DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Páx. 7905

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións para investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, pequenas explotacións, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

missing image file

A Orde do 2 de xaneiro de 2024 estableceu as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocounas para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

Unha das liñas de axuda establecidas é a correspondente aos investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, subintervención 68412_03 Pequenas explotacións, código de procedemento MR405G. A axuda concederase pola execución dun plan que mellore o rendemento global da explotación e aumente a súa competitividade, e estará destinada ao financiamento dos investimentos. O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo dun 65 % segundo o establecido no artigo 36 da orde de convocatoria, sen que a axuda total supere os 75.000 euros.

A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, que producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas as solicitudes por cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, é informado o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes, segundo o previsto no artigo 6 das bases reguladoras. Este órgano aplica os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias. Vista esta, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería, resolve a convocatoria.

Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario/a, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para os investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, subintervención 68412_03 Pequenas explotacións, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G). Esta orde publicouse no DOG do 22 de xaneiro de 2024.

Os expedientes aprobados constan no anexo II, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e de preferencia establecidos no anexo VIII da convocatoria, cuxo resultado se amosa no anexo I, polas contías que se reflicten no anexo II e con cargo á aplicación 14.04.712B 772.0 e proxecto 2024 00119 para as axudas previstas ao investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, subintervención 68412_03 Pequenas explotacións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024, 2025 e 2026.

Esta axuda ten por finalidade mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividad das explotaciones agrícolas a curto e longo prazo.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo III por non acadar a puntuación mínima de 4 puntos e, polo menos, dous criterios, necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no anexo VIII da orde), e no anexo IV por non cumpriren os requisitos exixidos (como se establece no artigo 32).

Terceiro. Informar as persoas beneficiarias que figuran no anexo II desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 2 de xaneiro de 2024 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Non se admitirán modificacións dos investimentos aprobados nin do calendario e datas máximas de xustificación establecidas, salvo nos casos e condicións admitidos nos artigos 9 e 20 da Orde do 2 de xaneiro de 2024.

c) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

d) Para efectuar o pagamento da subvención, a persoa beneficiaria deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 2 de xaneiro de 2024 e presentar a documentación indicada no seu artigo 37.

e) Se a persoa beneficiaria da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, ao executar e xustificar o seu plan de mellora aprobado no prazo establecido, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 12 da Orde do 2 de xaneiro de 2024, relativo a incumprimentos.

f) A actividade agraria na explotación, así como os investimentos cofinanciados, deberán manterse durante un período de cinco anos, desde o pagamento final ao/a beneficiario/a, ou de 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes, consonte o establecido no artigo 32.1 da orde de convocatoria.

g) Conforme o disposto no artigo 3 da orde de convocatoria, o/a beneficiario/a da axuda deberá dispor dunha contabilidade específica Feader para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

h) Estas axudas proceden do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 e están cofinanciadas con fondos da Unión Europea a través do Feader do seguinte xeito:

Intervención 68412 Axudas aos investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias:

– Subintervención 68412_03 Pequenas explotacións. Cofinanciada nun 60 % polo fondo Feader.

i) As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) 2021/2116, do 2 de decembro, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.

No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.

j) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 15 da orde de convocatoria.

Cuarto. Os solicitantes relacionados no anexo II disporán de información máis detallada da axuda aprobada na súa Carpeta cidadá.

Quinto. Unha vez notificada a resolución de aprobación da axuda polo órgano competente, as persoas interesadas propostos como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sexto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Priorización (de expedientes aprobados e expedientes denegados por priorización)

Orde

Expediente

NIF

Persoa beneficiaria

Puntuación con criterios de prioridade

G a

G b

G c

G d

G e

G f

G g

G h

G i

G j

LAU2

Data e hora de rexistro

1

27/00009/24/G

***4492**

Ganadería Abuín Corredoira, S.C.

13

0

4

0

0

3

2

2

2

0

0

3

02.04.2024

18:32:15

2

27/00003/24/G

***7290**

Belén Fernández Rois

13

0

4

0

0

3

2

2

2

0

0

3

22.04.2024

14:43:20

3

36/00003/24/G

***6986**

Cecilia Portela Martínez

11

0

4

0

0

3

0

2

2

0

0

3

19.04.2024

22:00:28

4

36/00005/24/G

***1799**

Integralplant Baixo Miño, S.L.

9

5

0

0

0

0

2

2

0

0

0

3

11.03.2024

15:40:33

5

27/00010/24/G

***3825**

Monserrat Lorenzo Veiga

9

0

0

0

0

3

2

2

2

0

0

3

16.04.2024

16:39:29

6

27/00008/24/G

***9539**

Alba Daniela Hernández Buitrago

8

0

0

3

0

3

2

0

0

0

0

3

22.03.2024

13:01:11

7

15/00002/24/G

***6841**

Carmen Rey Mosquera

7

0

0

0

0

3

2

2

0

0

0

3

17.04.2024

16:07:33

8

27/00615/24/G

***2010**

María de los Ángeles Barreiro Irimia

7

0

0

0

0

3

0

2

2

0

0

3

08.04.2024

09:51:30

9

32/00004/24/G

***9571**

Viñedos Hermanos Murciego López, S.L.

5

0

0

3

0

0

2

0

0

0

0

3

25.03.2024

13:16:14

10

15/00003/24/G

***8940**

Cosme Pico Blanco

3

0

0

3

0

0

0

0

0

0

0

3

19.04.2024

10:06:35

ANEXO II

Expedientes aprobados

Orde

Expediente

NIF

Persoa beneficiaria

Investimentos

Detalle de incrementos da axuda (%)

Cálculo da axuda

Condicións da axuda (€)

Prazo*

Orzamento solicitado

Investimento auxiliable

% básica

Muller

Explotación ecolóxica

Mozo

Montaña-Rede Natura

% total

Limitacións por

explotación intensiva

Axuda sobre maquinaria*

Axuda sobre total*

Subvención concedida importe

Maquinaria

Non maquinaria

Total

1

27/00009/24/G

***4492**

Ganadería Abuín Corredoira, S.C.

32.051,00

7.750,00

23.589,00

31.339,00

30

5

10

0

0

45

Non hai limitación

3.487,50

14.102,55

14.102,55 €

24

2

27/00003/24/G

***7290**

Belén Fernández Rois

58.428,16

0

58.428,16

58.428,16

30

5

10

0

0

45

Non hai limitación

Non aplica

26.292,67

26.292,67 €

24

3

36/00003/24/G

***6986**

Cecilia Portela Martínez

36.257,68

0

32.669,68

32.669,68

30

5

10

0

0

45

Non hai limitación

Non aplica

14.701,36

14.701,36 €

6

4

36/00005/24/G

***1799**

Integralplant Baixo Miño, S.L.

213.319,04

0

51.536,26

51.536,26

30

0

0

0

10

40

Limítase a 30 %

Non aplica

15.460,88

15.460,88 €

12

5

27/00010/24/G

***3825**

Monserrat Lorenzo Veiga

13.417,36

10.556,63

0

10.556,63

30

5

0

0

0

35

Non hai limitación

3.694,82

3.694,82

3.694,82 €

24

6

27/00008/24/G

***9539**

Alba Daniela Hernández Buitrago

14.975,00

0

14.974,40

14.974,40

30

5

0

0

10

45

Non hai limitación

Non aplica

6.738,48

6.738,48 €

12

7

15/00002/24/G

***6841**

Carmen Rey Mosquera

25.984,00

15.704,00

0

15.704,00

30

5

0

0

0

35

Non hai limitación

5.496,40

5.496,40

5.496,40 €

12

8

27/00615/24/G

***2010**

María de los Ángeles Barreiro Irimia

43.652,00

8.600,00

16.907,00

25.507,00

30

5

0

0

0

35

Non hai limitación

3.010,00

8.927,45

8.927,45 €

24

9

32/00004/24/G

***9571**

Viñedos Hermanos Murciego López, S.L.

54.695,05

39.269,95

4.925,62

44.195,57

30

0

0

10

10

50

Non hai limitación

19.634,98

22.097,79

22.097,79 €

24

Criterios

Descrición

G_a

Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa moza agricultora (simultaneamente solicita a axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras: 10 puntos. Ten unha axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras concedida nas últimas 5 convocatorias: 5 puntos).

G_b

Proxecto de modernización da explotación vinculado con investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: 10 puntos.

G_c

Explotación vinculada ao establecemento de persoas novas agricultoras, no caso das persoas xurídicas, en que polo menos a metade dos seus socios sexan persoas novas agricultoras: simultaneamente solicita a axuda 69612 Establecemento de novos agricultores ou ten esta axuda concedida nas últimas cinco convocatorias: 10 puntos.

G_d

Explotación ecolóxica rexistrada como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 4 puntos.

G_e

Explotación agraria rexistrada na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 3 puntos.

G_f

Localización da explotación nunha zona de montaña: 3 puntos.

G_g

Explotación de titularidade compartida, inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 3 puntos.

G_h

Titular de explotación muller, no caso das persoas xurídicas, en que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 3 puntos.

G_i

Explotación cunha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM/ha segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou explotación agrícola especializada en produción vexetal: 2 puntos.

G_j

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña: 2 puntos.

Notas*

Descrición

Axuda sobre maquinaria*

No caso de que o importe da «axuda sobre maquinaria» supere os 22.500 €, só se terá en conta o importe de 22.500 €.

Axuda sobre total*

No caso de que o importe da «axuda sobre total» supere os 75.000 €, só se terá en conta o importe de 75.000 €.

Prazo*

Prazo máximo para executar e solicitar o pagamento, en meses, contado desde a concesión da axuda.

ANEXO III

Expedientes denegados por priorización

Orde

Código do expediente

NIF

Persoa beneficiaria

Motivo de denegación: non cumprir

1

15/00003/24/G

***8940**

Cosme Pico Blanco

Acadar puntuación suficiente segundo os criterios de prioridade establecidos no anexo VIII (art. 17 da Orde do 2.1.2024).

ANEXO IV

Expedientes denegados por outros motivos

Orde

Código do expediente

NIF

Persoa beneficiaria

Motivo de denegación: non cumprir

1

15/00005/24/G

***6252**

Celsa Novoa Rodríguez

Solicitar o investimento subvencionable mínimo, 5.000 euros (art. 33.3.b) da Orde do 2.1.2024), Os investimentos da solicitude serán Investimentos subvencionables (art. 33.1 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

2

15/00007/24/G

***3616**

Laura Martínez Castro

Posuír a capacitación profesional suficiente (art. 32.1.c) da Orde do 2.1.2024).

3

15/00008/24/G

***3201**

Adriana Regueira Míguez

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20 % da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024), A actividade principal será a agraria (art. 32.1.d) da Orde do 2.1.2024).

4

15/00009/24/G

***6708**

Miguel Ángel Fariñas García

Solicitar o Investimento subvencionable mínimo, 5.000 euros (art. 33.3.b) da Orde do 2.1.2024).

5

15/00010/24/G

***1806**

Adrián Soutullo Pandelo

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20 % da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

6

27/00001/24/G

***0337**

José Marqués Rodríguez

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20 % da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

7

27/00004/24/G

***6783**

María Luisa Fernández Díaz

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20 % da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

8

27/00006/24/G

***9419**

Casa Félix, S.C.

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20% da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

9

27/00011/24/G

***6502**

Isabel Bouzas Arias

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20% da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

10

27/00012/24/G

***4458**

Óscar Seren López

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20% da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).

11

32/00002/24/G

***3140**

Joaquín Manuel Sierra Fernández

Ter efectuado os investimentos con posterioridade á data de presentación da solicitude, agás os gastos xerais dos proxectos (art. 16 da Orde do 2.1.2024), que a actividade principal sexa agraria (art. 26.d) da Orde de convocatoria e disposición adicional primeira: art. 4.2.a) do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello).

12

36/00002/24/G

***9416**

Multiplant Tebra, S.L.

Ser pequena explotación, cunha renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 20 % da renda de referencia anual e inferior ao 35 % dela) (art. 2.6 e 33.2 da Orde do 2.1.2024).