DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes de Rubiós da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rubiós, no concello das Neves (expediente RE22021).

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo acadado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2024, respecto á revisión do esbozo e a elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Montes de Rubiós da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rubiós, no concello das Neves (expediente RE22021).

O 23.9.2024, o Servizo de Montes deste departamento territorial emite o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. O 12.9.2022 e número de rexistro de entrada 2022/2239114, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Rubiós, parroquia de San Xoán de Rubiós (As Neves), solicita a revisión total do esbozo do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) de Rubiós (ID 2915). A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE22021. Consta no expediente a seguinte documentación:

– Revisión do esbozo da carpeta ficha do monte veciñal en man común de Rubiós, parroquia de San Xoán de Rubiós, concello das Neves. Asinada polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 883 do COETF de Galicia o 13.2.2024.

– Certificado da secretaria do 8.4.2023 coa conformidade do presidente da CMVMC de Rubiós da aprobación na Asemblea Xeral do 19.11.2023.

– Cartografía en formato dixital ETRS 89 UTM ZONE 29N EPGS:25829.

Revisada a memoria técnica achegada da revisión dos montes veciñais indica:

– Levouse a cabo un levantamento topográfico das parcelas con GPS de precisión centimétrica en que percorreu todo o perímetro, durante ese percorrido identificáronse muros e marcos que separan os doutras propiedades particulares e montes veciñais lindeiros.

– O monte que hoxe é monte veciñal de Rubiós correspóndese cos antigos montes de utilidade pública núm. 330 e núm. 335 do Catálogo e está deslindado e amolloado. Na actualidade componse por 3 parcelas e dentro do perímetro da parcela de maior tamaño existen dous encravados de propiedade particular.

– No linde coa CMVMC de Taboexa tivo lugar un deslindamento parcial por sentenza xudicial 00102/2009 do 4.11.2009 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas.

– No linde co monte veciñal da CMVMC de San Xosé de Ribarteme varía lixeiramente respecto do esbozo orixinal pero respecta a liña do instrumento de xestión núm. 360272.

– No linde co monte veciñal da CMVMC de Santiago de Ribarteme varía lixeiramente respecto do esbozo orixinal pero respecta a liña do instrumento de xestión núm. 360372.

– No linde co monte veciñal da CMVMC de Tortoreos non se xustifica a súa modificación e deberá ser obxecto dun deslindamento entre ambas as comunidades consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Segundo. Os montes veciñais de Rubiós foron clasificados polo Xurado de MVMC de Pontevedra o 5.12.1980 cunha superficie inicial de 133 ha. Segundo os datos do Sistema rexistral forestal regulado no artigo 126 da Lei 7/2012, de montes de Galicia:

– Consta un contrato de xestión co elenco 3615691 coa Consellería do Medio Rural de 29,00 ha.

– A CMVMC de Rubiós dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 360296 e vixente ata 2031.

– A CMVMC de Taboexa ten o expediente de revisión de esbozo número RE22037. A proposta da CMVMC de Rubiós coincide coa proposta da CMVMC de Taboexa.

– Non constan actos de disposición do monte veciñal a favor de terceiros nin que modifiquen a superficie do monte veciñal.

Terceiro. A superficie e perímetro da revisión do esbozo proposto total é de 107,05 ha (superficie sen proxección) e 12,69 km. Non se modifica a descrición dos límites da resolución de clasificación do 5.12.1980 do Xurado de MVMC de Pontevedra.

Cuarto. O 30.11.2022, o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Rubiós (As Neves), Expediente RE22021, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión do esbozo dos MVMC de Rubiós da CMVMC de Rubiós proposta polo Servizo de Montes queda definido consonte os datos reflectidos no feito terceiro e a memoria técnica indicada no feito primeiro (excepto no linde coa CMVMC de Tortoreos que non se acepta a modificación do linde entre ambas as comunidades)».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo dos montes veciñais de Rubiós e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes de Rubiós clasificado a prol da CMVMC de Rubiós (As Neves), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra