DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2025, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D competencia desta área provincial.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo no enderezo da interesada sen que estas se puidesen realizar, notifícaselle a resolución á persona citada no anexo emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se lle dará por notificada.

Contra a resolución que se notifica neste acto poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2025

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Ricardo Munín Castelao.

Titular: Ricardo Munín Castelao.

Enderezo: rúa das Rodas, 19, 1º.

Concello: 15704 Santiago de Compostela.