DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6902

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 9 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado por Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 1 de febreiro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:

– Salón de actos.

– Aula 1.

– Aula 9.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, de lapis de número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal