Consonte o previsto na disposición adicional segunda do Regulamento do Dominio Público Hidráulico, Augas de Galicia, de acordo co artigo 254 bis.3 do mesmo regulamento, elaborou o inventario de aglomeracións urbanas que deben realizar os plans integrais de xestión do sistema de saneamento no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, de acordo co artigo 259 quinquies 2.b) e c). Este inventario reflicte igualmente as aglomeracións urbanas de máis de 50.000 habitantes que deben realizar estes plans.
O inventario someteuse a información pública durante o prazo dun mes no portal da Internet de Augas de Galicia, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro de 2024.
Visto que non se recibiron alegacións durante o período de información pública, a dirección de Augas de Galicia, mediante a Resolución do 10 de xaneiro de 2025 resolveu aprobar o mencionado inventario, cuxo texto está dispoñible no portal web desta entidade na seguinte ligazón:
https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Planificacion_do_saneamento?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/plans-integrais-xestion-sistema-saneamento/seccion.html&std=inventario-aglomeracions-urbanas.html
Este anuncio produce os efectos de notificación, consonte os artigos 40 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
