Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense no expediente sancionador número OU-01157-S-2024, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.
Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Ourense, 17 de xaneiro de 2025
Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
OU-01157-S-2024 1413-DYV |
34954511P |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 18.7.2024; 19.00; OU-606; 5,6 |
Artigo 141.21 LOTT Artigo 198.25 ROTT |
Artigo 201.d) ROTT Artigo 143.1 LOTT |
401 euros |
