De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:
1. Resolución do 17 de setembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio na realización de traballos de revisión e actualización de bases de datos de titulares de explotacións agropecuarias durante o ano 2024.
– Actividade: labores de apoio para revisión e actualización da información contida nas bases de datos da Consellería do Medio Rural relativa aos axentes e operadores no ámbito agropecuario.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: desde a sinatura da Orde de execución ata o 31 de decembro de 2024.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta mil trescentos noventa e seis euros con trinta e nove céntimos (50.396,39 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).
2. Resolución do 10 de outubro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a actuación de retirada de residuos e acondicionamento de parcela en Muimenta (Cospeito-Lugo).
– Actividade: actuacións de roza e limpeza de accesos, retirada e xestión de residuos, medidas de sinalización e contención, así como restauración paisaxística.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 2 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e tres mil trescentos oitenta e un euros con corenta e oito céntimos (53.381,48 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).
3. Resolución do 6 de novembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a redacción do proxecto de acondicionamento e de construción de infraestruturas no aeródromo de Antela (Ourense).
– Actividade: redacción do proxecto de acondicionamento e de construción de infraestruturas no aeródromo de Antela coa finalidade de adecualo á actual lexislación en materia de aviación civil vixente.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: dende o día seguinte á data da sinatura da acta de inicio, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 31 de decembro de 2024.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte mil catrocentos cincuenta e sete euros con cincuenta e tres céntimos (120.457,53 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).
4. Resolución do 19 de novembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Pontevedra, ano 2024, Fase 3, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
– Actividade: actuacións de roza mecanizada, pase de grada pesada e rolo, encalado, fresado, fertilización e sementeira, e labores de peche perimetral en montes veciñais dos concellos de Tomiño, Crecente e Cerdedo-Cotobade.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitocentos cincuenta e dous mil cen euros con oitenta e tres céntimos (852.100,83 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).
5. Resolución do 19 de novembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Lugo, ano 2024, Fase 2, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
– Actividade: actuacións de decepado, roza mecanizada, gradadura, fertilización e sementeira, peche perimetral, instalación de comedeiros, bebedoiros e de mangas de manexo, ademais de acondicionamento de camiños nos concellos de Abadín, As Nogais, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Xove.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cento trinta e dous mil cento oitenta euros con noventa e cinco céntimos (1.132.180,95 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).
6. Resolución do 19 de novembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Ourense, ano 2024, Fase 2, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
– Actividade: actuacións de decepado, roza mecanizada, gradadura, fertilización e sementeira, peche perimetral, instalación de comedeiros, bebedoiros e de mangas de manexo, ademais de execución de pasos canadenses en varios concellos da provincia de Ourense.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns setenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con cincuenta e sete céntimos (2.073.981,57 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
