DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 10955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2023/417-1).

Expediente: IN407A 2023/417-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN717B Zapateira provisional 17, por finalización da súa vida útil.

Concello: Culleredo.

Feitos:

1. O día 29.9.2023 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de substituír un apoio por finalización da súa vida útil.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN717B Zapateira provisional 17 por finalización da súa vida útil, que comprende os seguintes documentos:

1) Proxecto de execución denominado: Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN717B Zapateira provisional 17, por finalización da súa vida útil, asinado por Tito, Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado LE-1010, o 11.7.2023.

2) Anexo (contestación a requirimento), asinado por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiada 4.776 de Vigo, o 12.7.2024.

3) Relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 28.11.2023.

• BOP: 13.11.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 29.11.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 26.1.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Culleredo e AESA. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 9.1.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE nº 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas entre as coordenadas UTM ETRS89-fuso: 29 X: 547570, Y: 4796233, na parroquia de Rutis, no concello de Culleredo, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución do apoio de formigón nº AEFOAVJP//19-1 por atoparse en avanzado estado de deterioración; instálase no seu lugar o novo apoio nº AEFOAVJP//19-1 C-2000-18 con cruceta T-35 6xC.A. (c.s.).

• Novo condutor A-56 entre o apoio proxectado nº AEFOAVJP//19-1 e o apoio existente nº AEIECD0E//19-2, cunha lonxitude de 139 metros.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación o 14.6.2024 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se deroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa de eles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e o ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN-717B Zapateira provisional 17,
por finalización da súa vida útil

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Culleredo

Parcela do proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15031A01700023

Penas Quedas

Novo apoio nº 19-1

2

Matogueira