DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5887

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2025 pola que se notifican os informes de control de monitorización correspondentes á campaña 2023.

Mediante a Orde do 15 de marzo de 2023 (DOG núm. 55, do 20 de marzo) a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control no ano 2023.

O artigo 17 da orde dispón que os informes de control de expedientes suxeitos a control mediante monitorización notificaranse conforme o indicado no artigo 26, que indica que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. O artigo 45.1 da citada lei permite a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia cunha ligazón a páxina web do Fogga.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes dos informes de control mediante monitorización citados na Orde do 15 de marzo de 2023. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/monitorizacion

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas os informes indicados mediante a aplicación para teléfonos móbiles «Sga@pp», dispoñible en Google Play ou en App Store, e no «Portal de axudas PAC» a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días a partir do día seguinte ao desta publicación para formular as alegacións ou presentar os documentos ou xustificacións que xulguen pertinentes, consonte co que dispón o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento de administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria