O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia o deber de publicar no Diario Oficial de Galicia una relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU), no terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
ANEXO
|
Título |
Obxecto |
Achega económica |
Data da sinatura |
Entrada |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería e Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) no marco do Proxecto Terra 2024-2026. |
Actividades de sensibilización, concienciación, formación e divulgación sobre os espazos e lugares que habitamos, a paisaxe e o dereito ao hábitat, conxugando a asistencia científica e técnica e o intercambio de experiencias con fins de formación e información interdisciplinares, coa finalidade de formar, difundir e ampliar os coñecementos da cidadanía, así coma das persoas técnicas e entidades competentes en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervencións das actividades humanas sobre o territorio e a súa repercusión na conformación das paisaxes do presente e do futuro. |
180.000,00 € |
27.9.2024 |
28.9.2024 |
