes |
|
Trienio |
34,14 |
|
Especial dedicación |
50,04 |
|
Complemento de perigo |
93,98 |
|
Complemento de toxicidade |
93,98 |
|
Complemento de penosidade |
93,98 |
|
Complemento de dispoñibilidade horaria |
469,91 |
|
Complemento de funcións |
185,23 |
|
Persoal directivo. Retribucións mensuais fixas máximas por niveis |
|||||
|
Grupos |
Nivel 1 |
Nivel 2 |
Nivel 3 |
Nivel 4 |
Nivel 5 |
|
Grupo 1 |
7.137,31 |
6.229,21 |
5.510,20 |
4.930,72 |
4.260,84 |
|
Grupo 2 |
6.229,21 |
5.510,20 |
4.930,72 |
4.260,84 |
|
|
Grupo 3 |
5.510,20 |
4.930,72 |
4.260,84 |
|
|
|
Grupo 4 |
4.930,72 |
4.260,84 |
|
|
|
ANEXO VII bis
Retribucións adicionais. Complemento de desempeño
|
Grupo |
Importe mensual (en euros) (*) |
Importe anual (en euros) |
|
I. Titulados/as superiores |
231,12 |
2.773,44 |
|
II. Titulados/as de grao medio |
161,75 |
1.941,00 |
|
III. Especialistas e encargados/as (categorías 1 a 59) |
104,32 |
1.251,84 |
|
III. Especialistas e encargados/as (categoría 60 en diante) |
104,32 |
1.251,84 |
|
IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais/as de 2ª |
88,55 |
1.062,60 |
|
V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servizos específicos non titulados |
71,54 |
858,48 |
