Asunto: proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na plataforma loxística-industrial Salvaterra de Miño-As Neves.
Concellos: Salvaterra de Miño e As Neves.
Promotor: condominio formado por: Zona Franca de Vigo, Autoridade Portuaria de Vigo e Xunta de Galicia.
Órgano expropiante: Dirección Xeral de Estratexia industrial e Solo Empresarial-Consellería de Economía e Industria.
Antecedentes:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia, mediante o Acordo do 6 de maio de 2024, acordou a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (en diante, Plisan). Mediante a Resolución do 13 de xuño de 2024, do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), fíxose pública a dita aprobación definitiva (DOG núm. 118, do 19 de xuño). Esta modificación recolle a superficie necesaria para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na Plisan.
Segundo. O proxecto sectorial para a implantación da Plisan aprobouse no ámbito de aplicación da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, normativa derrogada actualmente pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. A aprobación desta segunda modificación do proxecto sectorial mencionado levaba implícita a declaración da utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación; para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, establécese como sistema de xestión a expropiación forzosa.
Terceiro. O condominio formado pola Zona Franca de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo e a Xunta de Galicia son as entidades promotoras da Plisan. Na expropiación actúa a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial como órgano exprópiante. De acordo co artigo 20, letra g), do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial. En consecuencia, todas as referencias ao IGVS como órgano expropiante con esta finalidade agora deben entenderse feitas á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Cuarto. O 14.5.2024 foi remitido ao IGVS o proxecto de expropiación, redactado por Estudio Técnico Gallego, S.A., para a súa aprobación inicial. O IGVS deu traslado desta solicitude á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial como órgano expropiador da citada actuación.
Quinto. En virtude da Resolución do 23 de xullo de 2024, a directora xeral de Estratexia industrial e Solo Empresarial acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario da Plisan, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 146, do 30 de xullo) e nun xornal dos de maior circulación na provincia (anuncio publicado no Faro de Vigo do 31 de xullo).
Sexto. A taxación dos bens e dereitos que se precisa ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da citada Resolución do 23 de xullo de 2024 e da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, a dita resolución publicouse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 267, do 5 de novembro de 2024), para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ademais, o expediente foi enviado para exposición ao dispor das persoas interesadas, polo prazo dun mes, nos concellos das Neves e Salvaterra de Miño, nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra e na páxina web da Consellería https://economia.xunta.gal. Igualmente, deuse audiencia aos concellos e notificóuselles ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda.
Sétimo. Cumpridos os anteriores trámites, elaborouse un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas. O proxecto de expropiación para aprobación definitiva redactado pola empresa Estudio Técnico Gallego foi presentando no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
Oitavo. O proxecto para aprobación definitiva foi asinado polo representante da Administración e polo perito da Administración. O proxecto foi supervisado pola xefa do Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial.
O 20 de xaneiro de 2025, o subdirector xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial emitiu un informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario da Plisan.
Consideracións legais:
Primeiro. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución do apartadoiro ferroviario da Plisan iníciase en virtude da dita aprobación definitiva da segunda modificación do proxecto sectorial para a implantación da Plisan. A aprobación deste instrumento implica a declaración de utilidade pública dos dereitos afectados, así como a necesidade de ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, en que establece que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos, e de conformidade co artigo 51 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.
Segundo. De acordo co artigo 20, letra g), do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.
Terceira. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que «emitido informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal ou autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante».
De acordo coa Orde do 4 de novembro de 2024 (DOG núm. 217, do 11 de novembro), sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía e Industria, establécese no seu artigo 11, Delegacións singulares: «2. Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial o exercicio das facultades que, en materia de expropiación forzosa e dentro do seu ámbito competencial, lle atribúe o ordenamento á persoa titular da consellería expropiatoria, con especial referencia á aprobación dos expedientes expropiatorios correspondentes a proxectos de interese autonómico para parques empresariais».
Cuarta. Trátase dunha expropiación por razón de ordenación territorial e urbanística e, como tal, regulada no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
Quinta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015, nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016, e 290 e seguintes do Decreto 143/2016.
Sexta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno proxecto de expropiación, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación, pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na Plisan, tendo a condición de beneficiarios da expropiación os tres promotores da Plisan.
De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.
Sétima. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da LSG. Di así o citado artigo:
«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:
a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindeiros, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.
b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.
c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, en que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.
d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.
2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».
A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian figura no anexo desta resolución.
Por tanto,
ACÓRDASE:
Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na Plisan.
Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.
Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba, e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens e dereitos que se expropian.
Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no DOG e no taboleiro de edictos dos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves. Así mesmo, publicarase un anuncio no BOE para que sirva de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, se intentada esta, non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no BOE, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025
A conselleira de Economía e Industria
P.D. (Orde do 4.11.2024)
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO I
Relación de titulares, bens e dereitos afectados
Termo municipal: Salvaterra de Miño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie total m2 |
Superficie afectada m2 |
|
|
5 |
36050A038001640000PW |
Amparo Domínguez López |
1536 |
175 |
|
|
6 |
36050A038001650000PA |
Emérita González Domínguez |
593 |
66 |
|
|
María González Domínguez |
|||||
|
7 |
36050A038001630000PH |
María Morais Groba |
285 |
89 |
|
|
8 |
36050A038001620000PU |
En litixio entre: María Suárez Domínguez (titular catastral) e Áridos do Mendo, S.L. (reclamante) |
954 |
150 |
|
|
9 |
36050A038001550000PJ |
María África Lorenzo Simón |
1427 |
376 |
|
|
10 |
36050A038001560000PE |
Áridos do Mendo, S.L. |
539 |
87 |
|
|
11 |
36050A038001530001AM |
María Concepción Simón Rey |
1891 |
13 |
|
|
12 |
36050A038001500001AL |
María Suárez Domínguez |
5469 |
595 |
|
|
13 |
36050A038001520000PD |
Áridos do Mendo, S.L. |
1041 |
226 |
|
|
14 |
36050A038009330000PB |
Descoñecido |
1107 |
75 |
|
|
15 |
36050A038001490000PD |
Cándida González González |
81 |
2 |
|
|
16 |
36050A038001440001AG |
Antonio Calviño Merino |
913 |
50 |
|
|
Josefa Fernández Lago |
|||||
|
17 |
36050A038001450001AQ |
María Concepción González González |
3129 |
111 |
|
|
18 |
A |
36050A038001460000PO |
En litixio entre: Administrador Infraestruturas Ferroviarias e María Concepción González González e Alfonso Porto Rodríguez (reclamantes) |
42 |
42 |
|
20 |
36050A038001480000PR |
Descoñecido |
1339 |
716 |
|
|
21 |
36050A075001830000PA |
Flota Suardiaz, S.A. |
1557 |
275 |
|
|
32 |
36050A038001610000PZ |
Áridos do Mendo, S.L. |
1996 |
18 |
|
|
33 |
36050A038006000000PX |
Descoñecido |
414 |
298 |
|
|
34 |
36050A038004900000PY |
Prudencio Alves Suárez |
225 |
176 |
|
|
35 |
36050A038004890000PQ |
Eladio Fernández López |
242 |
178 |
|
|
36 |
36050A038004880000PG |
Jacinto González Rey |
189 |
140 |
|
|
37 |
36050A038004870000PY |
Luciano González Sousa |
141 |
30 |
|
|
38 |
36050A038004860000PB |
Emérita González Domínguez |
153 |
23 |
|
|
María González Domínguez |
|||||
|
39 |
36050A038003020000PT |
Celso Alfonso Rodríguez |
312 |
12 |
|
|
40 |
36050A038003030000PF |
Francisco Humanes Alfonso |
282 |
36 |
|
|
41 |
36050A038003010000PL |
Lino González Domínguez |
476 |
55 |
|
|
42 |
36050A038003000000PP |
María del Carmen Alves Suárez |
448 |
306 |
|
|
43 |
36050A038002990000PP |
Pastora Pérez Cruces |
317 |
32 |
|
|
44 |
36050A038002980000PQ |
Rosa María Reijas Gil |
274 |
24 |
|
|
Atilano Reijas Gil |
|||||
|
45 |
36050A038002970000PG |
En litixio entre: Valentina Soto Cruces (titular catastral) e Rosa María Reijas Gil (reclamante) |
363 |
33 |
|
|
46 |
36050A038002960000PY |
Manuel Reijas Franco |
230 |
17 |
|
|
47 |
36050A038002950000PB |
En litixio entre: María Isabel Alfonso Domínguez (titular catastral) e Áridos do Mendo, S.L. (reclamante) |
278 |
14 |
|
|
48 |
36050A038002940000PA |
Francisca Crespo Montes |
336 |
8 |
|
|
49 |
36050A038002930000PW |
En litixio entre: Ángeles Martínez e Julio Martínez (titulares catastrais) e Áridos do Mendo, S.L. (reclamante) |
144 |
2 |
|
|
50 |
36050A038002920000PH |
Emilio José Fernández Iglesias |
215 |
4 |
|
|
María del Carmen Fernández Iglesias |
|||||
|
51 |
36050A038002910000PU |
Josefa Fernández Alfonso |
306 |
2 |
|
|
53 |
36050A038003040000PM |
Prudencio Suárez Montes |
1349 |
61 |
|
|
54 |
36050A038003060000PK |
María Morais Groba |
577 |
13 |
|
|
57 |
36050A038002890000PH |
En litixio entre: Ángeles Martínez e Julio Martínez (titulares catastrais) e Áridos do Mendo, S.L. (reclamante) |
246 |
6 |
|
|
58 |
B |
36050A038002870000PZ |
María Josefa Cruces González |
138 |
1 |
|
58 |
36050A038002880000PU |
Julia Fernández Lorenzo |
125 |
47 |
|
|
59 |
36050A038001720000PQ |
Ricardo Piñeiro |
157 |
15 |
|
|
60 |
36050A038001710000PG |
Ana Piñeiro González |
98 |
2 |
|
|
61 |
36050A038001700000PY |
Marcelino Simón Alfonso |
254 |
40 |
|
|
62 |
36050A038001690000PQ |
Marcelino Simón Alfonso |
265 |
47 |
|
|
64 |
36050A037004120001AS |
María Pilar Mon Domínguez |
43213 |
1116 |
|
|
65 |
36050A037000480000PI |
Juan Ramón González Suárez |
101 |
15 |
|
|
66 |
36050A037000510000PI |
María Luz Rodríguez Alfaya |
149 |
15 |
|
|
67 |
36050A037000850000PE |
Domingo Otero Rodríguez |
121 |
12 |
|
|
68 |
36050A037000840000PJ |
Descoñecido |
113 |
12 |
|
|
69 |
36050A037000830000PI |
María Catalina Moure Cruces |
133 |
9 |
|
|
70 |
36050A037000820000PX |
Antolina Rodríguez Rodríguez |
125 |
10 |
|
|
71 |
36050A037000810000PD |
Lino González Domínguez |
143 |
11 |
|
|
72 |
36050A037000800000PR |
Antolina Rodríguez Rodríguez |
121 |
9 |
|
|
73 |
36050A037000790000PX |
Susana Pérez Carballo Samuel González Muñez |
208 |
15 |
|
|
74 |
36050A037000780000PD |
José Manuel González Abril |
167 |
13 |
|
|
75 |
36050A037000770000PR |
En litixio entre: Joaquín Humanes García, Sonia Humanes García, Alejandra Humanes García, Silvia Humanes García (titulares catastrais) e José Manuel González Abril (reclamante) |
106 |
10 |
|
|
76 |
36050A037000760000PK |
Antonio Cruces Grandal |
100 |
10 |
|
|
77 |
36050A037000750000PO |
Pastora González Pino |
104 |
12 |
|
|
78 |
36050A037000740000PM |
En litixio entre: Natividad Cruces Vaqueiro (titular catastral, e Áridos do Mendo, S.L. (reclamante) |
228 |
32 |
|
|
79 |
B |
36050A076000040000PP |
Alfonso Rodríguez Celso |
1012 |
2 |
|
79 |
36050A076000030000PQ |
CMVMC de Oleiros |
318 |
317 |
|
Termo municipal: As Neves.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie total m2 |
Superficie afectada m2 |
|
|
22 |
A |
36034A015012720000HI |
Autoridade Portuaria de Vigo MOPT |
1212812 |
5 |
|
22 |
|
36034A003000010000HI |
Descoñecido |
48 |
46 |
|
23 |
|
36034A003000030000HE |
Antonio Soto Carballeira |
139 |
135 |
|
24 |
|
36034A003000020000HJ |
Descoñecido |
211 |
209 |
|
25 |
|
36034A003006350000HR |
Xunta de MVMC parroquia de Liñares |
2134 |
716 |
|
27 |
|
36034A003007660000HX |
Descoñecido |
311 |
290 |
|
28 |
|
36034A003007650000HD |
Asociación Veciños Sta. María de Liñares |
11286 |
355 |
