DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9304

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no terceiro cuadrimestre do ano 2024, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello

da Cultura Galega

Data da sinatura

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade Woxsen en Hyderabad (India) para a promoción da lingua e da cultura galega.

Sen achega económica

12.12.2024

Convenio de cooperación entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

Sen achega económica

13.12.2024