Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
– Na páxina 6158, no artigo 9, letra h.1).
Onde di:
«De figurar neste certificado materias aprobadas por recoñecemento, validación, transferencia, equiparación, homologación ou equivalencia sen cualificación terán que presentar a certificación coas cualificacións das materias superadas en orixe para a súa valoración».
Debe dicir:
«De figuraren neste certificado materias aprobadas por recoñecemento, validación, transferencia, equiparación, homologación ou equivalencia sen cualificación, terán que presentar a certificación coas cualificacións das materias superadas en orixe para a súa valoración. No caso de que non se presente a devandita certificación, estas materias serán consideradas coa cualificación literal de aprobado e a cualificación mínima de 5».
– Na páxina 6177, anexo I, na penúltima fila.
Onde di:
|
«Visión por Computador |
A Coruña |
Santiago |
90» |
Debe dicir:
|
«Visión por computador |
A Coruña |
Santiago |
Vigo |
90» |
