Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do día 17 de xaneiro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 4246, onde di: «https://silex.conselleriadefacenda.es/», debe dicir: «www.conselleriadefacenda.es/silex».
Nas páxinas 4248 e 4249, onde di: «4.4. Polo que respecta á apertura do «Sobre 2», a ausencia ou deficiencia na designación do terreo que se pretende, a falta dalgún dos documentos requiridos para as solicitudes de dereitos mineiros consonte ao establecido nestas bases e segundo o disposto no artigo 18 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e a ausencia de indicación do investimento por cuadrícula ou a indicación dunha contía que non acade o mínimo esixido, suporán a inadmisión da solicitude, do que se deixará constancia con indicación da causa», debe dicir: «4.4. Polo que respecta á apertura do sobre 2, a ausencia ou deficiencia na designación do terreo que se pretende ou a falta dalgún dos documentos requiridos para as solicitudes de dereitos mineiros consonte o establecido nestas bases e segundo o disposto no artigo 18 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, suporán a inadmisión da solicitude, do que se deixará constancia con indicación da causa».
Na páxina 4253, onde di: «https:// www. xunta.gal/proteccion - datos - persoais.», debe dicir: «https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos».
Na páxina 4257, onde di: «Conflict free máximo: 1 punto», debe dicir: «Conflict free».
Na páxina 4258, onde di: «279,203 €», debe dicir: «279,20 €», e onde di: «11,964 €», debe dicir: «11,96 €».
