DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2025 Páx. 8867

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 6/2025, do 20 de xaneiro, polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Exposición de motivos

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establece, no punto 1 do seu artigo 10, os catálogos de estradas como os instrumentos públicos que serven para identificar, inventariar, clasificar e, se for o caso, categorizar funcionalmente as estradas das redes de cada Administración titular.

O Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia foi aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 129, do 8 de xullo.

No punto 6 do artigo 10 da dita Lei 8/2013 indícase que terán a consideración de modificación dos catálogos de estradas e dos inventarios de travesías: o cambio de titularidade de estradas, travesías ou treitos delas, segundo os procedementos daquela lei; a construción de novas estradas ou de novos treitos das estradas existentes; a adquisición ou perda da condición de estrada dunha vía pública; a consideración como travesía dun treito de estrada, cando non se tramitase un expediente ao respecto para o seu recoñecemento; o cambio de categoría funcional de estradas, cando non se tramitase un expediente ao respecto; e o resto de supostos previstos regulamentariamente.

A ese respecto, o Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, recolle, no seu artigo 22, supostos de modificación dos catálogos de estradas contidos na Lei 8/2013.

Pola súa parte, o artigo 20.bis do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, desenvolve o procedemento de tramitación dos catálogos de estradas e das súas modificacións.

Finalmente, o punto 3 do artigo 10 da dita Lei 8/2013 establece que as respectivas modificacións do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia serán aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, mediante decreto.

O procedemento de aprobación dos catálogos de estradas e das súas modificacións desenvólvese no artigo 21 do Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Desde a última modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobada polo Decreto 30/2023, do 30 de marzo, identificáronse dúas vías publicas de titularidade autonómica que son estradas, unha por construción dun novo treito continuación dunha estrada existente e a outra por incorporación dun treito por cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia, que non están incluídas nel.

En consecuencia, para que esas vías públicas adquiran a condición de estradas de titularidade autonómica, é preciso modificar o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, ao abeiro do punto 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Este decreto, polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, tramitouse segundo o procedemento establecido para a modificación dos catálogos de estradas no artigo 20.bis do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil vinte e cinco, ao abeiro da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Modificar o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia do seguinte xeito:

a) Incorporar un novo treito á estrada AG-51, establecendo os datos que o identifican:

Así, substitúese o seguinte treito:

Clave

Denominación

Treito

PQi

PQf

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría
funcional

Clase de estrada

Provincia

AG-51

Saída 291 Lira (A-52) - Plisan

Saída 291 Lira (A-52) - Vales (PO-402)

0+000

2+360

2,36

2,36

Estruturante

Autovía

Pontevedra

Polos seguintes treitos:

Clave

Denominación

Treito

PQi

PQf

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría
funcional

Clase de

estrada

Provincia

AG-51

Saída 291 Lira (A-52) - Plisan

Saída 291 Lira (A-52) - Acceso Plisan

0+000

3+530

3,53

4,53

Estruturante

Autovía

Pontevedra

AG-51

Saída 291 Lira (A-52) - Plisan

Acceso Plisan - Plisan

3+530

4+530

1,00

4,53

Complementaria

Estrada

convencional

Pontevedra

b) Incorporar o treito da estrada AC-12 cedido á Comunidade Autónoma de Galicia pola Administración xeral do Estado mediante o Real decreto 596/2023, do 4 de xullo, establecendo os datos que o identifican:

Clave

Denominación

Treito

PQi

PQf

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de

estrada

Provincia

AC-012

Os Castros (AC-12) - A Pasaxe

Os Castros (AC-12) - A Pasaxe

1+600

4+160

2,56

2,56

Estruturante

Estrada

convencional

A Coruña

2. A documentación completa e actualizada do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia que incorpora os cambios derivados de todas as modificacións e actualizacións posteriores á súa aprobación inicial, incluíndo a aprobada mediante este decreto, está dispoñible no seguinte enderezo da páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas