A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 3.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento sinala que a consellería competente en materia de pesca nomeará un secretario que actuará con voz pero sen voto.
Pola súa banda, o artigo 5.2 do Decreto 41/2005 dispón que as vacantes que se produzan no Consello de Administración deberán ser cubertas dentro do mes seguinte á data da vacante que se tivese producido, polo procedemento previsto en cada caso.
Mediante o Decreto 195/2024, do 27 de decembro, dispúxose o cesamento por petición propia, de Antonio Basanta Fernández como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento de Antonio Basanta Fernández como secretario do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar
