DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2025 Páx. 9080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional do ano 2019 e de grao II do sistema de carreira/complemento de desempeño do ano 2022, realizadas fóra de prazo durante o ano 2024, e se procede á súa notificación.

Antecedentes:

1. Na actualidade, o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

2. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, mediante a modificación operada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estableceu a existencia dun sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, complementario ao grao persoal, mentres non se desenvolva o sistema de carreira profesional previsto no artigo 77 da dita lei e que quedou configurado como unha retribución adicional ao complemento de destino.

3. O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realiza un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional. Esta denominación puido levar a confusión, ben que realmente este acordo pretendía posibilitar a implantación do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa previsto na dita disposición transitoria e non no artigo 77 do mesmo texto legal.

4. Mediante a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de marzo de 2019, publicouse o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo). De novo, cómpre facer constar que erroneamente se emprega a terminoloxía de carreira profesional cando realmente se está a desenvolver o sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa.

5. O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo.

6. Para a presentación de solicitudes establecíanse dous procedementos:

a) Persoal laboral con acceso ao Portax, https://portax.xunta.es

b) Persoal laboral sen acceso ao Portax, https://portax.xunta.es, debía solicitar o acceso cubrindo o modelo e enviaríaselle un PIN para o acceso.

7. Porén, tamén foron numerosas as solicitudes que non foron presentadas a través do método anterior, senón directamente a través do rexistro electrónico mediante unha solicitude manuscrita ou mecanizada ou mediante o modelo xenérico PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta.

8. A Xunta tramitou todas as solicitudes recibidas, independentemente de se se recibiron a través do Portax ou do rexistro electrónico.

9. Unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de solicitudes, pechouse o acceso a Portax, polo que ningún tipo de persoal podía usar esta vía para facer a solicitude de carreira nos anos 2020, 2021 e nos once primeiros meses de 2022, datas en que tampouco se abriu ningunha convocatoria nova. A partir do ano 2022, as solicitudes pasan a tramitarse a través de Fides.

10. Posteriormente, distintos pronunciamentos xudiciais anulan as ordes anteriormente indicadas.

11. Estas sentenzas motivaron a sinatura de catro novos acordos para implantar o complemento de carreira para o persoal funcionario ou persoal laboral que se puidese funcionarizar ou o complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia que non se puidese funcionarizar.

12. Estes catro novos acordos son:

• Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

• Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

• Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CSIF para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

• Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

13. As devanditas convocatorias referidas ás ordes do 25.11.2022 establecían un prazo para a presentación de solicitudes do 2.12.2022 ao 26.12.2022.

14. No ano 2024 abriuse outra convocatoria para o persoal funcionario e para o persoal laboral a través das seguintes ordes:

• Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

• Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

Consideracións legais e técnicas:

1. O réxime extraordinario de acceso ao grao I da carreira profesional do persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia foi regulado mediante a Orde do 28 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de marzo. Este texto establecía un prazo improrrogable de catro meses para a presentación das solicitudes de recoñecemento, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme o artigo 7 da citada orde.

2. Este prazo rematou o 29 de xullo de 2019. As solicitudes que se presenten fóra deste período deben considerarse extemporáneas, xa que non cumpren os requisitos esenciais establecidos na norma que configura o dereito reclamado. A observancia do prazo é unha condición indispensable para a validez da solicitude e non pode ser modulada nin flexibilizada pola Administración.

3. A pesar das resolucións xudiciais posteriores que declararon contrarias a dereito determinadas exclusións recollidas na Orde do 28 de marzo de 2019, tales sentenzas non cuestionaron nin anularon a exixencia do prazo establecido para a presentación de solicitudes. En consecuencia, a previsión dun prazo de catro meses segue sendo plenamente válida e aplicable.

4. A presentación dunha solicitude fóra de prazo non pode considerarse como un simple defecto emendable, xa que afecta a configuración mesma do dereito. A normativa aplicable non recolle ningunha excepción ao cumprimento do prazo, nin se produciu ningunha circunstancia que xustifique a súa inaplicación. Neste sentido, non cabe invocar preceptos sobre prescrición ou interrupción de prazos, ao tratarse dun termo perentorio expresamente fixado pola norma reguladora do procedemento.

5. En virtude do anterior, declárase a inadmisibilidade das solicitudes presentadas fóra do prazo establecido pola Orde do 28 de marzo de 2019, xa que a súa extemporaneidade impide o recoñecemento do dereito solicitado. Esta resolución responde á necesidade de garantir a seguridade xurídica e o respecto aos principios de igualdade e legalidade na xestión dos procedementos administrativos.

6. A mesma consideración faise en relación coas solicitudes presentadas fóra do prazo establecido polas ordes do 25 de novembro de 2022.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

RESOLVE:

1. Inadmitir as solicitudes de recoñecemento do grao I da carreira profesional do persoal funcionario e laboral que fosen presentadas fóra do prazo de catro meses establecido pola Orde do 28 de marzo de 2019, relacionadas no anexo.

2 Inadmitir as solicitudes de recoñecemento do grao II da carreira profesional/complemento de desempeño do persoal funcionario e laboral que fosen presentadas fóra do prazo de 15 días hábiles establecido pola Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, e a Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, relacionadas no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o recurso que proceda conforme a normativa:

O persoal funcionario poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

O persoal laboral poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer demanda ante a xurisdición social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal

ANEXO

Núm.

NIF

Nome

Data da solicitude

Graos solicitados

1

***6390**

Fernando Marchena Corredera

15.10.2024

I 2019 e II 2022

2

***7191**

Josefa Rivas Bouzo

5.11.2024

I 2019

3

***8698**

María Isabel Bóveda Siota

7.11.2024

I 2019

4

***7625**

María Socorro Blanco Novoa

7.11.2024

I 2019

5

***0793**

Segunda Gómez Simón

7.11.2024

I 2019

6

***4273**

María Carmen López Vázquez

7.11.2024

I 2019

7

***2194**

María Pilar González Viana

12.11.2024

I 2019

8

***2744**

Alfonso Diéguez Batán

27.11.2024

I 2019

9

***4535**

María Jesús Veiga Pérez

9.12.2024

I 2019 e II 2022

10

***3106**

Nicolás Pombo Alonso

10.12.2024

I 2019 e II 2022

11

***3697**

Isabel Souto Capón

13.12.2024

I 2019 e II 2022

12

***5634**

María Carmen Sánchez Rodríguez

13.12.2024

I 2019 e II 2022

13

***3788**

Rubén Doval Santos

13.12.2024

I 2019 e II 2022

14

***2892**

Ricardo Trabadelo López

16.12.2024

I 2019 e II 2022

15

***4869**

María Pilar Chao Blanco

16.12.2024

I 2019

16

***8163**

Iván López Gorgoso

16.12.2024

I 2019 e II 2022

17

***1859**

María Eulalia Castro Antelo

16.12.2024

I 2019 e II 2022

18

***0759**

María Elena Fernández Fernández

17.12.2024

I 2019 e II 2022

19

***0917**

María Luisa Ramos Bolaño

17.12.2024

I 2019 e II 2022

20

***4536**

María Delia Alonso Cora

17.12.2024

I 2019 e II 2022

21

***5465**

María del Carmen García Gómez

18.12.2024

I 2019 e II 2022

22

***9221**

María Belén Pérez López

18.12.2024

I 2019 e II 2022

23

***7386**

Antonio López Iglesias

18.12.2024

I 2019 e II 2022

24

***8646**

Alberto Villaverde Sedano

18.12.2024

I 2019 e II 2022

25

***1647**

Ana María Blanco Freijedo

19.12.2024

I 2019

26

***0761**

Aurelia González López

20.12.2024

I 2019

27

***1301**

Paula María Lorenzo Corgos

20.12.2024

I 2019 e I e II 2022

28

***5871**

María Carmen Edrosa Monteavaro

20.12.2024

I 2019 e I e II 2022

29

***5708**

María Monserrat González Cordo

23.12.2024

I 2019 e I e II 2022

30

***8475**

Piedad Fernández Sotelo

26.12.2024

I 2019 e II 2022

31

***7369**

Rocío Iglesias García

30.12.2024

I 2019