Antecedentes:
A praga da couza guatemalteca da pataca, provocada polo organismo nocivo denominado Tecia solanivora Povolny ou Scrobipalpopsis solanivora Povolny, foi detectada na Comunidade Autónoma de Galicia en agosto do ano 2015.
A través da Resolución do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 209, do 3 de novembro), declarouse a presenza da praga, establecéronse as zonas demarcadas e as medidas urxentes de obrigado cumprimento tanto para produtores profesionais e de autoconsumo deste tubérculo como para os puntos de venda de pataca de semente.
O día 14 de febreiro de 2017 publicouse a Resolución do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), que ampliou as medidas urxentes para a erradicación e control da praga. Esta resolución estableceu para os operadores de pataca de semente, entre outras medidas, a prohibición de comercialización en zonas infestadas, e a obriga do rexistro das vendas en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
O día 4 de marzo de 2017 publicouse o Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny (BOE núm. 54, do 4 de marzo).
O día 10 de marzo de 2017 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017 polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny (DOG núm. 49, do 10 de marzo).
Nos últimos anos actualizáronse as zonas demarcadas de acordo cos datos de seguimento da praga, a través da publicación de varias resolucións. A última foi a Resolución do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 41, do 27 de febreiro), que actualizou as zonas demarcadas vixentes nese momento e mantivo todas as medidas fitosanitarias establecidas previamente nas anteriores resolucións.
Hoxe en día, os datos de seguimento deste organismo nocivo mostran un avance significativo na súa contención, previa a unha posible erradicación. En varias zonas demarcadas non se detectou a presenza deste organismo durante dous anos consecutivos, o que fai posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación. Noutras zonas é preciso manter as medidas fitosanitarias vixentes ata que pasen dous anos desde a última captura.
Por todo o anteriormente exposto,
RESOLVO:
1. Actualizar a zona demarcada de Tecia solanivora Povolny (couza guatemalteca da pataca) na Comunidade Autónoma de Galicia:
1.1. Mantéñense como zonas infestadas as seguintes parroquias:
– As parroquias de Abegondo (Santaia), Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María), no concello de Abegondo.
– As parroquias de Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), no concello de Carral.
– A parroquia da Pedra (Santa María), no concello de Cariño.
– As parroquias de Barallobre (Santiago) e Maniños (San Salvador), no concello de Fene.
1.2. As seguintes parroquias pasan de zona infestada a zona tampón:
Na provincia da Coruña:
– A parroquia de San Xurxo de Moeche (San Xurxo), no concello de Moeche.
Na provincia de Lugo:
– A parroquia de Trabada (Santa María), no concello de Trabada.
1.3. Mantéñense como zona tampón as seguintes parroquias por seren lindeiras coas zonas infestadas indicadas no punto 1.1):
Na provincia da Coruña:
– As parroquias de Cerneda (San Salvador), Folgoso (Santa Dorotea), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago), Montouto (Santa Cristina) e Viós (San Salvador), no concello de Abegondo.
– A parroquia de Laraxe (San Mamede), no concello de Cabanas.
– A parroquia de Vigo (Santa María), no concello de Cambre.
– As parroquias de Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), no concello de Cariño.
– As parroquias de Beira (Santa Mariña), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), no concello de Carral.
– A parroquia de Régoa (Santa María), no concello de Cedeira.
– A parroquia das Encrobas (San Román), no concello de Cerceda.
– A parroquia de Castelo (Santiago), no concello de Culleredo.
– As parroquias de Limodre (Santa Eulalia), Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), no concello de Fene.
– As parroquias de Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), no concello de Mugardos.
1.4. As seguintes parroquias pasan a ser consideradas zonas libres:
Na provincia da Coruña:
– A parroquia de Caión (Santa María de Socorro), no concello da Laracha.
– As parroquias de Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro), no concello de Arteixo.
– A parroquia das Somozas (Santiago Seré), no concello das Somozas.
– As parroquias de Labacengos (Santa María), San Xoán de Moeche (San Xoán) e Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz), no concello de Moeche.
– As parroquias de Ferreira (San Paio) e Lamas (San Xiao), no concello de San Sadurniño.
Na provincia de Lugo:
– A parroquia de San Xusto de Cabarcos (San Xusto), no concello de Barreiros.
– As parroquias de San Tomé de Lourenzá (San Tomé) e Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao), no concello de Lourenzá.
– As parroquias da Fórnea (Santo Estevo), A Valboa (Santa María Madanela), Sante (San Xiao), Vidal (San Mateo) e Vilapena (Santiago), no concello de Trabada.
No anexo I desta resolución pódese consultar o plano de situación da nova zona demarcada e, no anexo II, a relación de parroquias da zona infestada e da zona tampón.
2. Medidas obrigatorias nas zonas demarcadas de Tecia solanivora en Galicia:
2.1. Os agricultores de todas as zonas tampón indicadas nesta resolución deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira e, en todo caso, antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca. Esta comunicación realizarase utilizando o modelo do anexo II da Orde do 6 de xullo de 2021, e poderá presentarse na oficina rural máis próxima ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), utilizando o procedemento MR465C.
En canto ao destino da pataca plantada na zona tampón serán de aplicación as medidas establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 e na Resolución do 28 de decembro de 2022.
2.2. Manter todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 e, en concreto, a expresa prohibición do cultivo de pataca nas zonas infestadas.
2.3. Manter todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 9 de febreiro de 2017 para os operadores de pataca de semente no referente á comercialización e rexistro de vendas.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Plano de situación das zonas demarcadas de Tecia solanivora Povolny

ANEXO II
Relación de zonas demarcadas de Tecia solanivora Povolny
|
Zona demarcada |
Provincia |
Concello |
Parroquia |
|
Zona infestada |
A Coruña |
Abegondo |
Abegondo (Santaia) |
|
Cabanas (San Xián) |
|||
|
Figueroa (San Miguel) |
|||
|
Sarandós (Santa María) |
|||
|
Cariño |
A Pedra (Santa María) |
||
|
Carral |
Cañás (Santa Baia) |
||
|
Paleo (Santo Estevo) |
|||
|
Fene |
Barallobre (Santiago) |
||
|
Maniños (San Salvador) |
|||
|
Zona tampón |
A Coruña |
Abegondo |
Cerneda (San Salvador) |
|
Folgoso (Santa Dorotea) |
|||
|
Mabegondo (San Tirso) |
|||
|
Meangos (Santiago) |
|||
|
Montouto (Santa Cristina) |
|||
|
Viós (San Salvador) |
|||
|
Cabanas |
Laraxe (San Mamede) |
||
|
Cambre |
Vigo (Santa María) |
||
|
Cariño |
Cariño (San Bartolomeu) |
||
|
Landoi (Santiago) |
|||
|
Sismundi (Santo Estevo) |
|||
|
Carral |
Beira (Santa Mariña) |
||
|
Quembre (San Pedro) |
|||
|
Sergude (San Xián) |
|||
|
Tabeaio (San Martiño) |
|||
|
Vigo (San Vicente) |
|||
|
Cedeira |
Régoa (Santa María) |
||
|
Cerceda |
As Encrobas (San Román) |
||
|
Culleredo |
Castelo (Santiago) |
||
|
Fene |
Limodre (Santa Eulalia) |
||
|
Magalofes (San Xurxo) |
|||
|
Perlío (Santo Estevo) |
|||
|
Moeche |
San Xurxo De Moeche (San Xurxo) |
||
|
Mugardos |
Franza (Santiago) |
||
|
Piñeiro (San Xoán) |
|||
|
Lugo |
Trabada |
Trabada (Santa María) |
