En virtude do establecido no artigo 16.2 dos estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, aprobados polo Decreto 81/2017, do 3 de agosto, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Economía e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de xaneiro de dous mil vinte e cinco,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Jacobo José Aboal Viñas como director da Axencia Galega da Industria Forestal, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e sete de xaneiro de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria
