Expediente: IN407A 2022/372-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT A Granxa.
Concello: Vilanova de Arousa.
Feitos:
1. O 29.9.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMT, CT A Granxa.
2. O expediente foi tramitado segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
Tras a tramitación correspondente, o 22.12.2022, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ditou unha resolución de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/372-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de xaneiro de 2023, coas seguintes características técnicas:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV con condutor tipo RHZ1, 806 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9RNRIVM3, C-2000-18, da LMTA CBD804, no cal se realiza un paso aerosubterráneo e se instala un interruptor telecontrolado, e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación con 160 kVA, con R.T. 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36061A019005460000LF, no lugar da Granxa, no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
3. O 6.2.2024, por problemas de permisos, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública para a instalación LMT, CT A Granxa (expediente IN407A 2022/372).
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 5 de abril de 2024, publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 29.4.2024.
Xornal Faro de Vigo: 18.4.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello de Vilanova de Arousa desde o 30.4.2024 ata o 14.6.2024, segundo certificado emitido polo propio Concello.
Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
5. Mediante escritos do 5.8.2024, deuse trámite de audiencia a aquelas persoas identificadas e titulares das parcelas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública que figuran na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 3 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Vilanova de Arousa.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Cardalda-Deiro |
Rústico |
36061A019005460000LF |
Manuel Calo Gabino e Juan Carro Toures |
14,97 |
2,17 |
8,91 |
