
A Orde do 2 de xaneiro de 2024 estableceu as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocounas para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).
Unha das liñas de axuda establecidas é a correspondente aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais, subintervención 68411_04 Pequenas explotacións, código de procedemento MR405E. A axuda concederase pola execución do plan que contribúa á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, así como a promover o desenvolvemento sostible e a xestión eficiente dos recursos naturais, e estará destinada ao financiamento dos investimentos. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo dun 75 % segundo o establecido no artigo 30 da orde de convocatoria, sen que a axuda total supere os 10.000 euros.
A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva.
De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas as solicitudes polo Servizo de Explotacións Agrarias de cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, é informado o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes, segundo o previsto no artigo 6 das bases reguladoras. Este órgano aplica os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias. Vista esta, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería, resolve a convocatoria.
Por outra banca, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións para os investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais, subintervención 68411_04 Pequenas explotacións, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G). Esta orde publicouse no DOG do 22 de xaneiro de 2024.
Os expedientes aprobados constan nos anexo I e II, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e de preferencia establecidos no anexo VIII da convocatoria, pola contías que se reflicten no anexo II, e con cargo á aplicación 14.04.712B 772.0 e proxecto 2024 00097 para as axudas prevista aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais, subintervención 68411_04 Pequenas explotacións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024, 2025 e 2026.
Esta axuda ten por finalidade contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, entre otras cousas reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como a promover a enerxía sustentable e o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos naturais, como a auga, o solo e o aire.
Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo III por non acadar a puntuación mínima de 4 puntos e, polo menos, dous criterios, necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no anexo VIII da orde), ou por non cumprir os requisitos exixidos (como se establece no artigo 26).
Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I e II desta resolución do seguinte:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 2 de xaneiro de 2024 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.
b) Non se admitirán modificacións dos investimentos aprobados nin do calendario e datas máximas de xustificación establecidas, salvo nos casos e condicións admitidos nos artigos 9 e 20 da Orde do 2 de xaneiro de 2024.
c) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.
d) Para efectuar o pagamento da subvención, a persoa beneficiaria deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 2 de xaneiro de 2024 e presentar a documentación indicada no seu artigo 31.
e) Se a persoa beneficiaria da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, ao executar e xustificar o seu plan de mellora aprobado no prazo establecido, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 12 da Orde do 2 de xaneiro de 2024, relativo a incumprimentos.
f) A actividade agraria na explotación, así como os investimentos cofinanciados, deberán manterse durante un período de cinco anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes, conforme o establecido no artigo 26.1 da orde de convocatoria.
g) Conforme o disposto no artigo 3 da orde de convocatoria, o beneficiario da axuda deberá dispor dunha contabilidade específica Feader para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.
h) Estas axudas proceden do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 e están cofinanciadas con fondos da Unión Europea a través do Feader, do seguinte xeito:
Intervención 68411, axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais:
– Subintervención 68411_04 Pequenas explotacións. Cofinanciada nun 60 % polo fondo Feader.
i) As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.
No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.
j) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 15 da orde de convocatoria.
Cuarto. Os solicitantes relacionados nos anexos I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada na súa Carpeta cidadá.
Quinto. Unha vez notificada a resolución de aprobación da axuda polo órgano competente, os/as interesados/as propostos/as como beneficiarios/as disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producira manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Sexto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
