O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024, que se incorporan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024
|
Descrición |
Importe |
Data |
|
Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e a Consellería do Mar polo que se aproba o Plan de actuación plurianual 2023-2026 do Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación e do Centro de Referencia Nacional de Acuicultura e Mergullo no ámbito da formación profesional. |
Sen custo económico |
9.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Deputación Provincial de Pontevedra para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado do Igafa no ano 2024. |
Sen custo económico |
10.9.2024 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento, implantación e mantemento dun sistema de información global para o proceso de rexistro e explotación da información recollida polos observadores de a bordo da Unidade Técnica de Baixura (UTPB) do Servizo de Planificación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. |
161.000 € |
16.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura (Cetga) para a participación do Cetga na acción de investigación Diversificación de especies na piscicultura mariña mediante o cultivo do salmonete de rocha. SALROC. |
153.333 € |
25.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para avanzar na loita contra infeccións nos cultivos larvarios de invertebrados mariños, como parte da acción de investigación Implementación de novos métodos de loita biolóxica para a mellora do cultivo de larvas de invertebrados mariños en criadeiro. LOBILAR. |
148.355,58 € |
30.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a participación na acción de investigación Criopreservación de larvas de invertebrados mariños de interese comercial. CRINVERT. |
56.670 € |
3.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do proxecto A calidade do medio mariño litoral e o seu efecto sobre o marisqueo. CALIMAR. |
413.706,50 € |
7.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para a realización do proxecto Modernización da rede de monotorización costeira de parámetros ambientais. REDECOS-FASE2. |
95.600 € |
22.10.2024 |
|
Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de proxectos das tecnoloxías da información e da comunicación que faciliten a aplicación e execución da asistencia técnica no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura. |
199.600 € |
25.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para o estudo dos efectos da carga do cultivo de moluscos sobre as rías galegas. |
410.077,50 € |
4.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do proxecto Obtención de marcadores moleculares de resistencia á salinidade no berberecho (Cerastoderma edule). RESALBER. |
174.210 € |
5.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña para a realización do proxecto Xestión sustentable e baixo un enfoque ecosistémico dos stocks de poliquetos de interese comercial en Galicia: valorización do recurso e avance no coñecemento da súa bioloxía e ecoloxía. POLYCHAETA II. |
99.499,59 € |
8.11.2024 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a entidade pública empresarial Portos de Galicia no ámbito do salvamento marítimo e das emerxencias e continxencias relacionadas coa contaminación no medio mariño. |
Sen custo económico |
12.11.2024 |
|
Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento sustentable do desenvolvemento evolutivo do proxecto Lonxas Galegas 4.0 para a modernización tecnolóxica dos establecementos de primeira venda de produtos do mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). |
473.855 € |
15.11.2024 |
|
Segunda addenda de modificación e prórroga ao convenio polo que o Fondo Español de Garantía Agraria, O.A, en calidade de autoridade de certificación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), encomenda á Comunidade Autónoma de Galicia a xestión de determinadas funcións, na súa condición de organismo intermedio de certificación. |
Sen custo económico |
18.12.2024 |
|
Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para a realización do proxecto Modernización da rede de monitorización costeira de parámetros ambientais. REDECOS-FASE2. |
Sen custo económico |
18.12.2024 |
|
Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento, implantación e mantemento dun sistema de información global para o proceso de rexistro e explotación da información recollida polos observadores de a bordo da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) do Servizo de Planificación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. |
Sen custo económico |
30.12.2024 |
|
Segunda addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento sustentable do desenvolvemento evolutivo do proxecto Lonxas Galegas 4.0, para a modernización tecnolóxica dos establecementos de primeira venda de produtos do mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). |
Sen custo económico |
30.12.2024 |
