DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Masgalán de Arriba da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Masgalán de Arriba, no concello de Forcarei (expediente RE24004).

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo acadado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2024, respecto á revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Masgalán de Arriba da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Masgalán de Arriba, no concello de Forcarei (expediente RE24004).

O 11.9.2024, o Servizo de Montes deste departamento territorial emite o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. O 25.3.2024 e núm. 2024/1047086 de entrada no rexistro electrónico da xunta de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Masgalán de Arriba, no concello de Forcarei, solicita a revisión de esbozo do monte Masgalán de Arriba con ID 2692 clasificado con data do 16.12.1974. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE24004.

O procedemento está recollido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Consta no expediente:

– Memoria técnica da revisión do esbozo do 25.3.2024 asinada polo enxeñeiro Técnico forestal colexiado nº 364, que se ve modificada no que respecta á exclusión da parcela 36018A32000349 despois do requirimento.

– Certificado do secretario do 8.8.2024 de aprobación da revisión de esbozo na asemblea extraordinaria que tivo lugar o 4.8.2024 por unanimidade.

– Cartografía en formato dixital.

Segundo a memoria técnica para a determinación dos límites do monte realizouse un levantamento topográfico. Os puntos máis representativos son:

Pto

X

Y

Localización

1

559.540,58

4.720.236,66

Seixiños Blancos

2

559.638,83

4.720.187,40

Penón

3

559.803,43

4.719.789,63

Outeiro Redondo

4

559.623,63

4.719.216,70

Penadoiro

5

560.172,15

4.718.804,18

Rega da Castiñeira

6

559.721,56

4.718.679,37

Cabaniñas

7

559.688,75

4.717.965,89

Pedra dos Carros

8

559.820,94

4.717.720,66

Ollos do Couso

9

560.152,03

4.717.984,62

Val do Bragado

10

560.363,42

4.718.122,30

Touza Redonda

11

560.344,38

4.717.824,97

Pena das Cruces

12

560.209,96

4.717.412,19

Penas Lisas

13

560.182,86

4.717.311,47

Pena dos Lamprigos

14

560.159,26

4.717.292,96

Pena dos Lamprigos

15

560.038,89

4.717.445,29

Chaira

16

559.911,95

4.717.617,99

Cachafeirabende

17

559.530,26

4.717.912,98

Carballo Torto

18

558.737,95

4.718.365,70

Fondo da Corredoira

19

558.656,73

4.718.572,99

Rega da Blanca

20

558.718,57

4.718.861,78

Corrumillán

21

558.616,38

4.719.167,48

Alto da Cruz

22

558.625,76

4.719.190,86

Alto da Cruz

23

559.249,49

4.719.998,66

Riba dos Grotos

24

559.270,06

4.719.987,30

Riba dos Grotos

En canto ao límite con particulares tívose en conta os muros que separan os predios particulares do monte.

Segundo. Revisada a liña da revisión de esbozo compróbase:

– Que exclúe o dominio público da estrada PO-534 (Lalín-Folgoso). O monte esténdese a un e outro lado desta estrada, accedendo a el polo km 19,5.

– Que coincide coa liña dos deslindamentos que se están tramitando: coas comunidades de Noveliza (DC22132); Fornos (DC22133) e Parada (DC22134) e co deslindamento con particulares (DP22002). Tamén coincide co axuste do esbozo de Fornos presentado no expediente DC22133.

– Que practicamente a maior parte da superficie incluída nesta revisión está no catastro a nome da CMVMC de Masgalán de Arriba.

– Que esta revisión ten bastante coincidencia co antigo esbozo.

– Que segundo a información presentada no expediente DP22002:

• Non existe colindancia coa CMVMC de Masgalán de Abaixo.

• Existe un erro na cartografía catastral polo vento sur, onde existen varias parcelas catastrais a nome de particulares.

• A liña presentada non se ve afectada pola expropiación do acondicionamento da estrada PO-200 (hoxe PO-534), treito Laro-Acibeiro (PO-02-EXP/00).

• Só existe colindancia entre as comunidades de Masgalán e Fornos segundo a liña presentada no deslindamento DC22133.

Terceiro. A revisión do esbozo proposto ten unha superficie de 165,87 ha (fronte as 170 ha clasificadas). A superficie proposta está recollida na cartografía dixital do 8.8.2024 onde se exclúe a parcela 36018A32000349.

A descrición da resolución de clasificación do 16.12.1974 do Xurado de MVMC de Pontevedra modifícase cos nomes, cabidas e límites que a seguir se consignan:

– Monte: Masgalán de Arriba.

– Superficie: 165,87 ha.

– Linde norte: Predios particulares.

– Linde sur: MVMC de Parada e MVMC de Noveliza.

– Linde leste: predios particulares e MVMC de Parada.

– Linde oeste: predios particulares e MVMC de Noveliza e Fornos.

Segundo os datos do Sistema rexistral forestal non consta superficie de xestión pública. Dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 3600192 e vixencia ata 2027.

Cuarto. O 26.6.2024, o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Masgalán de Arriba (Forcarei), expediente RE24004, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión do esbozo do MVMC Masgalán de Arriba da CMVMC de Masgalán de Arriba proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola comunidade e queda definido consonte os datos reflectidos no feito terceiro».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Masgalán de Arriba e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Masgalán de Arriba clasificado a prol da CMVMC de Masgalán de Arriba (Forcarei), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por el.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra