BDNS (Identif.): 812588.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
As agrupacións permanentes de comerciantes, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia e plena capacidade, legalmente constituídas baixo calquera forma xurídica, cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e desenvolvan proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Segundo. Obxecto
A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Destínase un crédito de 2.500.000,00 euros financiado con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.481.01 por un importe de 1.000.000,00 euros e 14.06.751A.781.1 por un importe de 1.500.000,00 euros, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día 19 de febreiro de 2025.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
