Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro de 2025, é necesario realizar as seguintes correccións:
Na páxina 4364, no artigo 25.1, onde di: «1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:», debe dicir: «1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:».
Na páxina 4446, no anexo I.3, na epígrafe de «Documentación que se presenta ou xa presentada con anterioridade», onde di: «□ No caso de persoas autónomas administradoras, certificado do Rexistro Mercantil de data anterior a solicitude, que acredite a súa condición de persoa traballadora autónoma societaria (art. 14.1.i)», debe dicir: «� No caso de persoas autónomas administradoras, certificado do Rexistro Mercantil de data anterior á solicitude que acredite a súa condición de persoa traballadora autónoma societaria (art. 44.1.i)».
Na páxina 4465, no anexo II.1, na epígrafe «Declaración expresa dos gastos subvencionables», onde di: «� Declaración expresa de que aplicaron a axuda aos gastos subvencionables previstos nesta orde (art. 1.2):», debe dicir: «� Declaración expresa de que aplicaron a axuda aos gastos subvencionables previstos nesta orde (art. 1.a):»
