DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 9995

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xaneiro de 2025 pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2025-2028, correspondente ás anualidades 2024 a 2027, e se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (código de procedemento PR947B).

Advertido un erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro de 2025, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 8308, no artigo 7.1, onde di:

«O prazo de presentación do informe de auditoría das contas anuais nos termos establecidos nesta resolución estará determinado pola data de aprobación das contas anuais, segundo o disposto no artigo 37.2 do Decreto 85/2014, do 3 de xullo, e terá como data límite para a presentación do informe de auditoría das contas anuais o 30 de xullo de cada ano; este prazo poderase ampliar por causas xustificadas».

Debe dicir:

«O prazo de presentación do informe de auditoría das contas anuais nos termos establecidos nesta orde virá determinado pola data de aprobación das contas anuais, segundo o disposto no artigo 37.2 do Decreto 85/2014, do 3 de xullo, e terá como data límite para a presentación do informe de auditoría das contas anuais a do 30 de xullo de cada ano; este prazo poderase ampliar por causas xustificadas».