DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9306

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de catro novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2025, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 4 de abril),

RESOLVE:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para a aprobación da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas que figuraban nela. Esta relación foi modificada pola Resolución do 26 de setembro de 2024 deste tribunal cualificador, publicada no DOG núm. 194, do 8 de outubro de 2024, pola que se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se fai pública a relación de catro novos aspirantes que superaron o dito proceso.

Con data do 8 de xaneiro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña catro novas persoas aspirantes, xa que as que se relacionan a continuación non presentaron a documentación solicitada ou presentaron a súa renuncia e, polo tanto, perderon o seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2:

Núm.

NIF

Apelidos e nome

18

***0478**

Rama Caamaño, Javier

45

***9030**

Caldelas Iglesias, Maite

51

***8720**

Padín López, María Luisa

53

***8067**

de Labra Pinedo, Victoria

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 30 de abril de 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), e modificada pola Resolución do 26 de setembro de 2024 (DOG núm. 194, do 8 de outubro), pola que se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se publica a relación de catro novas persoas aspirantes, e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe catro novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarios de carreira, procedendo a numerar de novo a orde a partir do posto número 18.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas persoas dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta nova relación a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal

ANEXO

Núm.

Acceso

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

Total

45

Libre

***6525**

Pellón López, María Ángeles

60,55

Exenta

60,55

46

Libre

***4652**

Santiago Bugallo, Raquel

60,55

Exenta

60,55

48

Libre

***1082**

Fernández Barros, Elisa

60,27

Apta

60,27

49

Libre

***3859**

Gómez Conde, María Isabel

60,27

Apta

60,27