DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2024/093-1).

Expediente: IN407A 2024/093-1

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A

Denominación: regulamentación LAMT 15 kVA RAL703 Meirama 3 entre os apoios AI2PDD2V//131 (13582641) e AI3JS7HC//135 (13582396).

Concello: Carral.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse na parroquia de Paleo (Santo Estevo), no concello de Carral, e as súas características técnicas son as seguintes:

Substitución dos seguintes apoios:

– Núm. AI2ULGIW//132 (13582703) de tipo HV-250-R11, con cruceta tipo bóveda 3xCS, substituirase por un novo apoio de tipo celosía metálica C-2000-18 con cruceta recta tipo H-35 6xCA-(cs).

– Núm. AI35KRAN//133 (13582483) de tipo HV-250-R13, con cruceta tipo bóveda 3xCS, substituirase por un novo apoio de tipo celosía metálica C-2000-16 con cruceta recta tipo H-35 6xCA-(cs).

– Núm. AI3CBQUE//134 (13582712) de tipo HV-250-R13, con cruceta tipo bóveda 3xCS, substituirase por un novo apoio de tipo celosía metálica C-2000-18 con cruceta recta tipo H-35 6xCA-(cs).

Téndese un novo tramo de condutor LA-56 entre os novos apoios núm. AI35KRAN//133 (13582483) e núm. AI3CBQUE//134 (13582712), cunha lonxitude de 134 m.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Carral

Regulamentación LAMT 15 kVA RAL703 Meirama 3 entre os apoios AI2PDD2V//131 (13582641)
e AI3JS7HC//135 (13582396)

Núm.

parcela

Lugar e referencia
catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

Ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Lourido 15021A010001330000RE

Eucaliptal

Descoñecido

Apoio 1

2.0

2

Lamelas 15021A010001510000RL

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

Apoio 2

2.0

3

Coiro 15021A010001920000RR

Labor ou labradío secaño

Jesús Antonio Reflón Lastra

Apoio 3

2.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² sot.: superficie de servidume soterrada.