DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9305

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 17 de xaneiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 pola que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG número 229, do 1 de decembro), resolución de nomeamento modificada pola Resolución do 16 de decembro de 2024 (DOG número 244, do 19 de decembro) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 9 de febreiro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aula 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes, calculadoras ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

Ismael Vilacoba Vieito
Presidente do tribunal