Na sesión que tivo lugar o 10 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de novembro de 2024 (DOG número 220, do 14 de novembro, con corrección de erros no DOG número 222, do 18 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 222, do 22 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o 1 de febreiro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
Luz Aguiar Vale
Presidenta do tribunal
