Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade do acordo acadado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2024, respecto á revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Monte da Palla, do Sobreiro, Bouzón de Amorín, Rega de Fornadal, Sobral, da Capela, Pozas Redondas, Torres e Regadas, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Amorín, no concello de Tomiño (expediente RE24001).
O 18.9.2024 o Servizo de Montes deste departamento territorial emitió o seguinte informe:
«Feitos:
Primeiro. O 23.1.2024 e con número de rexistro de entrada 2024/206626, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Amorín, no concello de Tomiño, solicitou a revisión do esbozo dos seus montes con Id 3157.
A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE24001. Consta no expediente a seguinte documentación:
– Certificado do secretario, coa conformidade do presidente da CMVMC de Amorín, do 24.1.2024 da aprobación na asemblea do 30.4.2023.
– Cartografía en formato dixital ETRS 89 DATUM29 EPSG:25829.
– Memoria técnica da revisión do esbozo do monte de Amorín de xaneiro, actualizada en marzo e xullo de 2024, asinada pola enxeñeira técnica forestal número 908 do Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).
– Documentación da permuta con Santiago Díaz Iglesias (PO-08-PER/06) xa integrada nesta revisión, e a cesión a Francisco J. Reboredo Vilas (PO-31-CES/08).
– Representación de Selga.
Segundo a memoria técnica, para determinar os límites do monte levouse a cabo un levantamento topográfico da parcela con GPS de precisión centimétrica en que se percorreu todo o perímetro; e identificáronse os marcos que delimitan todo o perímetro do monte realizado polo concello de Tomiño no ano 1965 como monte de libre disposición.
Segundo. A CMVMC de Amorín ten un deslindamento en tramitación: DC22005 coa CMVMC de Forcadela. Esta revisión de esbozo coincide cos seguintes puntos do deslindamento con Forcadela.
|
N |
X |
Y |
|
1 |
523750,4227 |
4648298,3463 |
|
2 |
523752,2400 |
4648352,7350 |
|
3 |
523755,0931 |
4648382,5850 |
Terceiro. O obxecto da revisión do esbozo é o monte veciñal en man común (en diante, MVMC) da Palla, do Sobreiro, Bouzón de Amorín, Rega de Fornadal, Sobral, Da Capela, Pozas Redondas, Torres e Regadas (Id 3157), coa Resolución de clasificación do 20.11.79 e cunha superficie de 119 ha.
Segundo os datos do sistema rexistral forestal, a CMVMC de Amorín non ten ningún convenio coa Administración nin Instrumento de ordenación forestal.
Consta a permuta con número de expediente PO-08-PER/06, incluída nesta revisión.
Cuarto. A revisión do esbozo proposto ten unha superficie de 80,77 ha (fronte ás 11 ha clasificadas) e un perímetro de 23,41 km. A descrición da resolución de clasificación do 20.11.1979, do Xurado de MVMC de Pontevedra, modifícase cos nomes, cabidas e límites que a continuación se consignan:
– Monte: Pozas Redondas, Torres, O Fornadal, Da Capela, Sobral-Valiña, Outeiro da Pita, Rabadeira, Regadas, Bouzón de Amorín e Bouzón de Amorín-Fonte da Cal.
Superficie: 80,77 ha.
Perímetro: 23,41 km.
|
Monte |
Sup. (ha) |
Perímetro (km) |
|
Pozas Redondas |
35,54 |
5,29 |
|
Torres |
1,62 |
0,92 |
|
O Fornadal |
0,49 |
0,38 |
|
Da Capela |
2,28 |
0,93 |
|
Sobral-Valiña-Outeiro da Pita |
3,59 |
2,15 |
|
Rabadeira |
0,52 |
0,30 |
|
Regadas |
13,99 |
7,50 |
|
Bouzón de Amorín-Fonte da Cal |
0,74 |
0,80 |
|
Bouzón de Amorín |
22,01 |
5,14 |
|
Total |
80,77 |
23,41 |
A descrición por monte é a seguinte:
Monte Pozas Redondas
Superficie: 35,54 ha.
Perímetro: 5,29 km.
Linde norte: estrada Tui-A Guarda e predios particulares.
Linde sur: predios particulares.
Linde leste: predios particulares.
Linde oeste: MVMC de Forcadela.
Monte Torres
Superficie: 1,62 ha.
Perímetro: 0,92 km.
Linde norte: predios particulares.
Linde sur: estrada Tui-A Guarda.
Linde leste: predios particulares.
Linde oeste: MVMC de Taborda.
Monte O Fornadal
Superficie: 0,49 ha.
Perímetro: 0,38 km.
Linde norte: camiño público.
Linde sur: predios particulares.
Linde leste: camiño público-predios particulares.
Linde oeste: camiño público.
Monte da Capela
Superficie: 2,28 ha.
Perímetro: 0,93 km.
Linde norte: camiño público.
Linde sur: predios particulares.
Linde leste: predios particulares.
Linde oeste: predios particulares.
Monte Sobral-Valiña, Outeiro da Pita
Superficie: 3,59 ha.
Perímetro: 2,15 km.
Linde norte: predios particulares.
Linde sur: predios particulares.
Linde leste: predios particulares.
Linde oeste: predios particulares.
Monte Rabadeira
Superficie: 0,52 ha.
Perímetro: 0,30 km.
Linde norte: predios particulares.
Linde sur: camiño público.
Linde leste: camiño público.
Linde oeste: MVMC de Taborda.
Monte Regadas
Superficie: 13,99 ha.
Perímetro: 7,50 km.
Linde norte: predios particulares.
Linde sur: predios particulares e estrada Tui-A Guarda.
Linde leste: predios particulares.
Linde oeste: predios particulares.
Monte Bouzón de Amorín-Fonte da Cal.
Superficie: 0,74 ha.
Perímetro: 0,80 km.
Linde norte: estrada Tui-A Guarda.
Linde sur: predios particulares.
Linde leste: predios particulares.
Linde oeste: predios particulares.
Monte Bouzón de Amorín
Superficie: 22,01 ha.
Perímetro: 5,14 km.
Linde norte: estrada Tui-A Guarda.
Linde sur: predios particulares e estrada Tui-A Guarda.
Linde leste: estrada Tui-A Guarda.
Linde oeste: predios particulares.
Quinto. O 26.6.2024 o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitarlle ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Amorín (Tomiño), expediente RE24001, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en adiante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.
Segunda. A revisión do esbozo do MVMC Amorín (ID 3157), da CMVMC de Amorín, proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola comunidade e queda definida consonte os datos reflectidos no feito cuarto e a cartografía que o acompaña».
Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Amorín e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte Amorín (ID 3157), clasificado a prol da CMVMC de Amorín (Tomiño), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por el.
Pontevedra, 24 de xaneiro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
