Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo acadado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2024, respecto da revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Cotres, Coto da Barreira, Outeiro Longo, Chan de Andeira e Ferreiros, Outeiral, San Roque e Morouzón da Comunidade de Montes Veciñais en man Común de Celeiros, no concello de Ponteareas (expediente: RE22026).
O 24 de septiembre de 2024 o Servizo de Montes deste departamento territorial emite o seguinte informe:
«Feitos:
Primeiro. O 15 de septiembre de 2022 e número de rexistro de entrada 2022/2277647 a Comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Celeiros, parroquia de San Fins de Celeiros (Ponteareas) solicita a revisión parcial do esbozo do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) de Cotres, Coto da Barreira, Outeiro Longo, Chan de Andeira e Ferreiros, Outeiral, San Roque e Morouzón co ID 3009 (non se revisa a parcela Outeiral). A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE22026. Consta no expediente a seguinte documentación:
– Revisión do esbozo do Monte Veciñal en Man Común da CMVMC de Celeiros, parroquia de Celeiros, concello de Ponteareas. Asinada o 5 de xullo de 2024 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 908.
– Certificado do 19 de abril de 2024 da secretaria da CMVMC de Celeiros coa conformidade do presidente do 4 de septembro de 2022 da aprobación en Asemblea Xeral do 3 de decembro de 2023.
– Cartografía en formato dixital ETRS 89 UTM ZONE 29N EPSG 25829.
Revisada a proposta de revisión total despréndese:
– Levouse a cabo un levantamento topográfico con GPS de precisión submétrica dos puntos alternativos da liña perimetral de todas as parcelas. O MVMC de Celeiros está composto por 7 parcelas orixinais e independentes. A parcela Outeiral non é obxecto de revisión e mantense cunha superficie clasificada de 3,00 ha, xa que, é unha parcela descoñecida para a comunidade.
– O linde proposto co monte veciñal da CMVMC de Arcos axústase para que coincida co deslindamento acordado entre ambas no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas no Acto conciliatorio 47/2017 do 18 de abril de 2017 e que consta neste servizo co expediente número PO-08-DESC/2017.
– A proposta respecta o esbozo da CMVMC de Taboexa (esbozo revisado no expediente RE22037).
– A proposta invade lixeiramente o esbozo do monte veciñal da CMVMC de Santiago de Oliveira e acéptase, xa que vai axustado á cartografía actualizada do instrumento de xestión co número 3600208. O documento foi aprobado na Asemblea Xeral da CMVMC de Santiago de Oliveira do 2 de febreiro de 2019.
– A proposta invade lixeiramente o esbozo do monte veciñal da CMVMC de Vilacoba e axústase de oficio á cartografía actualizada do instrumento de xestión co número 3600281. O documento foi aprobado na Asemblea Xeral da CMVMC de Vilacoba do 11 de setembro de 2021.
Segundo. O MVMC de Cotres, Coto da Barreira, Outeiro Longo, Chan de Andeira e Ferreiros, Outeiral, San Roque e Morouzón foi clasificado polo Xurado de MVMC de Pontevedra o 5 de decembro de 1979 e unha superficie inicial de 53 ha. Segundo os datos do Sistema rexistral forestal regulado no artigo 126 da Lei 7/2012, de montes de Galicia:
– Non consta contrato de xestión coa Administración forestal.
– A CMVMC de Celeiros dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de montes ordenados de Galicia co número 3600412 e vixente ata 2033.
– Consta o expediente de deslindamento coa CMVMC de Arcos PO-08-DESC/2017.
– Consta a revisión de esbozo número RE22037 do monte veciñal da CMVMC de Taboexa.
– Non constan actos de disposición consonte a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Terceiro. A superficie e perímetro da revisión do esbozo proposto total do monte 63,76 ha (superficie sen proxección) e 10,75 km revisados. Non se modifican os lindeiros establecidos na resolución do Xurado de MVMC de Pontevedra do 5 de decembro de 1979.
Cuarto. O 30 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Celeiros (Ponteareas), expediente: RE22026, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en adiante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.
Segunda. A revisión do esbozo do MVMC Cotres, Coto da Barreira, Outeiro Longo, Chan de Andeira e Ferreiros, San Roque e Morouzón (excepto Outeiral) da CMVMC de Celeiros proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola comunidade e queda definido consonte os datos reflectidos no feito terceiro, e a memoria técnica indicada no feito primeiro (excepto en parte do lindeiro coa CMVMC de Vilacoba e parte do lindeiro coa CMVMC de Arcos).»
Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Cotres, Coto da Barreira, Outeiro Longo, Chan de Andeira e Ferreiros, San Roque e Morouzón (excepto Outeiral) e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes Cotres, Coto da Barreira, Outeiro Longo, Chan de Andeira e Ferreiros, San Roque e Morouzón (excepto Outeiral) clasificado a prol da CMVMC de Celeiros (Ponteareas), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.
Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
