DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9286

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas ao medio propio:

1. Resolución do 2 de setembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a infraestrutura preventiva no monte veciñal en man común Cruz de Avelá, en Dodro-A Coruña, cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: creación de infraestrutura preventiva contra os incendios forestais mediante faixas auxiliares de pista forestal, mellora de devasas e construción dun sistema de control gandeiro mediante instalación de peches permanentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 8 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos trinta e dous mil catrocentos vinte e sete euros con tres céntimos (232.427,03 €) con cargo á aplicación orzamentaria 45.02.551B.601.1 (código de proxecto 2024 00115).

2. Resolución do 15 de outubro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do servizo de coordinación da seguridade e saúde en actuacións da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal nos anos 2024, 2025, 2026 e 2027.

– Actividade: tarefas de apoio e asesoramento en seguridade e saúde para actuacións como tratamentos silvícolas, mellora de infraestruturas ou recuperación do potencial forestal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da orde de execución e ata o 31 de decembro de 2027.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos noventa e cinco mil seiscentos tres euros con sesenta e seis céntimos (395.603,66 €) con cargo á aplicación orzamentaria 45.03.713B.640.1 (código de proxecto 2011 00977).

3. Resolución do 6 de novembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a restauración de áreas queimadas nos montes Férex Vello, Pousiños e Pousadoiro Pequeno, As Neves, cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: restauración dos danos forestais causados polos incendios mediante tratamentos de conservación de chans, eliminación de restos forestais, reforestación de zonas danadas e restauración da vexetación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos noventa e dous mil cincocentos noventa e catro euros con cincuenta e cinco céntimos (292.594,55 €) con cargo á aplicación orzamentaria 45.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00108).

4. Resolución do 11 de outubro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as obras de roza de camiños na zona de concentración parcelaria de Val-Bermés-Sello (Lalín-Pontevedra).

– Actividade: obras de mellora de 83 camiños na ZCP de Val-Bermés-Sello mediante a roza mecanizada, e puntualmente manual, das marxes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 2 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e oito mil novecentos trece euros con sesenta e dous céntimos (38.913,62 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural