En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2024, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros, a favor dos veciños de Moimenta e Orbán, no concello de Celanova, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 2 de marzo de 2023 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito de Víctor Manuel Rodríguez Calheiros, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros.
Segundo. O 14 de maio de 2024, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. Durante o procedemento a CMVMC de Fraguas e A Mourisca presentou un escrito de alegacións contra o acordo de inicio do procedemento. Posteriormente, os veciños de Moimenta e Orbán comunicaron que as dúas comunidades chegaron a un acordo en relación coas estremas entre ambos os montes.
Desta maneira, a CMVMC de Fraguas e A Mourisca renunciou a reclamar a titularidade da parcela coñecida como O Cimón, recoñecendo que pertence á CMVMC de Moimenta e Orbán. Pola súa parte, a CMVMC de Moimenta e Orbán renunciou a calquera reclamación sobre a parcela O Cabrón, situada ao oeste do Rego de Fraguas.
A conformidade entre ambas as comunidades é aceptada polo Xurado Provincial.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros.
Superficie: 112,09 ha.
Pertenza: veciños de Moimenta e Orbán.
Parroquia: Milmanda (Santa Eufemia).
Concello: Celanova.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (A Proviceira):
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32025A051909012.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32025A51901743 32025A51901753 |
Norte |
32025A51911735 32025A51901734 32025A51901721 |
|
Leste |
32025A51901721 32025A51901744 32025A51901745 32025A51901746 32025A51901747 32025A51901749 32025A51909012 32025A51901754 |
|
|
Sur |
32025A51901754 |
|
|
Oeste |
32025A51901754 32025A51909012 32025A51901742 32025A51901741 32025A51901740 32025A51901739 32025A51901735 |
|
Predio 2 (O Cimón):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32025A51901702 |
Norte |
32025A51901711 |
|
Leste |
32025A51909005 |
|
|
Sur |
32025A51909012 32025A51901703 |
|
|
Oeste |
32025A51901703 32025A51901706 32025A51901707 32025A51901708 |
|
Predio 3 (A Bugalleira):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32025A51901842 |
Norte |
32025A51909014 |
|
Leste |
32025A51909014 32025A51901840 |
|
|
Sur |
32025A51901840 32025A51901838 32025A51901841 32025A51901843 |
|
|
Oeste |
32025A51909014 |
|
Predio 4 (A Carrapata e Os Lameiros):
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32025A13109001 e 32025A13209001.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32025A13100434 32025A13100435 32025A13100436 (parte) 32025A13100437 32025A13200249 32025A13200251 32025A13200252 32025A13200253 32025A13200254 32025A13200258 32025A13301010 32025A51901789 |
Norte |
32025A51901763 32025A51901764 32025A51909031 32025A51901768 32025A13109003 32025A51901785 32025A51901786 32025A51901787 32025A51901788 32025A13209003 32025A51901797 32025A51901798 32025A13200244 32025A13200245 32025A13200246 32025A13200247 32025A13200248 32025A51901814 32025A13209002 32025A51901821 32025A51901822 32025A51901823 32025A51901824 |
|
32025A13100434 32025A13100435 32025A13100436 (parte) 32025A13100437 32025A13200249 32025A13200251 32025A13200252 32025A13200253 32025A13200254 32025A13200258 32025A13301010 32025A51901789 |
Leste |
32025A51909017 32025A51901984 32025A51901985 32025A51901987 32025A51901988 32025A51901989 32025A51901990 32025A51909016 32025A51901813 32025A51901812 32025A13209001 32025A51901811 32025A51901810 32025A51901809 32025A51901806 32025A51901805 32025A51901804 32025A51901803 32025A51901799 32025A51901800 32025A51901801 32025A13209004 32025A13300635 32025A13300634 32025A13300633 32025A13300632 32025A13300631 32025A13300630 32025A13300629 32025A13300424 32025A13209004 32025A13200159 32025A13200179 32025A13200178 32025A13200177 32025A13200176 32025A13200175 32025A13200174 32025A13200173 32025A13200172 32025A13200171 |
|
Sur |
32085A09100313 32085A09100314 32085A09109002 32085A09100316 32085A09109001 32085A09100317 32085A0910340 |
|
|
Oeste |
32025A13100436 (resto) 32025A13100401 32025A13100400 32025A13100399 32025A13100398 32025A13100397 32025A13100396 32025A13100395 32025A13100394 32025A13100393 |
|
|
32025A13100434 32025A13100435 32025A13100436 (parte) 32025A13100437 32025A13200249 32025A13200251 32025A13200252 32025A13200253 32025A13200254 32025A13200258 32025A13301010 32025A51901789 |
Oeste |
32025A13109001 32025A13100417 32025A13100418 32025A51901762 |
|
Enclavados |
32025A13200180 32025A13200208 32025A13200181 32025A13200209 32025A13200182 32025A13200210 32025A13200183 32025A13200211 32025A13200184 32025A13200212 32025A13200185 32025A13200213 32025A13200186 32025A13200214 32025A13200187 32025A13200215 32025A13200188 32025A13200216 32025A13200189 32025A13200217 32025A13200190 32025A13200218 32025A13200191 32025A13200219 32025A13200192 32025A13200220 32025A13200193 32025A13200221 32025A13200194 32025A13200222 32025A13200195 32025A13200223 32025A13200196 32025A13200224 32025A13200197 32025A13200225 32025A13200198 32025A13200226 32025A13200199 32025A13200227 32025A13200200 32025A13200228 32025A13200201 32025A13200229 32025A13200202 32025A13200230 32025A13200203 32025A13200231 32025A13200204 32025A13200232 32025A13200205 32025A13200233 32025A13200206 32025A13200234 32025A13200207 32025A13200235 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros, a favor dos veciños de Moimenta e Orbán, no concello de Celanova, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 17 de xaneiro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
