Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do día 17 de xaneiro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Nas páxinas 4262 e 4263, no anexo I, Dereitos mineiros declarados caducados, deberase corrixir o nome e a extensión dos seguintes dereitos mineiros, que quedarán como segue:
|
Tipo dereito |
Número |
Nome |
Recurso |
Superficie |
Termo municipal |
|
PI |
5176 |
Varenka Olesova II |
Feldespato |
86 P |
Ourol |
|
CE |
4892 |
Nuestra Señora de Itziar |
Baritina |
75 P |
Mondoñedo |
|
CE |
697 |
Sebrán |
Ferro |
12 P |
Ourol |
|
PI |
5189 |
Ampliación a Varenka Olesova II |
Feldespato |
378 P |
Muras, Ourol |
|
PI |
5390.2 |
Elena Fracción 2ª |
Caolín, outros |
3 CM |
Muras |
Na páxina 4263, onde di: «cm», debe dicir: «CM».
Na páxina 4269, onde di: «https://silex.conselleriadefacenda.es/», debe dicir: «www.conselleriadefacenda.es/silex».
Na páxina 4272, onde di: «4.4. Polo que respecta á apertura do «Sobre 2», a ausencia ou deficiencia na designación do terreo que se pretende, a falta dalgún dos documentos requiridos para as solicitudes de dereitos mineiros consonte ao establecido nestas bases e segundo o disposto no artigo 18 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e a ausencia de indicación do investimento por cuadrícula ou a indicación dunha contía que non acade o mínimo esixido, suporán a inadmisión da solicitude, do que se deixará constancia con indicación da causa», debe dicir: «4.4. Polo que respecta á apertura do sobre 2, a ausencia ou deficiencia na designación do terreo que se pretende ou a falta dalgún dos documentos requiridos para as solicitudes de dereitos mineiros consonte o establecido nestas bases e segundo o disposto no artigo 18 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, suporán a inadmisión da solicitude, do que se deixará constancia con indicación da causa».
Na páxina 4276, onde di: «https://www. xunta.gal/proteccion - datos - persoais», debe dicir: «https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos».
Na páxina 4280, onde di: «Conflict free máximo: 1 punto», debe dicir: «Conflict free».
Na páxina 4281, onde di: «279,203 €», debe dicir: «279,20 €», e onde di: «11,964 €», debe dicir: «11,96 €».
