DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7428

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto
Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2024

Título convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
sinatura

Addenda para a modificación do acordo da Comisión Bilateral celebrado o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana núcleo urbano de Quiroga (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación e de edificación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir:

25 rehabilitación+ 20 redistribución= 45

1 edificación -1 redistribución= 0

Sen achega

2.9.2024

Addenda para a modificación do acordo da Comisión Bilateral realizada o 26 de outubro de 2018, relativo á area de rexeneración e renovación urbana núcleo de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir:

Nº vivendas acordo 26.10.2018= 4

Nº vivendas acordo 21.11.2022= 7

+3 Redistribución

Nº vivendas acordo 2.9.2024= 10

Sen achega

2.9.2024

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas de Pontevedra. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir:

8ª fase: 23 rehabilitación+ 10 redistribución= 33

3ª fase: 35 rehabilitación+20 redistribución = 55

9ª fase: 28 rehabilitación+20 redistribución= 48

Sen achega

3.9.2024